Inculpado en causa militar polo delito de rebelión que se sobresee debido a súa morte. A causa ten inicio en decembro de 1937.
Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
CNT
Prisioneiro de guerra no campo de concentración de Teruel. Logo enviado á Compañía de Revisión a Lugo. Concedida a liberdade condicional.
Home, Funcionario municipal
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)
Porteiro do Concello
Detido en prisión preventiva. Encausado nunha causa militar sen chegar a ser procesado.
Home, Comerciante
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Vilapouca-Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra)
PSOE, Concelleiro
Morto o 11 de agosto de 1936
Morte en Alba-Pontevedra, na estrada Pontevedra-Compostela.
Home de 23 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/ sta Ana s/n-Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Morto o 09 de novembro de 1936
Morte, ás 4, rexistrada en Vigo a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver na marxe dereita da estrada Redondela-Porriño, fronte ao cemiterio.
Home de 62 anos
Natural de Granada
Morto o 17 de maio de 1941
Morte na Illa do Lazareto por causas naturais
Home, Obreiro do Ferrocarril
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
Natural de Portugal.
Morto o 21 de agosto de 1936
Paseado no monte Ladeira-Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.
Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de San Sadurniño (A Coruña)
Veciñanza: R/Alegre, 14-2º, Ferrol (A Coruña)
Morto o 09 de xuño de 1938
Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua.Morte rexistrada no Penal de San Cristóbal o 9-6-1938 a causa de enfermidade.
Home, Funcionario/a
Veciñanza: Pontevedra
Supervisor do Museo de Pontevedra
Detido na prisión de s Simón.
Home de 40 anos, Labrego/a
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: O Condado-Santa María de Melias, O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Xulgado en Ourense por proferir frases subversivas co resultado de sobresemento.
Home, Mestre/a
Veciñanza: Ponteareas
Fuxe de Galicia e, en 1939, atópase en Barcelona, de onde recibe axudas dende Bos Aires para poder sobrevivir. Finalmente resulta morto no campo de concentración de Mauthausen
Home, Farmacéutico/a
Natural de Outes ()
Veciñanza: Serra de Outes, Outes
Rexentaba unha farmacia por de legación do titular. Conviccións republicanas.
Desterrado a Viveiro 6 meses acusado de intrusismo profesional
Home de 28 anos, Xornaleiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Mobilizado polo exército sublevado. Pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.
Home, Labrego
Veciñanza: A Figueirua, A Pontenova
Labrego con boa posición económica e innovador. Presidente da sociedade agraria de Confurto
Detido en Confurto e intento de paseo impedido por un coñecido, membro de falanxe. Cárcere en Ribadeo sen procesamento xudicial. Sae antes dun mes tras entregar 30.000 ptas a un oficial.
Home de 40 anos, Practicante
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Cereixo, A Estrada (Pontevedra)
Practicante en barcos mercantes
Sorpréndelle o Gólpe embarcado e intégrase como voluntario no exército republicano. Ao final da guerra pasa a Francia, sendo confinado en diferentes campos de refuxiados e algun campo de traballo. Entra na Guerrilla e pasa a España o 19-02-1944. Detido e xulgado por rebelión militar en Zaragoza o 19-05-1945, co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Home de 42 anos, Mariño
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa
Mariño mercante.
Combate no exército republicano. Foxe a Holanda, onde pasa boa parte do tempo nun hospital operado de cancro. Cando volta é detido e inculpado en causa militar instruída en Ferrol, posto en liberdade co resultado de sobresemento das actuacións.
Home de 29 anos, Patrón de pesca
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)
Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en liberdade sen cargos
Home, Funcionario municipal
Veciñanza: Valdoviño
Secretario do Concello
Inculpado en causa militar en Ferrol