Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 29 anos, Comerciante
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
PG

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. En liberdade por conmutación en agosto de 1939. En 1948, condeado a 2 anos de prisión polo seu vencellamento á "Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas".

Home de 21 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Tortosa
Tripulante de Bou armado
Morto o 28 de agosto de 1939

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, na escolleira do Arsenal.

Home de 60 anos, Labrego
Natural de Cidade Real
Morto o 19 de maio de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 19-5-1941.

Home de 31 anos, Zapateiro
Morto o 02 de febreiro de 1941

Preso no campo de concentración de Camposancos, onde é rexistrada a súa morte a causa de caquexia tuberculosa (tuberculose pulmonar).

Home de 23 anos
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento e incorporación a filas.

Home de 31 anos, Empregado/a
Natural de Tomiño (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Posto en liberdade por conmutación en outubro de 1940.

Home de 48 anos, Labrego/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Conmutación e extinción o 19-08-1938.

Home
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional e a disposición do Delegado Militar de Orde Pública.

Home de 25 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de xullo de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e agochado. Finalmente morte a causa de tuberculose en 1939 na súa casa, onde os falanxistas facían vixianza na porta.

Home
Veciñanza: Ponteareas, Ponteareas

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisorio.

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Fuxido dende os primeiros días do Golpe militar. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Idéntico resultado en causa iniciada en Ferrol, en 1938, por deserción.

Home de 40 anos, Tapiceiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

Home de 26 anos, Empregado/a correos
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Lugo (Lugo)
Repartidor de telégrafos

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 48 anos, Xornaleiro
Natural de Sober (Lugo)
Veciñanza: Loios, Sober (Lugo)
Morto o 14 de setembro de 1940

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte por enfermidade na cadea.

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Láncara (Lugo)
Veciñanza: Láncara (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 36 anos, Labrego/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 33 anos, Propietario/a
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Sober (Lugo)
PSOE, Concelleiro e tenente alcalde
Morto o 29 de decembro de 1936

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte e indemnización con todos os bens. Executado en Lugo.

Home de 24 anos, Xornaleiro/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Castro de Rei de Lemos, Paradela (Lugo)

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 35 anos, Labrego/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Paradela (Lugo)
Morto o 29 de xullo de 1937

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo.

Home de 55 anos, Zapateiro
Natural de Palas de Rei (Lugo)
Veciñanza: Palas de Rei (Lugo)
Directivo de sociedade agraria católica

Xulgado en Lugo por inxurias ao "caudillo" co resultado de sobresemento provisional.

Home de 27 anos, Mineiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Galdo, Viveiro (Lugo)

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 26 anos
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás, Ares (A Coruña)
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "fuerza Pública".

Home de 26 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Fogoneiro no "Cervera"
Morto o 30 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 23 anos, Barbeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Vilachá, Monfero
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Pontedeume a causa de feridas de bala.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Caranza, Ferrol (A Coruña)
Mariñeiro de primeira do "Contramaestre Casado"
Morto o 27 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión no transporte de guerra "Contramaestre Casado" co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 39 anos, Militar
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño. Fogoneiro preferente da armada. Tripulante do Torpedeiro 3
Morto o 01 de xaneiro de 1938

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentencia pena de morte. Executada na Punta do Martelo-Arsenal de Ferrol

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
CNT, Afiliado á "Alianza Marinera"
Morto o 28 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Cangas a causa de hemorraxia interna por ferida de guerra. Aparición do cadáver en Darbo e inscrito meses despois da súa morte

Home de 28 anos
Natural de Mazaricos (A Coruña)
Morto o 03 de febreiro de 1942

Preso en Fallingbostel. Deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941, procedente de Francia. Trasladado a Gusen en xuño do 1941, onde morre

Home de 30 anos, Fogoneiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Industrias Pesqueras (SIP)

Xulgado en Ferrol polo delicto de sedición co resultado de prisión 1 ano

Home de 25 anos, Militar
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: Cuntis, Cuntis (Pontevedra)
Mariño de reemprazo. Labrego de profesión

Xulgado en Ferrol (causa instruída contra a dotación do Contramestre Casado) co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 23 anos, Mineiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: San Román-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Tamén de profesión mariñeiro

Xulgado en Viveiro por deserción (estivera fuxido) co resultado de sentencia prisión 4 anos e denegación do indulto en 1940

Home de 27 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Currás-Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do reemprazo de 1930 do trozo de Marín) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: R/ Laxe-Cantoarea, Marín (Pontevedra)
Morto o 10 de novembro de 1936

Morte rexistrada en Marín como desaparecido do seu domicilio co motivo do "Glorioso Alzamiento Nacional".

Home de 61 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión (instruída contra os tripulantes do pesqueiro "Mascota" fuxido a Francia en setembro do 1937). Presentouse en xullo do 1939 co resultado sentencia absolución

Home, Mestre/a
Veciñanza: Coruxo, Vigo (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 27 anos, Matachín
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, pasa por diversos campos e batallón de traballadores 16 en Segovia e 111 en Talavera.

Home de 20 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Moledo-Sárdoma-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 28 de outubro de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral e torácica. Lugar de aparición do cadáver: Valladares-Vigo

Home de 63 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Valladolid
Morto o 28 de setembro de 1939

Preso en San Simón. Morto na cadea. Rexistrado morto en Vigo a causa de síncope cardíaco. Lugar de aparición do cadáver: San Simón-Redondela

Home de 20 anos, Xornaleiro/a
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Rutis, Culleredo (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Home
Natural de Padrón (A Coruña)
Veciñanza: Padrón (A Coruña)
Morto o 22 de outubro de 1936

Fuxido. Rexistrado morto en Padrón a causa de inhibición cerebral por disparos de arma. Lugar de aparición do cadáver: Baliña de San Xurxo de Vea-A Estrada.

Home de 52 anos
Natural de Padrón (A Coruña)
Veciñanza: Herbón, Padrón (A Coruña)

Inculpado en Causa militar instruída en Compostela por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 20 anos, Xornaleiro/a
Natural de Mañón (A Coruña)
Veciñanza: Mogor, Mañón (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de San Cibrao das Viñas (Ourense)
Veciñanza: Castroverde-Noalla, San Cibrao das Viñas (Ourense)
Obreiro do Ferrocarril
Morto o 17 de abril de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 56 anos, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 38 anos, Obreiro do Ferrocarril
Natural de San Cibrao das Viñas (Ourense)
Veciñanza: Noalla, San Cibrao das Viñas (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 15 anos de prisión. Causa militar de 1937.

Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Quiroga (Lugo)
Veciñanza: Montefurado, Quiroga (Lugo)
Morto o 28 de maio de 1938

Morte rexistrada no Monte de Roblido-A Rúa a causa de disparos.

Home de 62 anos, Labrego
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Eixibrón-Tortes, Becerreá (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de absolución.

Home de 27 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Vegadeo
Morto o 29 de abril de 1937

Morte rexistrada en Lugo

Home de 29 anos, Industrial
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Ribadumia, Ribadumia (Pontevedra)
Morto o 28 de marzo de 1937

Morte rexistrada en Ribadumia a causa de hemorraixia cerebral por disparos de arma de fogo e lesións traumáticas.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Becerreá, Becerreá (Lugo)
Morto o 26 de setembro de 1936

Morte rexistrada na Ponte da Castelllana-Aranga a causa de disparos de arma de fogo. Inscrita a súa defunción no Rexistro Civil coma descoñecido "nº 9".

A Navalla Suíza