Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 19 anos, Obreiro/a
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita
CNT, Natural de Cádiz. Obreiro do ferrocarril
Morto o 08 de marzo de 1937

Fuxido. Morte rexistrada na Mezquita, na estrada nacional, en aplicación da Lei de Fugas

Home de 22 anos
Natural de Carral (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
JJ.LL.
Morto o 09 de marzo de 1937

Xulgado en A Coruña co resultado de sentencia pena de morte. Executado en A Coruña

Home de 22 anos
Natural de Lugo (Lugo)
Natural de Teixeiro
Morto o 09 de marzo de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Mirandela-Xobre, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Tripulante do "Mar Cantábrico". Comité Unificado de "La Naval"-UGT e SNTM (CNT)
Morto o 10 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua. Ingresado no manicomio de Cádiz

Home de 33 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Sárdoma, Vigo (Pontevedra)
CNT, Directivo do SIP de Bouzas
Morto o 13 de marzo de 1937

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte por encontro coa "Fuerza Pública" en Xovelle-Cea-Vilagarcía.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Vilaboa (Pontevedra)
Veciñanza: Santo Adrián de Cobres-Vilaboa, Vilaboa (Pontevedra)
Mariño. Fogoneiro da Armada
Morto o 13 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sentenza a pena de morte. Executada

Home de 24 anos
Natural de Lugo (Lugo)
Morto o 13 de marzo de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 33 anos
Morto o 14 de marzo de 1937

Morte rexistrada no km. 257 Hm.2 da estrada nas Gándaras de Budiño-Atios-O Porriño a causa de hemorraxia traumática.

Home de 43 anos, Avogado
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Vimianzo
PSOE, Secretario do Concello de Vimianzo. Masón e organizador da Agrupación Local do PSOE. Era recoñecido entre os veciños como Gabilán por ser o segundo apelido do seu pai, notario e avogado en Carballo e procedente dunha familia vallisoletana con importantes políticos na Restauración.
Morto o 15 de marzo de 1937

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña no Polvorín de Adormideras. A súa familia será desposuída de gran parte dos seus bens. A súa irmá, Mª de la Esclavitud, monxa asasinada en Madrid en novembro de 1936.

Home de 45 anos, Comerciante
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rutis, Culleredo
Morto o 15 de marzo de 1937

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 31 anos, Comerciante
Veciñanza: Ponte do Porto, Camariñas
UGT, Representante do comercio
Morto o 15 de marzo de 1937

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 55 anos, Militar
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Coronel médico da Armada retirado
Morto o 15 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executada

Home de 19 anos, Barbeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Mosteiro-Bembrive-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 15 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver:Mourella-Bembrive-Vigo

Home de 45 anos
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Vilamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Morto o 15 de marzo de 1937

Morte na Raspallosa-Petín rexistrada a causa de hemorraxias internas. Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 34 anos, Canteiro/a
Natural de Lalín (Pontevedra)
Veciñanza: Donsión, Lalín (Pontevedra)
UGT, Da sociedade obreira "La Fraternidad"
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.

Home de 58 anos, Industrial
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Siador, Silleda (Pontevedra)
Alcalde de Silleda.
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra.

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado por rebelión pero suspéndense as actuacións por morte en "acción de guerra" en Vilagarcía.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Alferez de Artillaría de Mariña
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no cuartel do rexemento de artillaría da costa.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Sarxento de Artillaría de Mariña
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no cuartel do rexemento de artillaría da costa.

Home de 19 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo de Artillaría de Mariña
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no cuartel do rexemento de artillaría da costa.

Home de 31 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Burgos. Auxiliar de Artillaría de Mariña
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no cuartel do Rexemento de Artillaría da Costa.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Sarxento de artillaría
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no Cuartel do rexemento de artilaría de costa.

Home de 20 anos, Militar
Natural de Valdoviño (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Sarxento no Cuartel do Rexemento de Artillaría de Costa
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentencia pena de morte. Executado en Ferrol

Home de 50 anos, Pintor
Veciñanza: Miño, Miño
PSOE, Concelleiro.Presidente da Sociedade de Agricultores e OOVV de Leiro
Morto o 16 de marzo de 1937

Rexistrado en Ferrol como morto a causa de ferida de arma de fogo. Lugar de aparición do Cadáver: Castelo de San Felipe

Home de 25 anos
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: A Illa de Arousa-Campo, A Illa de Arousa
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por deserción. Infórmase na causa militar da súa morte na Illa de Arousa.

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Paderne (A Coruña)
Veciñanza: Paderne (A Coruña)
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no castelo de S. Felipe ás 6:30

Home de 20 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouciña-Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Lavadores-Vigo

Home de 47 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouciña-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Lavadores-Vigo

Home de 31 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouciña-Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Lavadores-Vigo

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Lavadores-Vigo

Home de 23 anos, Industrial
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sober
Morto o 17 de marzo de 1937

Morte rexistrada en Lugo.

Home de 25 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Viduedo, Triacastela
Natural de Asturias
Morto o 17 de marzo de 1937

Executado en Lugo.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Morte rexistrada na estrada Redondela-Vigo, no Alto da Encarnación-Chapela-Redondela, a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo.

Home de 37 anos, Carpinteiro
Natural de A Pobra do Brollón (Lugo)
Veciñanza: A Pobra do Brollón, A Pobra do Brollón (Lugo)
Directivo do PARG
Morto o 17 de marzo de 1937

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 19 anos, Serrador
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouciña-Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por hemorraxia cerebral. Lugar de aparición do cadáver: Naia-Lavadores-Vigo

Home de 46 anos, Carabineiro
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Navarra. Brigada de Carabineiros
Morto o 18 de marzo de 1937

Xulgado en causa militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución en Vigo.

Home de 18 anos, Albanel
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Moledo-Sárdoma-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 19 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Pereiró

Home de 33 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: A Laxe-Sárdoma-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 19 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Pereiró

Home de 27 anos
Morto o 21 de marzo de 1937

Morte rexistrada no km.25 Hm.5 da estrada Meixaboi-Ourense, en Uceda-Carballedo a causa de conmoción e compresión cerebral.

Home
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Natural de Salcedo
Morto o 21 de marzo de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 50 anos, Chocolateiro/a
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
PSOE, Chocolateiro na Praza de sta Catalina. Dirixente da Agrupación Socialista
Morto o 22 de marzo de 1937

Morte tras ser conducido ás 2 ao cemiterio municipal.

Home de 19 anos
Natural de Asturias.
Morto o 23 de marzo de 1937

Morte rexistrada na Coruña a causa de ser pasado polas armas.

Home de 22 anos
Natural de Asturias
Morto o 23 de marzo de 1937

Morte rexistrada na Coruña a consecuencia de ser pasado polas armas.

Home de 45 anos
Natural de Córdoba
Morto o 23 de marzo de 1937

Morte rexistrada na Coruña a consecuencia de ser pasado polas armas.

Home de 36 anos, Garda de asalto
Natural de Vigo (Pontevedra)
Estaba destinado eventualmente en Asturias, pero a súa familia residía en Vigo
Morto o 23 de marzo de 1937

Xulgado en Oviedo co resultado de sentenza a pena de morte. É levado a Coruña, onde é fusilado.

Home de 22 anos
Veciñanza: Cangas
Morto o 23 de marzo de 1937

Fusilado na fronte de guerra.

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Rabo de Galo, Ourense (Ourense)
Morto o 24 de marzo de 1937

Morte rexistrada en Ourense a causa de hemorraxia interna.

Home de 44 anos, Mestre/a
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Vilar de Parada-Carnota-A Coruña, Carnota (A Coruña)
Morto o 24 de marzo de 1937

Pedro López Vázquez exercía como mestre de escola en Vilar de Parada, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa de planta baixa que usaba para dar escola no paraxe do Campiño, na parroquia de San Mamede de Carnota. A súa tortura durou máis de un día, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os propios asasinos botáronlle por debaixo da porta unha carta aos seus país (actual casa de Virginia), para que fosen facerse cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debían facer. Aparece inscrito no libro de defuncións por “dilixencias practicadas”, (supónse que pola autoridades militar). O certificado de defunción indica que a causa da morte “no domicilio paterno” foi un “colapso", segundo a “autopsia practicada”.

Home de 21 anos
Natural de Cambados (Pontevedra)
Veciñanza: Monforte de Lemos, Monforte de Lemos
Morto o 25 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Monforte de Lemos a causa de hemorraxia traumática. Lugar de aparición do cadáver: Monforte de Lemos (inscripto catro meses despois)

Home de 26 anos, Obreiro do Ferrocarril
Natural de Paderne de Allariz (Ourense)
Veciñanza: Cantoña, Paderne de Allariz (Ourense)
Morto o 27 de marzo de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

A Navalla Suíza