Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 71 anos, Labrego
Morto o 06 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tui por disparo de arma de fogo.

Home de 20 anos, Militar
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Lugar de Campelo-Irixoa, Irixoa (A Coruña)
Mariño de reemprazo

Fixo a guerra na armada republicana. Estivo en Bizerta, 5 meses no Campo de Concentración de Rota. Calificado A. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 29 anos
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Catro Camiños-A Coruña, A Coruña

Xulgado por rebelión (causa instruída fuxida vapor "Constante F. Veiga nº 4", fuxido e en rebeldía). Preso en Bilbao no 1938 e sentencia cadea perpetua. Conmutación e licenciamento definitivo en 1958

Home, Mestre/a
Veciñanza: Cela, Mos

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 54 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Camiño Ancho-Corraliño-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Acusado de ser parte do comité do barco Cristobal Colón. Combate no exército republicano. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia prisión 12 anos 1 día (1940). Conmutación por 3 anos ese mesmo ano. Indulto total no 1946

Home de 26 anos
Veciñanza: A Graña, Ferrol (A Coruña)
PCE
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ferida de arma de fogo.

Home de 30 anos, Zapateiro
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: Valga (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos de prisión menor en xaneiro de 1941.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira, Cedeira (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Tras a guerra estivo en diversos campos, en Rota e declarado adicto. Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de "Ortigueira" por non se presentar a filas) co resultado de sobresemento.

Home
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Nigrán (Pontevedra)

Detención na Illa do Lazareto de onde sae enfermo para morrer na súa casa.

Home de 25 anos, Caldeireiro/a
Natural de Getxo
Morto o 03 de novembro de 1938

Estando condeado nun batallon de traballadores no Destacamento de Recuperación de Vigo, é xulgado nesta cidade por sabotaxe co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, ás 7.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Moaña, Moaña

Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.

Home de 29 anos, Canteiro/a
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Espiñeredo-Serres, Muros (A Coruña)
UGT, Concelleiro

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento e sanción de 100 pesetas.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: A Portela, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Morto o 07 de marzo de 1938

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentencia a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Monterrei (Ourense)
Veciñanza: Flariz, Monterrei (Ourense)
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Poula de Martiño-Pentes-A Gudiña a causa de disparo e queimaduras.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Alférez de navío do cruceiro "Libertad"

Xulgado en Barcelona en 1939 por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Previamente xulgado en Ferrol no proceso incoado o 9-2-1938 por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Vilardevós (Ourense)
Veciñanza: Soutochao, Vilardevós (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sobresemento.

Home de 22 anos, Dependente
Veciñanza: r/ Fuenterrabía nº 49-Irún
Natural de Francia
Morto o 21 de decembro de 1940

Combate na Armada republicana. Confinado en Francia decide regresar a España. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Punta do Martelo do Arsenal

Home de 26 anos, Axente comercial
Natural de Allariz (Ourense)
Veciñanza: R/ S. Andrés, A Coruña
Representante de Espasa-Calpe
Morto o 10 de outubro de 1936

Detido nun café da Coruña e levado ao cuartel da Garda Civil. Ao día seguinte a súa familia confirma a súa desaparición sen poder averiguar nada máis.

Home de 36 anos, Labrego/a
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Tortes, Becerreá (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 47 anos, Patrón de pesca
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Bouzas, r/ Tomás Alonso 377, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. Servizo a favor da República. Presentase ás autoridades. Retomado o proceso, pero revogado o auto de procesamento e posto en liberdade provisional (1939)

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de mariñería do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo), pasa a causa aparte, co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 6 anos e 1 día en 02/40

Home de 34 anos
Veciñanza: Tolosa
Morto o 12 de agosto de 1936

Executado en Tolosa

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Aldán, Cangas (Pontevedra)
CNT, Presidente de "Solidaridad Marinera" de Aldán
Morto o 13 de maio de 1938

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.

Home de 39 anos, Chofer
Natural de Cambados (Pontevedra)
Veciñanza: Cambados (Pontevedra)
PSOE, Alcalde de Cambados e secretario da agrupación do PSOE

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 31 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Liberdade por conmutación en setembro de 1940.

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Ribadumia

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Prisión atenuada o 13-09-1940.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Baiona (Pontevedra)
Veciñanza: Baiona (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Nigrán (Pontevedra)

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

Home
Morto o 16 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver no distrito coruñés.

Home de 39 anos, Empregado/a
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Morto o 09 de decembro de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de execución de sentenza.

Home de 23 anos, Xastre
Natural de Asturias
Morto o 20 de xullo de 1938

Prisioneiro de guerra e executado tras Consello de Guerra en Camposancos-Tui.

Home de 37 anos, Transportista de peixe
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Sindicato da Industria Pesqueira
Morto o 27 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia por ferida de proxectil. Lugar de aparición do cadáver: vía pública-Vigo.

Home de 36 anos
Natural de A Capela (A Coruña)
Morto o 07 de abril de 1942

Preso en Krems-Gneixendorf. Deportado en decembro de 1941 a Mauthausen, onde morre meses despois

Home de 21 anos, Labrego
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: A Guarda, A Guarda (Pontevedra)
Mariño de reemprazo en "Cabo Fradera".

Xulgado por traizón co resultado de absolución.

Home, Labrego/a
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Almeiras, Culleredo (A Coruña)
CNT, Sindicato Campesiño de Almeiras

Semella que foi paseado

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás-Ares, Ares (A Coruña)

Causa instruída en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" fuxidos a Francia) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 27 anos
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Vilalonga-Sanxenxo, Sanxenxo (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (contra os que non se presentaron a filas do reemprazo do 1930 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Deán-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 11/41 por 6 anos e liberdade condicional en xullo dese ano

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Chan de Vila-Bordóns-Sanxenxo, Sanxenxo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción (por non se presentar a filas reemprazo do 1934 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 22 anos, Xornaleiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía

Home de 31 anos, Dependente
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Curro-Beira, Carral
Socio do Casino Republicano. Representante do SRI
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Hervés-Beira-Carral a causa de feridas de arma de fogo

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Bouzas-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. No 1939 atopábase en Argeles Sur Mer

Home de 39 anos, Mariñeiro
Natural de Pontecesures (Pontevedra)
Veciñanza: Pontecesures, Pontecesures (Pontevedra)
Morto o 25 de marzo de 1939

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión, prisión 15 anos. Preso en San Simón. Morto na cadea. Rexistrado morto en Vigo a causa de colapso cardíaco por cancro de estómago. Lugar de aparición do cadáver: San Simón-Redondela

Home de 29 anos, Dependente
Veciñanza: Xixón
CNT e JJLL
Morto o 16 de marzo de 1939

Combate no exército republicano. Xulgado en Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Executado nas inmediacións do Castro-Vigo.

Home de 25 anos, Labrego
Veciñanza: Perloña-Carreño
UGT
Morto o 02 de xullo de 1938

Combate no exército republicano en Asturias. Capturado e consello de guerra en Camposancos co resultado sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra.

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Redes-Ares, Ares (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua

Home de 14 anos, Peón
Veciñanza: Zas, Negreira (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sobresemento

Home de 36 anos, Albanel
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira (A Coruña)
IR

Estivo agochado un tempo. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Ingresa na cárcere de Santiago en xaneiro de 1941. En 1946 trasladado á Prisión de El Dueso

Home de 29 anos, Peón
Natural de Ames (A Coruña)
Veciñanza: Tapia, Ames (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

A Navalla Suíza