Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 42 anos, Labrego
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: O Castro-Piñeiro, Cedeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar por complicidade con fuxidos, sendo posto en liberdade.

Home de 24 anos
Natural de Lugo (Lugo)
Morto o 21 de febreiro de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano. Conmutación pola prisión xa vivida no proceso

Home de 49 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar aberta na Coruña. Chega a ser procesado por adhesión á rebelión pero queda sen efecto e será posto en liberdade.

Home de 24 anos, Chofer
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: A Guarda (Pontevedra)
Morto o 10 de agosto de 1936

Morte rexistrada a mans da "Fuerza Pública", en Paraños, nas inmediacións do cemiterio da Garda

Home de 20 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Asturias. Mariño
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home
Veciñanza: Santiago de Compostela

Encausado por el Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo

Home de 29 anos, Carpinteiro
Natural de Campo Lameiro (Pontevedra)
Veciñanza: Campo Lameiro (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación o 26-06-1940.

Home de 51 anos, Patrón de costa
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
PSOE, Fundador do PSOE,Concelleiro, directivo "Alianza Marinera" e militante da CNT

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos o 12-12-1942.

Home de 30 anos, Peón
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia pena de morte. Conmutada

Home de 31 anos, Labrego/a
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: Cervantes (Lugo)
CNT

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Acabará morrendo loitando no exército republicano.

Home de 29 anos
Morto o 02 de xullo de 1938

Executado en Pontevedra

Home de 29 anos, Mecánico
Rexistrado como veciño de pontevedra por estar alí detido, pero procedente da fronte de Asturias.
Morto o 02 de xullo de 1938

Combateu no exército republicano en Asturias. Capturado e consello de guerra en Camposancos co resultadode sentenza a pena de morte.

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Viana do Bolo (Ourense)
Veciñanza: Pinza, Viana do Bolo (Ourense)
Morto o 20 de outubro de 1939

Morte rexistrada en Pinza-Viana do Bolo a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: O Barco de Valdeorras, O Barco de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 32 anos, Serrador
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra)
Sindicato Oficios Varios

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos e inhabilitación temporal.

Home de 41 anos, Garda de asalto
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Capitán da Garda de Asalto
Morto o 12 de novembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra e rexistrada a súa morte a causa de colapso cardíaco.

Home de 41 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: A Illa de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Conmutación da pena o 10-09-1940.

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de A Illa de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: A Illa de Arousa (Pontevedra)
Morto o 24 de novembro de 1936

Procesado en causa militar e sobresemento por morte. Rexistrada a súa morte en Pontevedra sen especificarse a causa e indicando o seu soterramento nesta cidade.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Vilaboa (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 4 anos o 26-06-1940.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilaxoan, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 05-01-1940.

Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Silleda (Pontevedra)
Concelleiro de Silleda

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 25-02-1941.

Home de 42 anos, Médico/a
Veciñanza: Porto do Son

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 38 anos, Zapateiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 41 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Tras estar previamente declarado en rebeldía é xulgado en Pontevedra co resultado de absolución.

Home de 24 anos, Funcionario municipal
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
JSU, Empregado da Oficina Municipal de Augas
Morto o 12 de xullo de 1937

Xulgado en Pontevedra por adehesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 5:30, no Km. 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.

Home de 36 anos, Taberneiro/a
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 11 de outubro de 1936

Infórmase en causa militar aberta en Pontevedra de que foi xulgado en Vigo e fusilado. O seu cadáver aparece no depósito do cemiterio de Pontevedra ás 23 horas.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional e a disposición do Delegado Militar de Orde Pública.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Organizador de fugas en barcos, especialmente na Coruña de onde acababa de chegar a Marín
Morto o 27 de xaneiro de 1938

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.

Home de 31 anos, Albanel
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 22 anos, Labrego/a
Natural de Quiroga (Lugo)
Veciñanza: Montefurado, Quiroga (Lugo)
Morto o 21 de xaneiro de 1938

Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado.

Home de 26 anos, Pintor
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 2 anos de prisión menor.

Home de 24 anos, Xornaleiro
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Pazos de Reis, Tui (Pontevedra)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte "tras combate con las fuerzas del ejército"

Home de 30 anos, Canteiro/a
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Ponteareas (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 16 anos. Posteriormente conmutación a 8 anos de prisión.

Home de 29 anos, Mecánico
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 45 anos, Labrego/a
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Saxamonde, Redondela (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 37 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Nigrán (Pontevedra)
Natural de Portugal

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisorio.

Home de 35 anos, Peón
Veciñanza: Guillarei, Tui (Pontevedra)
Natural de Portugal.

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: A Ramallosa, Nigrán (Pontevedra)
Do Sindicato de Mariñeiros de Panxón

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home, Funcionario/a
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio.

Home de 34 anos, Caldeireiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Candeán, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento definitivo.

Home de 25 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Coruxo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 26 de novembro de 1936

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na cadea a causa de meninxite tuberculosa.

Home
Veciñanza: Nigrán (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resutlado de sobresemento provisorio e posta a disposición da autoridade gobernativa.

Home
Veciñanza: O Porriño

Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 38 anos, Xornaleiro
Natural de Monfero (A Coruña)
Veciñanza: Caranza, Ferrol (A Coruña)

Fuxido en xullo do 36. Capturado en abril do 37. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos

Home de 38 anos, Camareiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Cemporzóns, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 40 anos, Mestre/a
Veciñanza: Oeste, Catoira
IR, Natural de Cuenca. Presidente de IR local e do "Sindicato de Trabajadores de la Enseñanza"

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución. Separación do servizo e baixa no escalafón o 20-06-1940.

Home
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de suspensión das actuacións.

Home de 19 anos, Soldador
Veciñanza: Baiona
Natural de Portugal

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

A Navalla Suíza