Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 29 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño de reemprazo no "Libertad". Estudante de profesión

Sentenciado a 6 anos e 1 día por rebelión militar. Condicional en 1943. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) sobresemento definitivo (1944)

Home de 23 anos, Militar
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Perillo-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
Mariño Fogoneiro Preferente do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares (A Coruña)
Mariño. Tripulante do destrutor José Luis Díez
Morto o 02 de setembro de 1939

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte (1939). Executada na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Segundo de Electricidade e Torpedos do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") con resultados descoñecidos

Home de 28 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: San Martiño de Xubia-Narón, Narón (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia prisión 10 anos. Conmutación por 6 anos e 1 día en febreiro do 1940

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño de servizo en Ferrol en 1936

Inculpado en causa militar en Ferrol. Libre de cargos en caso de non estar suxeito a ouras responsabilidades

Home de 22 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Noia, Noia
Mariño de reemprazo no Almirante Cervera.

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa 36/39 polos sucesos no Cervera) co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación por cadea perpetua. Conmutacións sucesivas e liberdade condicional en 1943.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariñeiro de Primeira

Xulgado en Ferrol por acusación ou denuncia falsa (por incorrer ao cabo Prada nos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia absolución

Home de 28 anos, Militar
Natural de A Laracha (A Coruña)
Veciñanza: Montemaior-A Laracha, A Laracha (A Coruña)
Soldado

Xulgado en A Coruña por inutilización co resultado prisión 4 anos

Home de 27 anos, Militar
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Alferez de Artillaría de Mariña
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no cuartel do rexemento de artillaría da costa.

Home, Militar
Veciñanza: Rabo de Galo, Ourense (Ourense)
Tenente
Morto o 01 de novembro de 1937

Home de 55 anos, Militar
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Coronel médico da Armada retirado
Morto o 15 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executada

Home de 24 anos, Militar
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Coia-Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, No servizo militar na Armada
Morto o 21 de decembro de 1940

Combate no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol

Home de 46 anos, Militar
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
Cabo de arbitrios

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 15 anos de prisión.

Home de 19 anos, Militar
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Mariño Barbeiro

Xulgado en Ferrol por inutilización (causa instruída contra a tripulación do Contramestre Casado) co resultado de prisión 12 anos e 1 día. Indulto en Outubro do 1939. Liberación definitiva en Xuño do 1940

Home de 20 anos, Militar
Veciñanza: Valladolid
Tripulante do vapor "Dómine"
Morto o 30 de novembro de 1936

Rexistrado morto a causa de ser pasado polas armas. Executado sen sentenza en consello de guerra en O Val-Narón

Home, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira-Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Mariño. Auxiliar de Artillaría.Destacado no Monte "Gorila"

Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión (causa contra mariños da Escola de Tiro "Janer") co resultado de sentencia cadea perpetua (modificada a inicial sentencia a 12 anos en Valladolid). Conmutación por 20 anos e 1 día en marzo do 1940

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás-Ares, Ares (A Coruña)
Mariño do Contramestre Casado

Xulgado en Ferrol por inutilización (causa instruída contra a dotación do Contramestre Casado) co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 68 anos, Militar
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Comandante retirado

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua

Home de 27 anos, Militar
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: A Baña-Cabanas, Cabanas
Mariño voluntario. Comerciante de profesión

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de absolución e queda en liberdade

Home de 19 anos, Militar
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Paramos-Tui, Tui (Pontevedra)
Mariño. Mecánico

Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 25 anos, Militar
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro, Boiro (A Coruña)
Mariño de reemprazo da tripulación do acoirazado "España". Labrego de profesión

Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 24 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro Preferente do Contramestre Casado

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra a tripulación do Contramestre Casado) co resultado de pena de morte. Conmutada por cadea perpetua en agosto do 1939. En 1944 por 12 anos e 1 día

Home de 22 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: As Xubias, A Coruña (A Coruña)
Mariñeiro do Torpedero nº 2.

