Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 35 anos, Fogoneiro
Veciñanza: Puente de la Virgen 3, Monforte de Lemos
Natural de Bélmez-Córdoba

Xulgado por rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Asturias
Morto o 05 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.

Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Baño, Muros (A Coruña)
Do Udondo
Morto o 26 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 38 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Abelleira-Muros, Muros (A Coruña)
Tripulante do vapor "Galdames"

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída contra os tripulantes do vapor "Galdames") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada por 2 anos en marzo do 1940

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Soldado de reemprazo

Combate no exército republicano. Feito prisioneiro. Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional

Home de 51 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 41 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Soaserra-Cabanas, Cabanas (A Coruña)
Tripulación do vapor "Fernando L. de Ybarra"

Xulgado en San Sebastián por rebelión co resultado de absolución. Ingresado nun campo de concentración

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Combateu no exército republicano. Preso en diversos lugares, traballos forzados na mina "Rita y Adelaida" (1939).

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: O Seixo-Franza, Mugardos (A Coruña)
Soldado

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentencia a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 37 anos, Fogoneiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
CNT, Sindicato de Pescadores de Cariño

Foxe no vapor Arkale. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 18 anos de prisión. Morte rexistrada na Prisión da Escolleira do Arsenal de Ferrol por tuberculose en marzo do 1942

Home de 38 anos, Fogoneiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra a tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" que fuxiron) co resultado de sentencia absolución e queda en liberdade

Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Bamio, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Tripulación do vapor "Fernando L. de Ybarra"

Xulgado en San Sebastián por rebelión co resultado de absolución

Home de 34 anos, Fogoneiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Hervás, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento provisional

Home de 36 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: San Adrián de Cobres-Pontevedra, Pontevedra

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia absolución.

Home de 43 anos, Fogoneiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
CNT, Tripulante do vapor "MORAN"

Xulgado en San Sebastián co resultado de sobresemento. Enviado ao campo de concentración de Santoña

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por inutlilización (deserción dun buque mercante) co resultado prisión 1 mes e 1 día multa de 125 ptas. Peza de responsabilidades civís na que é declarado insolvente

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 25 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Sen máis datos. O seu irmán, Juan Manuel, tras combater no exército republicano acabará nun gulag na URSS até 1954.

Home de 38 anos, Fogoneiro
Veciñanza: Peñacastillo. San Martín. Santander.
FAI
Morto o 04 de xullo de 1942

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a pena de morte

Home de 38 anos, Fogoneiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Desierto Erandio, C/Iparraguirre
CNT

Inculpado en causa militar en Ferrol

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 33 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/ Poboadores 39, 2º. Vigo., Vigo (Pontevedra)
CNT, Do SIP-CNT

Fuxido en xullo do 36, foi detido e enviado ao lazareto de San Simón, onde permaneceu 14 meses sen xuízo. De volta en Vigo, embarcouse coma mariñeiro no vapor pesqueiro "Nuevo Celta", que fuxiu a Brest na noite do 01/10/1938. Declarado fuxido e en rebeldía en proceso xudicial aberto en Ferrol. Retorna da Francia en 1949, retomándose o seu procesamento en Ferrol, sendo xulgado co resultado de sentenza a prisión 1 ano

Home de 31 anos, Fogoneiro
Morto o 02 de xullo de 1938

Executado en Pontevedra

Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
CNT, Do Sindicato de Industria Pesquera de Vigo-Bouzas

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua.

Home de 38 anos, Fogoneiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: R/Iparraguirre, 1. Erandio

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Priegue, Nigrán (Pontevedra)
Morto o 07 de outubro de 1939

Formaba parte dunha partida armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, ás 7, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.

Home de 30 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Loira-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido á zona republicana, reside en Túnez tras a guerra.

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Amarella, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de absolución. Combateu co exército republicano. Preso en Aranda de Duero e batallón de traballadores 116 (38-39).

Home de 30 anos, Fogoneiro
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Nigrán (Pontevedra)

Formaba parte dunha partida armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home, Fogoneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
UGT

Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade

Home de 23 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Tal, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Ao remate da guerra refuxiado no campo francés de Argeles-sur-Mer.

Home de 21 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouzas-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Fixo a guerra na zona republicana e rematou en Valencia. e Xulgado en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Despois sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 37 anos, Fogoneiro
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Santander

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.

Home de 20 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Loira-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do reemprazo de Marín) co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 33 anos, Fogoneiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Abanqueiro-Boiro, Boiro (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentencia prisión 12 anos.

Home de 39 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 07 de maio de 1940

En Barcelona cando se produce o golpe de Estado. Trasládase a Asturias, onde é nomeado Garda de Asalto. Tras a caída da Fronte Norte pasa a Franza e de aí a Cataluña. Detido e xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 25 anos, Fogoneiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Miñarzo-Lira-Carnota, Carnota (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 25 anos, Fogoneiro
Do "Udondo"
Morto o 27 de setembro de 1936

Executado en Ferrol en cumprimento do Bando de Guerra.

Home de 23 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/ sta Ana s/n-Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Morto o 09 de novembro de 1936

Morte, ás 4, rexistrada en Vigo a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver na marxe dereita da estrada Redondela-Porriño, fronte ao cemiterio.

Home de 50 anos, Fogoneiro
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, De "El Despertar Marítimo" e 2Sindicato de Industria Pesquera".
Morto o 11 de novembro de 1938

Morte na Prisión Provincial da Coruña a causa de insuficiencia mitral.

Home de 51 anos, Fogoneiro
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Causa instruída en Ferrol contra a tripulación do vapor de pesca "Emilia Márquez" que tomou o barco e dirixiuse á zona republicana. Declarado fuxido e en rebeldía

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Darbo, Cangas (Pontevedra)
CNT, Afiliado a "Alianza Marinera".

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano e semella que morre na fronte do Segre.

Home de 30 anos, Fogoneiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: r/ Los Ángeles, Ares (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 34 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Bilbao

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: Camposancos-A Guarda, A Guarda (Pontevedra)

Combateu no exército republicano. Campo de San Ciprien e Bacarés. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (contra a tripulación dun barco de pesca "Los Zorriñas" que desertaron no porto de Milford-Haven) prisión 12 anos e 1 día (1944)

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Fuxido. Itegrouse no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Xixón
CNT e JJLL
Morto o 04 de marzo de 1938

Rexistrado en Narón morto a causa de ser pasado polas armas en virtude de sentencia firme causa 316/37. Lugar de aparición do cadáver: Punta do Martelo-Arsenal de Ferrol

Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo
Embarcado no Atxeri-Mendi

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, estivo no Campo de Teruel. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano (1939). Indultado e embargo de 5000 ptas.

A Navalla Suíza