Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 20 anos, Militar
Natural de Sober (Lugo)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño no "Cervera"
Morto o 05 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 19, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home
Veciñanza: Queixeiro, Monfero
Morto o 02 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de feridas de bala. Aparición do cadáver en Ombre-Pontedeume

Home de 23 anos, Militar
Natural de Moeche (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo no Rexemento de Artillaría de Mérida
Morto o 08 de xaneiro de 1937

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas. Executado no castelo de s Felipe.

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
UR, Director do Semanario "Renovación"
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública"

Home de 45 anos, Comerciante
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 59 anos, Maquinista naval
Veciñanza: Valencia
Maquinista do vapor "Udondo". Natural de Asturias.
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ferida de arma de fogo.

Home de 37 anos, Armador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: s Pedro 96, Ferrol (A Coruña)
Morto o 05 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 29 anos, Carniceiro/a
Veciñanza: Arija
PSOE e SRI
Morto o 02 de xullo de 1938

Combateu no exército republicano. Xulgado en Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Tui.

Home de 39 anos, Garda municipal
Natural de Cee ()
Veciñanza: Cee
Morto o 26 de xullo de 1936

Morte a causa da toma de Cee pola Garda civil e os falanxistas. Morre no Hospital de Compostela

Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Ardaña, Carballo (A Coruña)
Morto o 26 de novembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Rega-Suevos-Arteixo.

Home de 49 anos, Peón
Veciñanza: Vioño-Letra A, A Coruña (A Coruña)
Estibador. Natural de Porto Rico.
Morto o 06 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de aplicación da lei de fugas. Aparición do cadáver na estrada da Estación Norte-Betanzos.

Home de 75 anos

Prisioneiro de guerra no campo de concentración de Vieta-Muros, onde é rexistrada a súa morte a causa de hemorraxia cerebral.

Home de 32 anos, Radiotelegrafista
Veciñanza: R/ Valle nº 36 alto, esquina Basarrate, A Habana-Cuba
Radiotelegrafista no buque "Mar Cantábrico". Anteriormente traballaba de cociñeiro.
Morto o 09 de xullo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado ao mencer, na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Rodeiro (Pontevedra)
Veciñanza: Madrid
Director do Instituto Hispano-Mexicano Ruíz de Alarcón

Pasa a guerra en Madrid; logo Campo de Refuxiados en Francia, exiliase en México

Home, Mestre/a
Veciñanza: Cabanán-Cariño, Cariño
UGT, Mestre de Cabanán-Ortigueira (hoxe Cariño)

Acusado de practicar espiritismo. Separado do servizo definitivamente e baixa no escalafón en 1940

Home, Obreiro/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Operario da fábrica de Tabacos de A Coruña

Sancionado con 500 ptas. Suspendido de emprego e soldo en xuño de 1937

Home, Médico/a
Veciñanza: Seixo, Mugardos (A Coruña)

Desterrado a Verín

Home de 19 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Os Currais-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do Cervera

Xulgado en Ferrol na causa instruída polos sucesos do Cervera

Home de 20 anos, Empregado/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Guitiriz-estación (en 1937), Guitiriz
Foi expulsado do servizo militar por pouco espirito, celo e amor ao mesmo amosado en xullo.

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa seguida polos sucesos do Arsenal). Lolitou no Exército franquista, "Caballero Mutilado", en 1940 absolto libremente

Home de 62 anos, Militar
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo no arsenal de Ferrol. Labrego de profesión

Xulgado en Ferrol por axuda á deserción co resultado de absolución

Home de 23 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Cartaxena. Mariño Fogoneiro do "Baleares"

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de absolto e en liberdade

Home, Electricista
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Auxiliar electricista

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de A Capela (A Coruña)
Veciñanza: Maniños-Fene, Fene

Xulgado por deserción (non presentarse a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 26 anos, Patrón de pesca
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Xulgado por rebelión militar (subtracción da motora "María del Carmen") co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 28 anos
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa instruída en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" fuxidos a Francia) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 33 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 27 anos
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (contra varios do trozo de Ferrol por non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 45 anos, Mariñeiro
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Carballlo, Carballo (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión. Previamente fuxido cara á zona republicana. Enviado a un Batallón de Traballadores Larache até 1941.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Pontecesures (Pontevedra)
Veciñanza: Pontecesures, Pontecesures (Pontevedra)
UGT

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento. Combateu no exército republicano. Capturado e ingresado en diversos campos de concentración e no batallón de traballadores 122.

Home de 43 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión (fuxida da bou "Angelita" dende Donosti) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 33 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Punta Umbría
Anarquista, Mariño da tripulación do "Miguel de Cervantes".
Morto o 02 de xaneiro de 1941

Xulgado en Ferrol por rebelión militar. Executado no Arsenal de Ferrol na "Punta del Martillo"

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión militar, sendo revogado o procesamento e posto en liberdade.

Home de 46 anos, Armador
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián"). O seu procesamento queda sen efecto. Detido en Carballo e na Coruña ata que se lle concede a liberdade provisional 27/2/39

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Segunda Polar"

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío" do porto de Malpica o 31/08/1938) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Fuxido na "Rocío", exilio a Chile a bordo do Winnipeg e logo a Perú. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío" do porto de Malpica o 31/08/1938) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 40 anos, Médico/a
Natural de Zas (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Villar Amigo-Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío" do porto de Malpica o 31/08/1938) co resultado sobresemento provisional

Home, Mestre/a
Veciñanza: Meaño

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Tirán, Moaña (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Borbén, Pazos de Borbén

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Angoares, Ponteareas

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Bandeira, Silleda

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 43 anos, Comerciante
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Fuxido. Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Meira-Moaña, Moaña (Pontevedra)
Contramestre do "Fragio 1"

Fuxido a Francia en 1937 no "Fragio 1". Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Irixoa, Irixoa (A Coruña)
Mariño de reemprazo no "Jaime I".

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posta en liberdade.

Home de 65 anos, Follalateiro/a
Veciñanza: Valladolid
Natural de Valladolid.
Morto o 15 de novembro de 1939

Preso en San Simón. Morto na cadea. Rexistrado morto en Vigo sen causa de morte. Lugar de aparición do cadáver: San Simón-Redondela

Home de 62 anos
Veciñanza: Bobadilla
Morto o 11 de setembro de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de síncope cardíaco

Home de 62 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Tardienta
Morto o 21 de marzo de 1939

Preso en San Simón. Morto na cadea. Rexistrado morto en Vigo a causa de gangrena por diabete. Lugar de aparición do cadáver: San Simón-Redondela

Home de 46 anos, Metalúrxico
Veciñanza: La Felguera
CNT
Morto o 10 de agosto de 1938

Xulgado en Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo

Home de 61 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Torres de Berrellén
Morto o 02 de setembro de 1938

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de asfixia por submersión

Home de 15 anos, Labrego/a
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Irixoa, Irixoa (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sobresemento por non sobrepasar os 16 anos de idade. Posto a disposición do tribunal tutelar de menores.

A Navalla Suíza