Detido e inculpado en causa militar na Coruña

Home de 21 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Fene, Fene (A Coruña)
Mariño. Mecánico de profesión

Xulgado en Ferrol por sedición. Sentenza descoñecida.

Home de 35 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
2º Maquinista naval da Armada
Morto o 30 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cupedo-Ares, Ares (A Coruña)
Soldado de reemprazo no Servizo Militar.Escola Presidencial(Madrid)

Declarado en rebeldía en causa aberta en Ferrol, fuxido e servizo no exército republicano. Detido e preso en distintos campos de concentración. Xulgado en Madrid co resultado de sobresemento.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de mariñeiría

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo) co resultado de sobresemento

Home de 23 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Cabo electricista do "Cervera"
Morto o 05 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 19, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Fisterra, Fisterra
Mariño de reemprazo. Cabo de Mariñaría do "Cervera". Estudante de profesión

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutación por 6 anos e 1 día en febreiro do 40 e indulto en xuño do 1947

Home de 31 anos, Militar
Natural de Mañón (A Coruña)
Veciñanza: Santa María de Vares-Mañón, Mañón (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Segundo Radiotelegrafista do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia absolución

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro Preferente do "Jaime I"

Xulgado en Cádiz por auxilio á rebelión co resultado de sentencia absolución. Tiña Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo do trozo de Ferrol) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 23 anos, Militar
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui (Pontevedra)
Mariño do Almirante Valdés

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (contra a tripulación do "Almirante Valdés") co resultado sentencia absolución. Buque prisión "Uruguay" batallón disciplinario

Home de 24 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Cartaxena
Mariño de Primeira do submariño B-6

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do Jaime I. Cabo de mariñeiría

Fuxido dende os primeiros días. Causa aberta en Ferro por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado en Ferrol en 1940 co resultado sentencia prisión 6 anos, indulto ese mesmo ano

Home de 45 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Cabo de fogóns da Armada.

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión.

Home de 20 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo de artillaría da Armada
Morto o 09 de outubro de 1936

Condeado a morte en Consello de Guerra por traizón. Executado en Ferrol.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
Artilleiro. Directivo do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada
Morto o 05 de marzo de 1937

Morte rexistrada na Coruña a causa de ser pasado polas armas en Adormideras-A Coruña

Home, Militar
Veciñanza: Narón (A Coruña)
Corneta de infantería de mariña
Morto o 15 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de ser pasado polas armas en Ferrol.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillería

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 37 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Segundo de Artillaría

Xulgado en Ferrol por neglixencia (quedar na casa cando comezou o Golpe) co resultado de ser separado do servizo

Home de 25 anos, Militar
Natural de Paderne (A Coruña)
Veciñanza: Bañobre-Miño, Miño
Mariño. Cabo de mariñeiría

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Parece que fuxiu a Uruguai

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Fogoneiro do "Cervera"
Morto o 30 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 18 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño de Segunda

Inculpado en causa militar en Ferrol en averiguación da súa conduta, sendo sobresida provisionalmente e sendo posto en liberdade

Home de 60 anos, Militar
Natural de Monfero (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo no arsenal de Ferrol

Xulgado en Ferrol por axuda á deserción co resultado de absolución

Home de 40 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo no arsenal de Ferrol. Albanel de profesión

Xulgado en Ferrol por axuda á deserción co resultado de absolución

Home de 25 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: A Graña-Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mariño Primeiro da Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar 2º naval

Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída polos sucesos do Contramestre Casado) co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutada por 10 anos en abril de 1940

Home, Militar
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Sarxento de Artillaría

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión (causa do 1936) co resultado sentencia cadea perpetua

Home de 43 anos, Militar
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Tenente de Asalto

Xulgado en A Coruña por traizón co resultado sentenza a cadea perpetua

A Navalla Suíza