Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
CNT

Tras facer a guerra co exército republicano pasa por campos de concentración e batallóns de traballadore e será xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por perpetua.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Postmarcos, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Fixo a guerra na zona republicana. Refuxiado en Francia e volve en xuño do 1939. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a 2 anos de prisión.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Fixo a guerra na zona republicana. Preso en Asturias en outubro do 37, campos de concentración e batallón de traballadores 14.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Cervo (Lugo)
Veciñanza: San Cibrao-Cervo, Cervo (Lugo)

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, xulgado en Bilbao por rebelión, sobresemento provisional e batallón de traballadores no 39.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: San Lázaro-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción e declarado en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado. Pasa por diversos campos de concentración. Será encausado en Zaragoza, pero é sobresida e, dende 1940, en liberdade atenuada.

Home de 32 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Mariño no "Libertad"

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, sentenciado en Cádiz a 2 anos de prisión por neglixencia.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Meira-Moaña, Moaña (Pontevedra)
Contramestre do "Fragio 1"

Fuxido a Francia en 1937 no "Fragio 1". Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 31 anos, Militar
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
CNT, Mariño de reemprazo. Soldado de segunda de Infantería de mariña. Albanel de profesión. OOVV de Sada

Xulgado en Ferrol por quebrantamento de consigna (manifestar que Francia axudaría á República) co resultado sentencia prisión 6 anos. Indultado en 1940

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. En territorio republicano. Feito prisioneiro e castigado en varios batallóns de traballadores. Sobresemento definitivo na causa aberta en Ferrol

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 32 anos, Carpinteiro
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cecebre-Cambre, Cambre (A Coruña)

Desaparecido da súa casa en 24/10/1937. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campos de concentración diversos, refuxiado en Francia e volve, preso en Santoña. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) prisión 2 anos. Aplicación do indulto

Home de 31 anos, Electricista
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Coruxo-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Fuxido no monte. Xulgado en Vigo por deserción e por atentado contra un "Guardia Cívico" co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 32 anos, Ferreiro/a
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Xubia-Oleiros, Oleiros (A Coruña)

Fuxido a Portugal. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 30 anos, Mariño
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Donosti

Fixo a guerra na zona republicana. Afogado na embarcación "Vida y Dulzura". Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento

Home de 23 anos, Albanel
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira (A Coruña)

Fixo a guerra no exército republicano. Prisioneiro. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 10 anos (1941)

Home de 31 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Barrio de Estrada-Beade-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Xulgado por rebelión militar e sentenciado a prisión 12 anos e 1 día. (1940) Conmutación por 6 anos no (1941) e condicional

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Laxe (A Coruña)
Veciñanza: Laxe (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Barizo, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 28 anos, Xornaleiro
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Laxe-Vilaboa, Culleredo (A Coruña)

Detención en relación con causa militar na Coruña, sendo posto en liberdade.

Home de 43 anos, Albanel
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Laxe-Vilaboa, Culleredo (A Coruña)

Detención en relación con causa militar na Coruña, sendo posto en liberdade.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Florida, nº 3, Bueu (Pontevedra)
Mariño de remprazo do "Jaime I"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. En territorio republicano. Feito prisioneiro e castigado en varios batallóns de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Campos de concentración de Bizerta e Rota e batallón de traballadores 6 en Algeciras.Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 23 anos, Militar
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Mariño do "Jaime I"

Causa aberta en Ferrol por rebelión (contra mariñeiros e fogoneiros do acoirazado "Jaime I") co resultado sobresemento provisional. Tamén causa aberta por deserción

Home de 31 anos
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Carballo, Carballo (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 20 anos. Dende abril do 1937 na Prisión Provincial da Coruña

Home de 32 anos, Albanel
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Redondela, Redondela (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción. Fixo a guerra no exército republicano. Capturado e campos de concentración e batallón de traballadores 16, no que se licencia. Sobresemento da súa causa

Home, Militar
Mariño no "Jaime I"

Xulgado en Cartagena (227/38) co resultado de sentenza a cadea perpetua.Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento

Home de 22 anos, Labrego/a
Natural de San Sadurniño (A Coruña)
Veciñanza: Ferreira, San Sadurniño (A Coruña)
Mariño de remprazo no "Jaime I"

Tras ser xulgado en Murcia e sentenciado a catro anos de reclusión nun campo de traballo, retómase o proceso. Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade en 1940.

