Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 21 anos
Natural de Cambados (Pontevedra)
Veciñanza: Monforte de Lemos, Monforte de Lemos (Lugo)
Morto o 25 de marzo de 1937

Rexistrado morto en Monforte de Lemos a causa de hemorraxia traumática. Lugar de aparición do cadáver: Monforte de Lemos (inscripto catro meses despois)

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Fuxido e detido. Xulgado por rebelión en Compostela co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Molete-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 22 anos, Dependente
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu, Bueu (Pontevedra)

Fixo a guerra na zona republicana. Declarado inútil total por tuberculose avanzada. Xulgado en Málaga e absolto. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía

Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
JSU, Repartía "Mundo Obrero" e traballaba en Barreras en Vigo
Morto o 28 de agosto de 1936

Morte no Anguieiro-Cangas.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña, Moaña (Pontevedra)
CNT, Afiliado a "Solidaridad Marinera"

Morto no mes de decembro e o seu cadáver fondeado na ría de Vigo

Home de 27 anos
Natural de Trabada (Lugo)
Veciñanza: Sante-Trabada, Trabada (Lugo)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 26 anos
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Priegue, Nigrán (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Fixo a guerra na zona republican. Capturado polos sublevados e enviado a un batallón de traballadores.

Home de 25 anos, Fogoneiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Fixo a guerra na zona republicana. Fuxido. Xulgado en Guipúscoa por rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 37 anos, Mecánico
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Cee, Cee
IR, Comité Local de IR de Malpica. Encargado dos obradoiros da Empresa Guillén de Cee

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio.

Home de 17 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Emilia"

Fuxido na "Rocío". Carabineiro do Mar coa República. Capturado e nun campo en agosto do 1939. Batallón de traballadores 46. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida do "Rocío") prisión 6 anos e 1 día (1942). Indultado ese mesmo ano

Home, Mestre/a
Veciñanza: A Sagrada-Codeseda, A Estrada

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 60 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sampaio-Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 15 de xaneiro de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Inmediacións do cemiterio de Bembrive-Vigo

Home de 46 anos, Carabineiro
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Navarra. Brigada de Carabineiros
Morto o 18 de marzo de 1937

Xulgado en causa militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución en Vigo.

Home de 28 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Auxiliar mecanógrafo. Soldado

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sobresemento

Home de 31 anos, Labrego/a
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Redes-Ares, Ares (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia prisión 20 anos

Home de 24 anos, Xornaleiro/a
Natural de Rois (A Coruña)
Veciñanza: Padrón, Padrón
UGT

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home
Veciñanza: Escarabote, Boiro

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento

Home
Natural de Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 27 anos, Mestre/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Cudeiro, Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión militar co resultado de sobresemento.

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Leiro (Ourense)
Veciñanza: San Clodio, Leiro (Ourense)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Regaverde de Razamonde-Cenlle a causa de hemorraxia traumática.

Home de 28 anos, Mecánico
Natural de A Rúa (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 25 anos, Peón
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Cambre
Morto o 06 de febreiro de 1937

Executado en Oviedo

Home de 65 anos, Labrego
Morto o 18 de xuño de 1941

Morte na Illa de S. Simón por causas naturais.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)

Condeado a prisión.

Home, Catedrático/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Valladolid
IR, Catedrático no Instituto de Astorga. Concelleiro en Valladolid
Morto o 19 de setembro de 1936

Trasládase a Vigo para apoiar ao seu Irmán Luis na causa militar aberta contra este. Tras ser sobresido Luis, decide volver a Astorga. Detido e trasladado á prisión en León. Sacado da prisión e morto e desaparecido nun traslado, na estrada Astorga-León.

Home de 19 anos, Labrego
Natural de Miño (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 21-8-1940.

Home de 22 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)

Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 74 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Lizarra
Morto o 09 de maio de 1939

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte a causa de colapso cardíaco por nefrite

Home de 67 anos, Xornaleiro
Natural de Badaxoz
Morto o 28 de xuño de 1941

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada
PG

Fuxido a Francia, onde está internado no campo de concentración de Perpignan, despois marcha exiliado a México.

Home, Labrego/a
Veciñanza: Samos
Directivo do PARG

Detención sen procesamento xudicial.

Home, Labrego/a
Veciñanza: Pedrafita do Cebreiro
PSOE, Tenente-Alcalde en 1931.

Detención sen procesamento xudicial.

Home de 29 anos, Carabineiro
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Xixón

Xulgado en Asturias co resultado de 12 anos de prisión.

Home de 34 anos, Fogoneiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Hervás, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento provisional

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ das Ánimas nº 31 baixo, Ferrol (A Coruña)
Auxiliar Segundo de electricidade do C.A.S.T.A.

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 29 anos, Labrego
Morto o 19 de abril de 1940

Preso no campo de concentración de Camposancos, onde é rexistrada a súa morte a causa de insuficiencia cardíaca (tuberculose renal e pulmonar)

Home de 34 anos, Forxador
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 51 anos, Axente comercial
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Xixón
IR
Morto o 21 de xullo de 1939

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Morte rexistrada na prisión de El Coto-Xixón a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 27 anos, Labrego/a
Veciñanza: Santo Adrao de Veiga-Ortigueira, Ortigueira

Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do trozo de Ortigueira) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 26 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela-Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)

Tiña causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo de 1930 zona de Vigo) en Ferrol, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 51 anos, Labrego/a
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Seoane, Monforte de Lemos (Lugo)
Implicado na morte dun falanxista

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: Cela, Cervantes (Lugo)

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 22 anos, Militar
Natural de A Cañiza (Pontevedra)
Veciñanza: Guntín, A Cañiza (Pontevedra)
Mariño do Bou armado "Ciriza". Tamén barbeiro
Morto o 20 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no Arsenal.

Home de 41 anos, Carabineiro
Veciñanza: Tui
Natural de Ávila
Morto o 16 de setembro de 1936

Xulgado por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Morte rexistrada en Tui

Home de 24 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñeiría no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 28 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Cádiz. Sarxento de Infantaría de Mariña do Torpedeiro nº 2

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 27 anos, Camareiro marítimo
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Samieira, Poio (Pontevedra)
Tripulante do Buque Tanque "Campalans"

Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión menor 1 ano

Home de 24 anos, Fogoneiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Combateu no exército republicano. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 6 anos (1941).

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Samieira-Poio, Poio (Pontevedra)

Fixo a guerra na zona republicana. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sentencia prisión 10 anos e 1 día (1942 outubro). Condicional en novembro do mesmo ano.

A Navalla Suíza