Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 44 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Oficial 1º da C.A.S.T.A

Causa aberta en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 6 anos (1940). Liberdade condicional e indulto no 1948. Pérdida de emprego

Home de 27 anos, Metalúrxico
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: r/ Angustia 17, Santiago de Compostela (A Coruña)
Traballador nos talleres da empresa de transportes Castromil. Vicepresidente do Sindicato de Metalúrxicos

Inculpado en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción por responsabilidades civís

Home de 50 anos, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña, A Gudiña (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 19 anos, Estudante
Natural de Barbadás (Ourense)
Veciñanza: Sobrado do Bispo, Barbadás (Ourense)
Morto o 13 de decembro de 1936

Morte rexistrada no Cuarto de Socorro de Ourense a causa de hemorraxia interna por disparo.

Home de 29 anos, Xornaleiro/a
Natural de Mesía (A Coruña)
Veciñanza: Curtis, Curtis

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 25 anos
Natural de Betanzos (A Coruña)
Morto o 28 de outubro de 1942

Executado no Cementerio del Este-Madrid

Home de 39 anos, Xornaleiro
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
CNT, Traballador da construcción naval. Do Sindicato da industria naval
Morto o 15 de agosto de 1936

Pasado polas armas en Ferrol sen xuízo xunta ao seu fillo e cuñado.

Home de 32 anos, Zapateiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Mesoiro-Ouces-Bergondo, Bergondo

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 20 anos

Home
Veciñanza: Culleredo, Culleredo

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 3 anos

Home de 61 anos, Panadeiro/a
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: Baiona

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 44 anos, Mariñeiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)

Fuxido a Dijon-Franza. Detido no campo de concentración Miguel de Unamuno (Madrid), preséntase na Coruña. Xulgado por rebelión militar en Ferrol co resultado de sobresemento.

Home de 39 anos, Xornaleiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Obreiro da construcción naval
Morto o 03 de outubro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 40 anos, Patrón de costa
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Os Anxos, Ares (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 29 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Cádiz co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares (A Coruña)

Fuxido no bou "Ramón" a Francia en xullo do 39. Procesado na causa 2134/1939 aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida do bou "Ramón). Declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do "España"

Xulgado en Ferrol por facer manifestacións en contra da disciplina co resultado de sobresemento definitivo en 24 de agosto do 36

Home de 39 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Oficial 2º do acoirazado España
Morto o 17 de agosto de 1936

Morte en Ferrol por disparos da "Fuerza Pública" nun traslado.

Home de 37 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo Fogoneiro do Destrutor "Velasco"

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Foxe a Francia e logo exilio en Chile. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Indulto en abril do 1962

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñaría do "Jaime I"

Fixo a guerra na armada republicana. Preso en Cartagena ao finalizar a guerra. En 1940 sentenciado a prisión 6 anos e 1 día. Tiña causa en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía

Home, Vixiante de pesca
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume
Morto o 25 de xullo de 1936

Execución en aplicación do Bando de Guerra en Ombre-Pontedeume

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cobas-Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 29 anos, Limpabotas
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Atocha Alta, A Coruña (A Coruña)
CNT

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 12-7-1940.

Home de 58 anos, