Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 43 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son

Aldraxado publicamente ao ser obrigado a levar pola rúa un letreiro que puña "muera Rusia" e "Arriba España". Detido no cuartel das Garda civil, onde recibe malleiras.

Home de 38 anos, Zapateiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 25 anos, Zapateiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Bértola, Vilaboa

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución e a disposición do Delegado de Orde Pública.

Home de 37 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: O Seixo, Marín
Morto o 31 de decembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra e rexistrada a súa morte a causa de colapso cardíaco.

Home de 22 anos, Zapateiro
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra)
Sindicato de Oficios Varios

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos e inhabilitación temporal.

Home de 40 anos, Zapateiro
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: Arbo

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de Viana do Bolo (Ourense)
Morto o 17 de novembro de 1936

Morte rexistrada en Requeixo de Sanabria a causa de emulsión da masa encefálica.

Home de 24 anos, Zapateiro
Natural de Carballeda de Avia (Ourense)
Veciñanza: Beiro, Carballeda de Avia (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Causa militar de 1937.

Home, Zapateiro
Natural de Castro Caldelas (Ourense)
Veciñanza: Castro Caldelas (Ourense)
Gaiteiro. Membro de Sociedade Agraria

Perseguido por Falanxe foxe aos montes da Serra de Queixa, logo preséntase e é condeado no mosteiro de Oseira, logo ao Cumial.

Home de 39 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: O Grove (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos 2 meses e extinción o 09-05-1940.

Home de 25 anos, Zapateiro
Natural de Curtis (A Coruña)
Veciñanza: Curtis (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela sendo posto en liberdade.

Home de 27 anos, Zapateiro
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: O Portazgo, Culleredo (A Coruña)
Morto o 09 de outubro de 1937

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 36 anos, Zapateiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento

Home de 25 anos, Zapateiro
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: Prexigueiró, O Pereiro de Aguiar (Ourense)
JSU

Mobilizado polo exército franquista, pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940.

Home de 30 anos, Zapateiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)
UGT, Concelleiro e secretario do "Adelanto Marinero"

Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Prisión atenuada en 1940. Conmutación a 4 anos en decembro de1942.

Home de 34 anos, Zapateiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 32 anos, Zapateiro
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 11 de maio de 1937

Rexistrado morto en Pontevedra a causa de síncope cardíaco. Lugar de aparición do cadáver: Pontevedra

Home de 31 anos, Zapateiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Negreira
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Tras permanecer no territorio republicano, en 1939 entrégase en Torrebaja. É ingresado no campo de prisioneiros de Zaragoza. Retómase a súa causa een Compostela sendo condeado a 14 anos e 8 meses.

Home de 67 anos, Zapateiro
Natural de Badaxoz
Morto o 18 de abril de 1941

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 28 anos, Zapateiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Infiesto

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home de 18 anos, Zapateiro
Natural de Verín (Ourense)
Veciñanza: Verín, Verín (Ourense)
PCE

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 40 anos, Zapateiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Navia

Xulgado en Asturias co resultado de absolución.

Home de 58 anos, Zapateiro
Natural de Madrid
Morto o 21 de outubro de 1941

Preso na Illa de San Siimón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 26 anos, Zapateiro
Veciñanza: Sacardebois, Parada de Sil
Soldado mobilizado en Asturias
Morto o 04 de marzo de 1938

Pasa ao exército republicano. Xulgado en Xixón co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 20 anos, Zapateiro
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Angoares, Ponteareas (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 62 anos, Zapateiro
Natural de Benavente-Zamora
Morto o 24 de maio de 1941

Morte por causas naturais na Illa do Lazareto ou s Simón.

Home de 29 anos, Zapateiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa aberta en A Coruña por auxilio á rebelión.

Home de 35 anos, Zapateiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ Estrella nº 22 baixo, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade.

Home de 30 anos, Zapateiro
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Redondela (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por incitación á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos.

Home de 47 anos, Zapateiro
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: Ouzande, A Estrada (Pontevedra)
Morto o 02 de decembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 7:30, no Km.1 da estrada a Campañó, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.

Home de 24 anos, Zapateiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Galdo, Viveiro (Lugo)

Xulgado por rebelión militar. Descoñecemos a sentenza.

Home de 28 anos, Zapateiro
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: Santa María de Melias-O Condado, O Pereiro de Aguiar (Ourense)

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa. Causa militar de 1937.

Home de 64 anos, Zapateiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Coruxo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte rexistrada na estrada de Redondela-Fornelos, en Reboreda-Redondela, a causa de feridas producidas por arma de fogo.

Home de 17 anos, Zapateiro
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Paramos, Tui (Pontevedra)
Morto o 13 de agosto de 1936

Morte tras "combate con las fuerzas del ejército". O seu pai e irmáns, José e Emilio, tamén mortos.

Home de 19 anos, Zapateiro
Natural de O Saviñao (Lugo)
Veciñanza: Monforte de Lemos, Monforte de Lemos
Morto o 25 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Monforte de Lemos a causa de parálise bulbar. Lugar de aparición do cadáver: km. 4 da Estrada de Escairón-Monforte de Lemos. Apareceu ás primeiras horas da madrugada

Home de 42 anos, Zapateiro
Natural de Monterroso (Lugo)
Veciñanza: Carballo, Taboada

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 56 anos, Zapateiro
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)

Detención na Illa do Lazareto.

Home de 30 anos, Zapateiro
Natural de Quiroga (Lugo)
Veciñanza: Ponferrada

Tras o seu servizo na lexión, xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 24 anos, Zapateiro
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Guillarei, Tui (Pontevedra)
Morto o 04 de xuño de 1938

Morte rexistrada en Tui, acaecida no seu domicilio, a causa de feridas de arma

Home de 20 anos, Zapateiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Galdo, Viveiro (Lugo)
CNT, Da Sección mineira da CNT

Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 65 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Ordes

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de absolución. Posto en liberdade

Home de 41 anos, Zapateiro
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Vilamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento

Home de 28 anos, Zapateiro
Veciñanza: Gomesende, Gomesende

Xulgado en Marrocos por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 67 anos, Zapateiro
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: Ribadavia (Ourense)

Xulgado, en 1937, en Ourense por actuación extremeista co resultado de sobresemento.

Home de 20 anos, Zapateiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sampaio-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 16 de febreiro de 1937

Morte rexistrada na estrada Redondela-Vigo, no Alto da Encarnación-Chapela-Redondela, a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo.

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos 6 meses en 1941.

Home de 47 anos, Zapateiro
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
Do Centro Cultural do Porriño.

Tras estar fuxido dende 1936, entrégase en 1939. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Os seus irmáns Eduardo, Rogelio e José Fernández Miniño, así como o irmán da súa muller, Victor Valverde Mayo, todos mortos pola represión.

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: O Barco de Valdeorras, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Morto o 05 de novembro de 1936

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Execución no Campo de Aragón.

A Navalla Suíza