Home de 40 anos, Carabineiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Rianxo
Combate no exército republicano, sendo detido. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Home de 32 anos, Ferreiro/a
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Xubia-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
Fuxido a Portugal. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía
Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal
Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) declarado fuxido e en rebeldía.
Home de 22 anos, Fogoneiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Porto de Cedeira-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Fogoneiro do vapor de pesca "María del Mar"
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentencia cadea perpetua e multa de 200 ptas. Conmutación a prisión 6 anos e 1 día en abril de 1940. Na Base Naval de San Fernando
Home de 19 anos, Carpinteiro
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela, Redondela (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional. Tras acudir a unha revisión á Coruña para a súa incorporación ao exército franquista, volta destrozado a casa a causa das malleiras recibidas producíndose, posteriormente, a súa morte. Todos os seus irmáns mortos ou en prisión.
Home de 35 anos, Industrial
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Ortigueira
Do Sindicato de Pescadores de Cariño. Concelleiro en Ortigueira
Morto o 06 de setembro de 1936
Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".
Home de 54 anos, Farmacéutico/a
Veciñanza: Torrebeleña
Morto o 05 de agosto de 1943
Morte rexistrada a causa de cancro de estómago na prisión de Celanova.
Home de 19 anos, Carpinteiro
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: Guimarei, A Estrada (Pontevedra)
UGT
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.
Home de 38 anos, Mestre/a
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño, O Porriño (Pontevedra)
Mestre da Graduada
Morto o 12 de maio de 1937
Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Vigo. Será separado do servizo e baixa no escalafón despois da súa morte, en xaneiro do 1941
Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Vilarmaior (A Coruña)
Veciñanza: Güimil-Vilarmaior, Vilarmaior (A Coruña)
Agochado no monte até 1945. Detido e Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 4 anos militar menor. Indultado en 1947
Home de 26 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por excitación á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos 1 día. Conmutación e extinción o 12-02-1943.
Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove, O Grove (Pontevedra)
Loita no exército republicano
Xulgado en Ferrol por rebelión (fuxida da embarcación "Nuevo Emden" en agosto do 37) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Morto durante a guerra en Barcelona, segundo afirma o seu irmán no ano 1955
Home de 55 anos
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Vilamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Morto o 24 de agosto de 1938
Morte rexistrada en Vilamartín de Valdeorras
Home de 33 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Chaín, Gondomar (Pontevedra)
Natural de Portugal
Morto o 11 de febreiro de 1937
Morte rexistrada no Rosal a causa de feridas de arma de fogo por disparos da Garda Civil.
Home de 31 anos, Canteiro/a
Natural de Padrón (A Coruña)
Veciñanza: Extramundi, Padrón (A Coruña)
CNT
Morto o 16 de agosto de 1936
Tras estar fuxido e agochado no monte durante aproximadamente un mes, retorna a casa e é deido e conducido ao concello. Morte rexistrada en Brandía-Lousame a causa de feridas de arma de fogo.
Home de 36 anos, Mestre/a
Natural de Ponte Caldelas (Pontevedra)
Veciñanza: Xesta, A Lama
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 13-08-1940.
Home de 23 anos, Labrego/a
Veciñanza: Ortigueira, Ortigueira
Xulgado en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do trozo de Ortigueira) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía
Home de 39 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Garda de Asalto en Avilés
Morto o 07 de maio de 1940
Tras caer a fronte de Asturias, escapa a Francia e logo volve por Cataluña. Detido e fusilado en Xixón
Home de 38 anos, Funcionario/a
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal., A Pobra do Caramiñal
Secretario do Xulgado
Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.
Home de 46 anos, Limpabotas
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Xulgado en Santiago co resultado de sobresemento e mantido como preso gobernativo
Home de 29 anos
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e extinción o 03-09-1939.
Home de 45 anos, Traballo na casa
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Maniños, Fene (A Coruña)
Xulgada en Ferrol por inxurias ao exército co resultado de sobresemento. Posta en liberdade e sanción gubernativa de 100 ptas
Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: Carreiras, Pontecesures
Morto o 09 de agosto de 1937
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Morte na cadea por enfermidade (perforación intestinal)
Home de 29 anos, Peixeiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bembribe, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución.
Home de 27 anos, Fotógrafo/a
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Asturias.
Xulgado en Vigo por sedición co resultado de sobresemento provisional e a disposición do xuíz de instrucción.
Home de 22 anos, Labrego/a
Natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Veciñanza: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 58 anos, Canteiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Tui
CNT, Presidente do ramo da construcción.
Xulgado por rebelión militar co resultado de absolución e a disposición do delegado de Orde Pública para que o someta a vixiancia dados os seus antecedentes político-sociais.