Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 23 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Soldado de Infantaría con destino na Coruña
Morto o 23 de novembro de 1936

Xulgado na Coruña por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 33 anos, Profesor universitario
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Catedrático de Fisioloxía na Facultade de Madicina

Separación definitiva do servizo e exilio en México.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cupedo-Ares, Ares (A Coruña)
Soldado de reemprazo no Servizo Militar.Escola Presidencial(Madrid)

Declarado en rebeldía en causa aberta en Ferrol, fuxido e servizo no exército republicano. Detido e preso en distintos campos de concentración. Xulgado en Madrid co resultado de sobresemento.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de mariñeiría

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo) co resultado de sobresemento

Home de 23 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Cabo electricista do "Cervera"
Morto o 05 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 19, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 35 anos, Carpinteiro
Natural de Cuenca
Morto o 27 de xullo de 1939

Prisioneiro de guerra procedente da fronte de Cataluña no campo de concentración da Póboa do Caramiñal, onde é rexistrada a súa morte a causa de epilepsia.

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Manduas, Silleda (Pontevedra)
PCE

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Prisión atenuada en outubro de 1940. Conmutación a 4 anos en abril de 1944.

Home de 32 anos, Mineiro
Natural de A Baña (A Coruña)
Veciñanza: A Baña (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua.

Home de 37 anos, Porteiro/a
Natural de Begonte (Lugo)
Veciñanza: Escairón, O Saviñao
UGT, Da sociedade de "Trabajadores de la Tierra"

Xulgado por rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Muller

Presa no cárcere de Saturrarán. A súa filla de 2 anos morre na cadea a causa de bronquite.

Home de 46 anos, Labrego/a
Natural de Monfero (A Coruña)
Veciñanza: Xestoso, Monfero (A Coruña)
Morto o 19 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Caamouco-Ares a causa de ferida de bala.

Home, Mestre/a
Veciñanza: A Ermida, Pazos de Borbén

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home
Morto o 09 de xuño de 1937

Ábrese causa militar ao xefe da Garda Cívica de Vilagarcía para esclarecer a súa morte. Tamén paseados Santiago Otero Pajares e Enrique Rial.

Home de 50 anos, Funcionario/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Garda de Arbitrios

Tras ser ferido con arma de fogo curta por un sarxento de Artillaría, é xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento provisional e posto en liberdade

Home

Preso gobernativo no Campo de Concentración de Rianxo. En liberdade en maio de 1939.

Home de 35 anos, Peón
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Do Sindicato de peóns

Inculpado en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción.

Home de 32 anos, Carpinteiro
Natural de San Sadurniño (A Coruña)
Veciñanza: Caranza, Ferrol (A Coruña)
Da Sociedade de carpinteros.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutada a cadea perpetua

Home de 22 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Fisterra, Fisterra
Mariño de reemprazo. Cabo de Mariñaría do "Cervera". Estudante de profesión

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutación por 6 anos e 1 día en febreiro do 40 e indulto en xuño do 1947

Home de 20 anos, Labrego/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Obreiro do Ferrocarril

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada na cadea no Penal de San Cristóbal.

Home
Veciñanza: Moaña, Moaña

Detención en agosto de 1936 por oposición ao "Movimiento Nacional". Incorporado a filas no exército "nacional". Deserta en Zaragoza en 1937.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Priegue, Nigrán

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: San Pedro de Mur-Porto do Son, Porto do Son

Causa instruída en Ferrol contra varios do distrito de Ribeira por suposta deserción. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentencia absolución e en liberdade. Parece que estivo preso en San Felipe entre 1943 e 1945

Home de 31 anos, Militar
Natural de Mañón (A Coruña)
Veciñanza: Santa María de Vares-Mañón, Mañón (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Segundo Radiotelegrafista do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia absolución

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Cervo (Lugo)
Veciñanza: Lieiro, Cervo (Lugo)
De servizo na Armada e fai a guerra co exército republicano

Detención en Cartaxena. Inculpado en Causa militar instruída en Ferrol e sobresida temporalmente

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro Preferente do "Jaime I"

Xulgado en Cádiz por auxilio á rebelión co resultado de sentencia absolución. Tiña Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo do trozo de Ferrol) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 35 anos, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 43 anos, Farmacéutico/a
Veciñanza: Tui (Pontevedra)

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Foxe a Lisboa, onde embarca para Franza. Requísanlle varias propiedades.Expediente por responsabilidades políticas co resultado de sanción de 500.000 ptas.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui (Pontevedra)
Mariño do Almirante Valdés

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (contra a tripulación do "Almirante Valdés") co resultado sentencia absolución. Buque prisión "Uruguay" batallón disciplinario

Home

Causa aberta en A Coruña por auxilio á rebelión (1937).

Home de 34 anos, Funcionario municipal
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Natural de León.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 46 anos, Axente comercial
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por reunión clandestina co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado de Orde Pública.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Hío, Cangas (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Detido nos primeiros días tralo golpe de Estado en Forcarei. Despois mobilizado pola forza co exército franquista.

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Seavia, Coristanco

Aberto expediente de depuración

Home de 31 anos, Labrego
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Macenda, Boiro (A Coruña)
Morto o 14 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Rianxo a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 36 anos, Garda de asalto
Natural de Dumbría ()
Veciñanza: Madrid
Morto o 16 de febreiro de 1942

Destinado a Valencia e Barcelona durante a Guerra. Foxe a Francia. Preso en Ludwigsburg. Deportado a Mauthausen en xuño do 1941, onde morre

Home de 24 anos, Músico
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión.

Home de 37 anos, Comerciante
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui (Pontevedra)

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 24 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Cartaxena
Mariño de Primeira do submariño B-6

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home
Veciñanza: Marín, Marín

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Fixo a guerra na zona republicana. Preso no campo de concentración da Magdalena, batallón de traballadores Bilbao.

Home de 18 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Aldán, Cangas (Pontevedra)
CNT, De "Solidaridad Marinera" de Aldán

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 34 anos, Comerciante
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)
Tenente alcalde de Bueu.
Morto o 26 de setembro de 1936

Morte en Pontesampaio por arma de fogo.

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de A Lama (Pontevedra)
Veciñanza: A Lama (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de multa de 1.500 ptas.

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Barbadás (Ourense)
Veciñanza: Sobrado do Bispo, Barbadás (Ourense)
Morto o 07 de marzo de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do Jaime I. Cabo de mariñeiría

Fuxido dende os primeiros días. Causa aberta en Ferro por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado en Ferrol en 1940 co resultado sentencia prisión 6 anos, indulto ese mesmo ano

Muller de 35 anos
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Vivía en Ares dous meses antes de trasladarse á Coruña e ser detida, A Coruña

Inculpada en causa militar en Ferrol sendo posta en liberdade

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo, Carnota (A Coruña)

Xulgado en Ferrol en varias causas militares por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol. Retorna a España e combate no exército republicano. Entrégase en Valencia e retómase o seu procesamento en Ferrol, co resultado de sentenza a 6 anos de prisión menor. A súa familia non volveu saber del, trasladándose a vaga idea da súa posible morte en Torrevieja-Alacante.

Home
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 19 anos, Labrego/a
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Moreira, Ponteareas (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 27 anos
Natural de Taboadela (Ourense)

Preso nos campos de exterminio de Trier XII-D, Mauthausen e Gusen.

A Navalla Suíza