Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home, Canteiro/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)

Tras levar preso dende 1936 nun batallón de traballadores en Pontevedra, é xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de absolución.

Home de 46 anos, Comerciante
Veciñanza: Vilasobroso, Mondariz (Pontevedra)
IR, Natural de Portugal.

Inculpado en causa militar en Vigo.

Home de 38 anos, Comerciante
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mouriscados, Mondariz (Pontevedra)
PSOE, Interventor pola FP nas eleccións de febereiro de 1936

Pasa unha tempada en prisión coma inculpado sen chegar a ser procesado.

Home de 42 anos, Obreiro/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)
Morto o 24 de xaneiro de 1938

Morte rexistrada no Punto Paxara, na estrada Fozara-Paredes, en Fozara-Ponteareas, a causa de traumatismo por disparos de arma de fogo.

Home de 32 anos, Tipógrafo
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)
Morto o 21 de outubro de 1936

Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo no Monte do Castro, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.

Home de 26 anos, Mestre/a
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Frades, Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 3 anos.

Home de 40 anos, Garda xurado
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Vilasobroso, Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 36 anos, Funcionario municipal
Natural de Crecente (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)
Oficial 1º do Concello de Mondariz
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia e destrucción da masa encefálica. Aparece o seu cadáver en Sta Mariña-O Covelo.

Home de 43 anos, Carpinteiro
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)
Natural de Portugal.
Morto o 01 de outubro de 1936

Morte rexistrada nas Gándaras-O Porriño, na estrada Porriño-Tui, a causa de hemorraxia interna e externa.

Home de 38 anos, Xastre
Veciñanza: Riofrío-Mondariz, Mondariz (Pontevedra)
Morto o 21 de outubro de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Monte do Castro-Vigo

Home de 38 anos, Peón
Natural de Cotobade (Pontevedra)
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Frades, Mondariz (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 29 anos
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)
Servizo militar en Pontevedra cano se abre a causa

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 31 anos, Canteiro/a
Veciñanza: Prades-Mondariz, Mondariz (Pontevedra)
Morto o 21 de outubro de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Monte do Castro-Vigo

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Mondariz, Mondariz (Pontevedra)

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Home de 29 anos, Serrador
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 41 anos, Mestre/a
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Vilasobroso, Mondariz (Pontevedra)
PSOE, Da Sociedade de Oficios Varios. Membro da Casa do Pobo

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución. Separación do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940.

Home
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz, Mondariz (Pontevedra)

Paseado, sen atoparse o seu cadáver. Previamente preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home
Veciñanza: Escobeiro, Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 35 anos, Canteiro/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 45 anos, Labrego/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Vilasobroso-Mondariz, Mondariz (Pontevedra)
Morto o 18 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Mondariz a causa de lesións producidas por disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Mondariz

Home de 30 anos
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Queimadelos-Mondariz, Mondariz (Pontevedra)
Morto o 06 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Monte Cabaleiro-Viso-Redondela

Home, Mestre/a
Veciñanza: Toutón, Mondariz (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 34 anos, Mestre/a
Natural de A Bola (Ourense)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)
PCE

Xulgado co resultado de declaración en rebeldía. Exiliado en 1938 a Cuba e logo USA, instalándose en México dende 1939.

Home de 47 anos, Canteiro/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Ingresa na prisión de San Cristóbal (Pamplona) e morte na fuga

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento.

Home de 38 anos, Cesteiro/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Ríofrio, Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos

Home
Veciñanza: Mondariz (Pontevedra)
Alcalde

Xulgado en Vigo co resultado de declaración en rebeldía. En 1939, atópase en Barcelona, de onde recibe axudas dende Bos Aires para poder sobrevivir

A Navalla Suíza