Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 51 anos, Mariñeiro
Natural de Pontecesures (Pontevedra)
Veciñanza: Pontecesures (Pontevedra)
CNT

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade.

Home de 25 anos, Obreiro naval
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Castro, Narón (A Coruña)
Forxador

Inculpado en Causa militar instruída en Ferrol co resultado de posta en liberdade. Servizo no exército sublevado como cabo no batallón de zapadores minadores en Zaragoza

Muller de 25 anos, Traballo na casa
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)

Detida por levar coroas de flores a Boisaca, para honrar a varios veciños de Negreira que foron asasinados alí. Pasa 20 días na cadea

Home de 42 anos, Labrego/a
Morto o 08 de decembro de 1937

Prisioneiro de guerra no Campo de Concentración de Rianxo, onde é rexistrada a súa morte a causa de conxestión cerebral

Muller de 21 anos
Natural de Curtis (A Coruña)
Veciñanza: Curtis (A Coruña)

Inculpada en causa militar en Compostela por rebelión, pasando a disposición gobernativa. O mesmo acontece á súa irmá María

Home, Carabineiro
Veciñanza: Barxa, A Gudiña
Cabo de carabineiros

Inculpado en casusa militar en Ferrol. Exculpado e posto en liberdade sen cargos

Home de 46 anos, Comerciante
Veciñanza: Vilasobroso, Mondariz
IR, Natural de Portugal.

Inculpado en causa militar en Vigo.

Home de 43 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Segundo maquinista da Armada
Morto o 24 de agosto de 1936

Inculpado en causa militar, suspendéndose as actuacións por morte rexistrada a bordo do "Plus Ultra", en Ferrol, a causa de asfixia por aforcamento.

Home, Médico/a
Veciñanza: Cortegada
Republicano de esquerdas

Pasa varios anos na cadea.

Home de 45 anos, Canteiro/a
Veciñanza: Pereira, Entrimo

Inculpado en causa militar aberta na Coruña por auxilio á rebelión

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Ribeiriña, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Estivo preso en Xixón até o 11/01/1938. Previamente xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home
Veciñanza: Goiente-Sueiro, Culleredo

Home de 55 anos, Xornaleiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Conserxe na Casa do pobo

Inculpado en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción por responsabilidades civís

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de artillería
Morto o 19 de outubro de 1939

Detido na Escolleira do Arsenal de Ferrol, onde aparece morto colgado da súa celda

Home
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT

Detido e inculpado en causa militar na Coruña polo achádego de armas e explosivos no local da CNT.

Home de 39 anos, Funcionario/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Empregado do Concello

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento

Home de 33 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Sillobre, Fene (A Coruña)
Mestre de Mariñeiría

Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 20 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Barallobre, Fene (A Coruña)
Mariño da Armada con destino na Base da Graña

Inculpado en causa militar en Ferrol por traizón

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Boa, Noia (A Coruña)

Inculpado en Causa militar instruída en Compostela.

Home de 29 anos, Panadeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santa Susana, Santiago de Compostela (A Coruña)
Do Sindicato de panadeiros

Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento, pasando a disposición gobernativa

Home de 18 anos, Albanel
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela por ameazas e propaganda comunista co resultado de sobresemento.

Home de 24 anos, Carreteiro
Veciñanza: A Cañiza (Pontevedra)
Traballador na estrada de Curtis

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión, pasando a disposición gobernativa

Home, Chofer
Veciñanza: O Pino, O Pino

Inculpado na causa 608/37 de Compostela por rebelión. Atopábase na fronte de guerra.

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Ordes (A Coruña)
Veciñanza: Paradas, Ordes (A Coruña)

Inculpado en Causa militar instruída en Compostela

Home de 32 anos, Funcionario/a
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)
Recadador de cédulas

Detido e inculpado na causa 705/36 instruída en Compostela por rebelión, sendo revocado o auto de procesamento e posto en liberdade.

Home de 33 anos, Empregado/a
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Empregado da Compañía Telefónica

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento

Home de 31 anos, Labrego/a
Morto o 20 de decembro de 1937

Prisioneiro de guerra no Campo de Concentración de Rianxo, onde é rexistrada a súa morte a causa de parálise xeral

Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Loitou no exército republicano. Ao remate da guerra, detido en Lugo.

Home

Preso gobernativo no campo de concentración de Rianxo. En liberdade en setembro de 1939.

Home
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Detención no campo de concentración de Rianxo.

Home, Albanel
Natural da Almería
Morto o 19 de marzo de 1939

Prisioneiro de guerra no campo de concentración da Póboa do Caramiñal, onde ingresa procedente da fronte de Cataluña en febreiro de 1939. Morte rexistrada no campo de concentración a causa de uremia o 19-3-1939.

Home de 25 anos
Natural de Meaño (Pontevedra)
Veciñanza: Padrenda, Meaño (Pontevedra)

Preso no Campo de Concentración da Illa de San Simón.

Home de 29 anos, Xastre
Natural de Abegondo (A Coruña)
Veciñanza: Abegondo, Abegondo (A Coruña)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 41 anos, Bombeiro
Natural de Cambre (A Coruña)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 29 anos, Xastre
Natural de Abegondo (A Coruña)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)

Detención e a disposición do Xulgado Militar de Instrucción de Pontevedra

Home de 19 anos, Armador
Natural de Moeche (A Coruña)
Veciñanza: Moeche, Moeche (A Coruña)

Preso no campo de concentración da illa de San Simón.

Home, Mestre/a
Natural de A Cañiza (Pontevedra)
Veciñanza: Achas, A Cañiza (Pontevedra)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Póboa do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 45 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home
Veciñanza: Eirexalba, O Incio

Detido en 1939 acusado de agochar fuxidos, tras resultar mortos na súa casa a súa nai, Carmen Maceda Macía e os fuxidos Enrique de Vigo e Benigno Díaz González. Tamén foi detida a súa irmá Anuncia que resultou morta aos poucos meses.

Home de 18 anos, Calzador
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Galegos, Pantón

Ingresa en prisión o 15/06/1939 e sae o 04/08/1939 quedando a disposición do gobernador militar da praza.

Home de 27 anos, Xornaleiro
Natural de Lugo (Lugo)

Preso na Central de Celanova

Home, Pintor
Veciñanza: Lugo (Lugo)
PSOE, Directivo do PSOE

Detención sen procesamento xudicial.

Home, Mecánico
Veciñanza: Lugo (Lugo)
UGT, Directivo da UGT

Destención sen procesamento xudicial.

Home, Ebanista
Veciñanza: Lugo (Lugo)
UGT, Directivo da UGT

Detido sen procesamento xudicial.

Home, Estudante
Veciñanza: Lugo (Lugo)
IR, Directivo de IR

Detención sen procesamento xudicial.

Home, Labrego/a
Veciñanza: Portomarín
PSOE, Directivo do PSOE

Detención sen procesamento xudicial.

Home de 24 anos, Camareiro/a
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Monforte de Lemos (Lugo)
CNT, Directivo da CNT

Fuxido tras o golpe militar e detido dez meses despois. Ingresado no exército con recargo de catro anos de servizo.

A Navalla Suíza