Páxina 1 de 1
Home de 37 anos, Cobrador/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes
diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.
José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.
Home de 42 anos, Funcionario/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Vioño-Arteixo, Arteixo
Cabo de arbitrios
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento
Home de 40 anos, Xornaleiro/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre (A Coruña)
Causa aberta en A Coruña por auxilio á rebelión.
Home de 32 anos, Carpinteiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cecebre-Cambre, Cambre (A Coruña)
Desaparecido da súa casa en 24/10/1937. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía
Home de 27 anos, Xornaleiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa.
Home de 42 anos, Maquinista naval
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: R/ Gaiteira, A Coruña
CNT, Fundador de Unión Campesiña de Nós
Morto o 04 de novembro de 1936
Morte rexistrada en Aranga a causa de disparo de arma de fogo. Aparición do cadáver na Ponte da Castellana-Aranga.
Home de 27 anos, Barrenador
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Almeiras-Culleredo, Culleredo
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento
Home de 34 anos, Xornaleiro/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre (A Coruña)
Xulgado en A Coruña por inxurias e/ou coacción co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día
Home de 41 anos, Xornaleiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre (A Coruña)
Xulgado en A Coruña por inxurias e/ou coacción co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día
Home de 46 anos, Xornaleiro/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre (A Coruña)
Causa aberta en A Coruña por auxilio á rebelión.
Home de 32 anos, Funcionario municipal
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: San Sadurniño
Secretario do Concello
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua
Home de 20 anos, Labrego
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Anceis, Cambre (A Coruña)
Mariñeiro de 2ª do acoirazado "Jaime I"
Servizo no exército republicano. Detido e ingresado no campo de concentración de Cedeira. Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento desta causa. Morte por shock traumática en Cambre sen que se poda atribuír á represión
Home de 22 anos, Xornaleiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Breixo-Cambre, Cambre (A Coruña)
Fuxido por Betanzos, Mesía, Cesuras e Ordes. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Indulto en xaneiro do 1941
Home de 24 anos, Carpinteiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Brexo-Cambre, Cambre (A Coruña)
Estivo fuxido polos montes até que se presentou en 1941. Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos e 1 día.
Páxina 1 de 1