Home de 22 anos, Mecánico
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
Mariño de reemprazo.

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posta en liberdade.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Barrio do Vento, O Grove (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posto en liberdade.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: R/ da Mariña-Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Mariño de remprazo no "Jaime I"

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posta en liberdade.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Santo Tomé de Piñeiro-Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño fogoneiro no "Jaime I"

Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (contra mariñeiros e fogoneiros do acoirazado "Jaime I") co resultado sentencia absolución e queda en liberdade (1942)

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Irixoa, Irixoa (A Coruña)
Mariño de reemprazo no "Jaime I".

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posta en liberdade.

Muller de 26 anos, Traballo na casa
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgada en Ferrol por adhesión á rebelión (pola organización dunha fuga en lancha) co resultado sentencia absolución

Home de 26 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mecanógrafo.Soldado da Sanidade Militar en Vigo.

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (pola organización da fuga dunha lancha) co resultado sentencia absolución

Muller, Servinte
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Muller de Isidro Incera, fusilado

Xulgada en Ferrol por adhesión á rebelión (organización da fuga dunha lancha, acusada de colaborar con fuxidos) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 3 anos e liberdade condicional en outubro do 1941

Home de 30 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Doniños-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Auxiliar de Artillaría e telemetrista no "Jaime I"

Xulgado en Ferrol por neglixencia co resultado de sentenza a 6 anos de prisión militar.

Home de 21 anos, Albanel
Natural de Valdoviño (A Coruña)
Veciñanza: Valdoviño, Valdoviño (A Coruña)
Mariño de remprazo no "Jaime I".

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 10 anos de prisión.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Campón, nº8-1º, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Maquinista no "Jaime I"

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 27 anos, Muiñeiro/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Bouza-Vilaxoan-Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa

Agochado dende 1936. Presentouse en novembro do 1938. A disposición dun batallón disciplinario. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado sentencia prisión 6 anos. Preso na Escolleira e indultado.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Xove (Lugo)
Veciñanza: Xove, Xove (Lugo)

Fuxido no monte até 1939. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 6 anos. Indulto en outubro do 1939

Home de 40 anos, Mariño
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Rambla de Canaletas 6- 2º-Barcelona
UGT, Oficial Primeiro Radiotelegrafista da Mariña Mercante.

Fixo a guerra na zona republicana servindo en varios buques mercantes. Xulgado en Ferrol por rebelión declarado fuxido e en rebeldía

Home de 29 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Directivo do Sindicato de metalúrxicos

Xulgado en varias causas en ferrol por deserción. Foi á olimpiada popular de Barcelona e non volta. Capturado. Retómase o seu procesamento en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día (outubro 1940).

Home de 54 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Camiño Ancho-Corraliño-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Acusado de ser parte do comité do barco Cristobal Colón. Combate no exército republicano. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia prisión 12 anos 1 día (1940). Conmutación por 3 anos ese mesmo ano. Indulto total no 1946

Home de 28 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Mariño

Combateu no exército republicano. Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 3 anos. Cumpriu en batallón disciplinario

Home de 31 anos, Labrego/a
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Laraxe-Cabanas, Cabanas (A Coruña)

Estivo agochado até 1939. Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 6 anos (1940). Denegado o indulto

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Ouces-Gandarío, Bergondo (A Coruña)

Deserción do exército golpista. Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Foz (Lugo)
Veciñanza: Foz (Lugo)
UGT

Fixo a guerra na zona republicana. Xulgado en Ferrol co resultado de absolución e posto en liberdade

A Navalla Suíza