Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo, Carnota (A Coruña)
Xulgado en Ferrol en varias causas militares por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol. Retorna a España e combate no exército republicano. Entrégase en Valencia e retómase o seu procesamento en Ferrol, co resultado de sentenza a 6 anos de prisión menor. A súa familia non volveu saber del, trasladándose a vaga idea da súa posible morte en Torrevieja-Alacante.
Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: A Cabreira-Mera-Serantes-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
CNT, Do Sindicato de mariñeiros de Mera
Fuxido a Francia nun vapor de pesca e declarado en rebeldía. Participa no exército republicano Detención na Coruña en 1939. Retómase o seu procesamento militar, sendo xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Home de 32 anos, Patrón de pesca
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: San Cosme-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
Tras negarse a participar nunha fuga en barco a Francia, volta a Galicia. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 1 mes de prisión.
Home de 31 anos
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
Morto o 09 de novembro de 1937
Fixo a guerra no exército republicano. Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte
Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Maianca-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
CNT
Fuxido a Francia nun vapor, sendo declarado en rebeldía. Servizo no exército republicano. Prisioneiro no Campo de concentración do mosteiro da Santa Espina-Valladolid. Retómase o seu procesamento militar, sendo xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Home
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Mera-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
Fuxe á zona republicana. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (instruida contra a tripulación do vapor de pesca "María Elena" fuxido a Francia) declarado fuxido e en rebeldía. Presentouse no 1958 e sobresemento definitivo
Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Combateu no exército republicano. Capturado, batallón de traballadores especializado, do que desertou en 1940. Capturado de novo, foi procesado. Tiña xa causa aberta en Ferrol por deserción. Resultado: prisión 12 anos, no 42 condiclonal e 49 indulto
Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro, integrado como voluntario nunha bandeira de Falanxe e, finalmente, castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol
Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Capturado, pasou por diversos campos de concentración e batallón de traballadores 65 no que se licencia en xullo de 1939. Foi decretado o sobresemento na causa militar aberta contra el
Home de 31 anos, Dependente
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Curro-Beira, Carral
Socio do Casino Republicano. Representante do SRI
Morto o 16 de agosto de 1936
Morte rexistrada en Hervés-Beira-Carral a causa de feridas de arma de fogo
Home de 33 anos, Mestre/a
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Sergude, Carral
Morto o 07 de decembro de 1940
Detención en Carral e 3 meses de prisión na Coruña en 1936. Dous anos de suspensión de emprego e soldo. Mobilización no exército franquista. Deserción e detención. Xulgado na Coruña por traizón á patria co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo da Rata.
Home de 24 anos, Xornaleiro
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Sueiro, Culleredo (A Coruña)
Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua
Home, Canteiro/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: Casal-Sésamo, Culleredo (A Coruña)
CNT, Fora concelleiro da ORGA
Tentativa de paseo. Agochado, despois capturado e salvado por un crego cando o levaban a matar.
Home de 29 anos, Labrego
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos
Home
Veciñanza: Laxe-Rutis-Culleredo, Culleredo (A Coruña)
Partido Radical, Concelleiro da ORGA e directivo de varias asociacións de Rutis-Culleredo
En prisión 2 veces
Home de 24 anos, Mecánico naval
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia
Fixo a guerra na zona republicana. Xulgado por rebelión militar (contra as tripulacións das parellas Rita II e III que intentaron destruír os barcos tras a caída da fronte do norte) sentencia cadea perpetua (05/39). Indulto do 45, xa en condicional
Home de 26 anos, Ferreiro/a
Natural de Dumbría ()
Veciñanza: Dumbría, Dumbría
Xulgado por deserción co resultado de declaración en rebeldía.
Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove, O Grove (Pontevedra)
Guerra no bando republicano. Campo de Concentración de Miranda de Ebro en Xaneiro de 1939. Causa aberta en Ferrol por rebelión (fuxida da embarcación "Nuevo Emden" en agosto do 37). Sentencia prisión 10 anos (12/40) conmutada por 6 en 02/41
Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo-Carnota, Carnota (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol e integrado no exército republicano. Ao remate da guerra pasa a Franza e ingresa no campo de refuxiados de Agde-Herault cunha ferida nunha perna. Semella que a resultas desta acabou morrendo de gangrena, xa que o contacto coa familia cesou bruscamente.
Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Dumbría ()
Veciñanza: Ézaro-Dumbría, Dumbría
Fuxido no Pindo-Carnota e logo saíu no pesqueiro "As" para a zona republicana. Ao finalizar a guerra, fuxe a Francia e logo exilio en Chile no Winnipeg. Causas abertas en Ferrol por deserción e pola desaparición do "As" declarado fuxido e en rebeldía