Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 26 anos
Natural de Mos (Pontevedra)
Veciñanza: Tameiga-Mos, Mos (Pontevedra)

Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo de 1930 zona de Vigo), co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 32 anos, Maquinista
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)

Declarado en rebeldía en Ferrol. Fixo a guerra no exército republicano. Xulgado en Cartaxena co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Fixo a guerra no exército republicano. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas, trozo de Ribeiral) co resultado de sobresemento (1943). Previamente absolto en causa 667/40 e tamén xulgado en Cádiz, inhibiuse a Ferrol

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Abuin-Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra tripulantes do pesqueiro Miguel Veiga que desertaron ao porto de Milford Haven) co resultado de sentencia prisión 6 anos

Home de 40 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Avilés

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 10 anos.

Home de 38 anos, Patrón de costa
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Avilés
Do "Nuevo Elisa"

Xulgado por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 10 anos e 1 día de prisión.

Home de 27 anos
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Salgueira-Vilalonga-Sanxenxo, Sanxenxo (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (contra os que non se presentaron a filas do reemprazo do 1930 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 27 anos
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Cotos-Dorrón-Sanxenxo, Sanxenxo (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (contra os que non se presentaron a filas do reemprazo do 1930 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Aguiño-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Presentouse en 09/1941 e sentencia absolución, queda en liberdade

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 02/41 por 6 anos e 1 día

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cesantes-Redondela, Redondela (Pontevedra)

Fixo a guerra no bando republicano. campo de Miranda, onde estivo até maio do 40. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) co resultado de sobresemento provisional. Queda en liberdade

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Casás, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. En territorio republicano. Presioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
UGT, Afiliado á Alianza Mariñeira de Marín

Fuxido á zona republicana en marzo do 1937, combateu no exército republicano en Asturias. Capturado e xulgado en Camposancos por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Xixón

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado en nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Capturado e batallón de traballadores 210.

Home, Mariñeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisional. Incorporado ao Rexemento de Infantería Zamora nº 29.

Home de 26 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaia

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e declarado inútil total. Por esta razón tan só pasará 1 mes nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Foxe a Francia e ingresa nun campo. Logo regresa a Barcelona. Prisioneiro e retómase o proceso aberto en Ferrol co resultado de sentenza a prisión 1 ano.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Dumbría ()
Veciñanza: Ézaro-Dumbría, Dumbría

Xulgado en Ferrol por deserción (fuxido ao monte e detido pola Garda Civil) co resultado sentencia prisión 6 anos. Indultado tras a sentencia. Previamente recargo de 4 anos no servizo, licenciado en 1941

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo-Cedeira, Cedeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo-Cedeira, Cedeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (desaparición da lancha a motor "Generosita" de Cedeira e suposta rebelión) co resultado sentencia prisión 12 anos. Conmutación por 6 anos en maio do 40 e condicional en outubro do mesmo ano

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo, Cedeira (A Coruña)
Morto o 14 de outubro de 1937

Xulgado en varias causas en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido no monte. Morto nunha batida da Garda Civil na cova Tarroeira-O Vicedo.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado en nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Pedreira-Coiro, Cangas (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Darbo, Cangas (Pontevedra)
No servizo militar na mariña.

Xulgado en Ferrol por deserción e declarado fuxido. Estaba no servizo militar no Jaime I e fai a guerra co exército republicano. Ao final da guerra pasa coa flota a Bizerta. Ingresado nun campo de refuxiados e, posteriormente exiliado en Francia.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
Mariño do "Libertad"

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combateu na armada republicana. Trala guerra pasa a Bizerta (Túnez) e logo exilio en Francia.

Home de 22 anos
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: A Seara-Moaña, Moaña (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Ingresou o 22/07/37 na prisión das Palmas. Xulgado alí e sentenciado a cadea perpetua (67/1937). Tiña causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Coruxo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Afiliado ao Sindicato da Industria Pesqueira

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 19 anos
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cesantes-Redondela, Redondela (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Indican que posiblemente estivera preso en Vigo

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Cantoarea, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Cambados (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combateu no exército republicano, sendo evacuado a Bizerta.

Home de 24 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
CNT

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado sentenza prisión 12 anos.

Home de 40 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión (instruída contra os tripulantes do pesqueiro "Mascota" fuxido a Francia en setembro do 1937). Presentouse en abril do 1939 co resultado sentencia absolución e queda en liberdade

Home de 50 anos, Funcionario municipal
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión (instruída contra os tripulantes do pesqueiro "Mascota" fuxido a Francia en setembro do 1937). Presentouse en abril do 1939 co resultado sentencia absolución e queda en liberdade

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Camariñas (A Coruña)
Veciñanza: Camariñas, Camariñas (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado en Santander, pasa por diversos campos de concentración e batallón de traballadores en San Juan de Mozarrifar-Zaragoza. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) sobresemento

Home de 55 anos, Mariñeiro
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Xulgado por rebelión (instruída contra a tripulación do vapor "Stamwold" que trasladaba xente da zona republicana) sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 6 anos en 1940 e condicional no 1941

Home de 55 anos, Mariñeiro
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Murcia. De "El Despertar Marítimo" da Coruña

Fuxido. Dettención e ingreso no campo de concentración de Mallorca. Xulgado en Ferrol co resultado de absolución

Home de 23 anos, Carpinteiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Taramancos-Noia, Noia (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Vilar-Noia, Noia (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Dumbría ()
Veciñanza: Ézaro, Dumbría

Fuxido polos montes do Pindo onde o capturou a Guardia Civil. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 3 anos.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Cee ()
Veciñanza: Gures-Ameixenda-Cee, Cee

Causa aberta en Ferrol por deserción, declarado en rebeldía. Capturado, xulgado e sentenciado a prisión 6 anos.

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción. Fuxido. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, pasa por diversos campos de concentración e batallóns de traballadores. Licenciado en 1940. Retómase o seu procesamento co resultado de sobresemento

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo, Carnota (A Coruña)

Xulgado en Ferrol en varias causas militares por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol. Retorna a España e combate no exército republicano. Entrégase en Valencia e retómase o seu procesamento en Ferrol, co resultado de sentenza a 6 anos de prisión menor. A súa familia non volveu saber del, trasladándose a vaga idea da súa posible morte en Torrevieja-Alacante.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento. Fixo a guerra no exército republicano, pasou por diversos campos de concentración e batallón de traballadores.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Maianca-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
CNT

Fuxido a Francia nun vapor, sendo declarado en rebeldía. Servizo no exército republicano. Prisioneiro no Campo de concentración do mosteiro da Santa Espina-Valladolid. Retómase o seu procesamento militar, sendo xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Celeiro-Viveiro, Viveiro (Lugo)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

A Navalla Suíza