Home de 22 anos, Panadeiro/a
Natural de Cotobade (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938
Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.
Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Fuxido dende os primeiros días do Golpe militar. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Idéntico resultado en causa iniciada en Ferrol, en 1938, por deserción.
Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Implicado na fuga fallida do vapor "Avión"
Morto o 27 de xaneiro de 1938
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de parálise do bulbo.
Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
CNT, Dirixente do "Sindicato Industria Pesquera" de Marín
Morto o 31 de decembro de 1936
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra rexistrándose a súa morte a causa de colapso cardíaco.
Home de 27 anos, Camareiro/a
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
UGT, Membro da Sociedade de Camareiros
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.
Home de 46 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.
Home de 21 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Montecelo, Marín (Pontevedra)
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Serve na mariña republicana e posteriormente pasa a Francia. é levado ao campo de exterminio de Gusen sen deixar rastro. Posiblemente morto xunto co seu irmán Gerardo, cuxa traxectoria é idéntica. A súa nai semella que morreu a resultas das súas desaparicións.
Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Loira, Marín (Pontevedra)
Fogoneiro habilitado
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Serve na mariña republicana e posteriormente pasa a Francia. é levado ao campo de exterminio de Gusen, desaparecendo o seu rastro. Posiblemente morto xunto co seu irmán Antonio, cuxa traxectoria é idéntica. A súa nai semella que morreu a resultas das súas desaparicións.
Home de 25 anos, Carpinteiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
UGT, Presidente da Sociedade de Empacadores
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua.
Home de 26 anos, Comerciante
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por rexistro en domicilios para incautación de armas co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
Home de 34 anos, Xornaleiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Morto o 31 de decembro de 1936
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a causa da súa morte como hemorraxia interna.
Home de 37 anos, Xastre
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
Directivo da agrupación socialista de Marín
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 15 anos. O 01-09-1937, ábreselle nova causa por un delito acaecido nas dependencias carcelarias sendo condeado a 6 anos de prisión correccional.
Home de 49 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
CNT, Dirixente do SIP. "Ancián" evanxélico
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Tras ser inicialmente detido é liberado ca fin de que convencese aos mariñeiros de Marín para voltar ao traballo. Fuxido e agochado ate a fin da guerra.
Home de 28 anos, Garda municipal
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Xefe da Garda Municipal de Marín
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua.
Home de 28 anos, Maquinista naval
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
CNT, Presidente da Sociedade de maquinistas
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 41 anos, Mestre/a
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Seixo, Marín (Pontevedra)
UGT, Sindicato de mestres
Morto o 27 de xullo de 1937
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
Home
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
UGT
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Prisioneiro no campo de concentración de Deusto, castigado nun batallón de traballadores e sobresemento provisional na causa aberta en Ferrol.
Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Auxiliar 1º de aeronáutica na Escola de tiro naval "Janer"
Morto o 11 de maio de 1937
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Pero revisada a pena no Alto Tribunal Militar de Valladolid e condeado a morte. Executado no Arsenal de Ferrol.
Home de 28 anos, Funcionario municipal
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Nos anos setenta recupera o seu posto de traballo como funcionario municipal.
Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Aguete-Marín, Marín (Pontevedra)
Estando embarcado en Irlanda recalou en Francia e pasou para Bilbao e Cataluña. Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas), o fiscal pide 12 anos polo delicto de rebelión. Finalmente é sentenzado por deserción coa pena de 3 anos. Aplícaselle o indulto de 1939