Home, Chofer
Veciñanza: Santiago de Compostela
Chofer do banqueiro Olimpio Pérez
Ao ser sogro de Marcial Villamor, ao que están buscando, é detido e sacado de casa en roupa interior. Sen embargo será inmediatamente posto en liberdade pola mediación do seu xefe Olimpio Pérez.
Home de 23 anos, Profesor universitario
Natural de Lourenzá (Lugo)
Veciñanza: Santiago de Compostela
PG, Profesor auxiliar de clases prácticas de Dereito.
Detención sen procesamento xudicial e perda do seu posto de traballo.
Home de 42 anos, Conserxe
Veciñanza: Santiago de Compostela
Conserxe na USC
Cesado e destituído do seu posto.
Home de 39 anos, Mariño
Veciñanza: Posmarcos, A Pobra do Caramiñal
Tras facer a guerra ao servizo do exército republicano, recala na URSS, acabando recluído nun Gulag. en 1954 volta repatriado no "Semíramis".
Home, Mestre/a
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Tras ser depurado, négase a cumplir destino forzoso en Cáceres, montando unha academia privada en Pontevedra. O seu irmán Gerardo fuxíu.
Home de 28 anos, Axente comercial
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Xixón
Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a prisión.
Home de 23 anos, Panadeiro/a
Natural de Chantada (Lugo)
Veciñanza: Chantada (Lugo)
Xulgado en Asturias co resultado de absolución.
Home de 57 anos
Natural de A Fonsagrada (Lugo)
Veciñanza: A Fonsagrada (Lugo)
IR
Malleira e amenazas ca fin de atemorizalo.
Home de 18 anos, Estudante
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa
Vencellado ao galeguismo e membro dos grupos Ultreia
Fuxido ante a obrigatoriedade de incorporarse a filas no exército golpista. Fillo do Cónsul de Uruguai, Edmundo Nóvoa, cun importante papel na fuxida de potenciais vítimas da represión.
Home de 43 anos, Xornaleiro
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Becerreá (Lugo)
UGT
Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Morte en Barcelona tras sufrir malleiras.
Inculpado en causa militar en Ferrol
Inculpado en causa militar en Ferrol polo delito de auxilio á deserción.