Home de 37 anos, Fogoneiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade
Home de 43 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Roade-Alcabre, Vigo (Pontevedra)
CNT, Do "Sindicato de Industrias Pesqueras" Vigo-Bouzas
Morto o 09 de novembro de 1936
Morte, ás 4, rexistrada en Vigo a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver na marxe dereita da estrada Redondela-Porriño, fronte ao cemiterio.
Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Foz (Lugo)
Veciñanza: Navia, Navia de Suarna
Fixo a guerra no bando republicano
Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sobresemento definitivo e queda en liberdade
Home de 34 anos, Fogoneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Toural-Teis, Vigo (Pontevedra)
Traballaba nunha draga no porto de Vigo
Morto o 11 de abril de 1937
Rexistrado morto en Vigo a causa de lesións por arma de fogo . Lugar de aparición do cadáver: Capela da Guía-Teis-Vigo. Asasinado xunto coa súa esposa Ángela Iglesias. Os seus fillos menores, José, de 4 anos e Eliseo, de dous, acaban separados vivindo o primeiro coa familia materna e o segundo coa paterna. Deixaron de verse e non se reencontraron ate 1976.
Home de 23 anos, Fogoneiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Finalmente, detido en Asturias e, tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros
Home de 52 anos, Fogoneiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
CNT, Secretario do SIP de Bouzas
Morto o 12 de outubro de 1936
Morte rexistrada no km.136 da estrada Redondela-Pontevedra, en Soutuxuste do Viso-Redondela, a causa de disparos de arma de fogo. Xulgado previamente en Vigo por tenencia ilícita de armas en proceso incoado o 25-7-1936 co resultado de sobresemento.
Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Aguete-Marín, Marín (Pontevedra)
Estando embarcado en Irlanda recalou en Francia e pasou para Bilbao e Cataluña. Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas), o fiscal pide 12 anos polo delicto de rebelión. Finalmente é sentenzado por deserción coa pena de 3 anos. Aplícaselle o indulto de 1939
Home de 36 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 17 de setembro de 1936
Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas.
Home, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade
Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 22 anos, Fogoneiro
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 14 de agosto de 1936
Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol. (o tribunal decide condealo a perpetua, pero é correxido polo auditor. O Presidente do Consello de Guerra sufre condea, Antonio Samper Lapique)
Home de 42 anos, Fogoneiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
CNT, Directivo do "Sindicato de Industrias Pesqueras" Vigo-Bouzas
Xulgado en Vigo por tenencia de armas co resultado de declaración en rebeldía. En 1942 entrégase e é posto a disposición da autoridade gobernativa.
Home de 39 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Garda de Asalto en Avilés
Morto o 07 de maio de 1940
Tras caer a fronte de Asturias, escapa a Francia e logo volve por Cataluña. Detido e fusilado en Xixón
Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Carreira-Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campo de concentración e batallón de traballadores até 1940. Causa aberta en Ferro por deserción (non se ter presentado a filas) sobresemento provisional.
Home de 39 anos, Fogoneiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.
Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: San Lázaro, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Fuxido e ao servizo da República. Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía. Segundo pesquisas realizadas en 1940, o procesado atopábase en Francia. Cuñado de Emilio López Seoane e tío de Armando López Rey, tamén fuxidos
Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Do "Udondo"
Morto o 27 de setembro de 1936
Executado en Ferrol en cumprimento do Bando de Guerra.
Home de 39 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Do "Sindicato de Industrias Pesqueras" de Carril
Declarado en rebeldía en varias causas ao ter fuxido nun barco a Francia. Volta a barcelona. Loita no exército republicano. Detido en Alicante e retomado o seu procesamento en Galicia. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.
Home de 32 anos, Fogoneiro
Veciñanza: Carril-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Sindicato da Industria Pesquera de Carril
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.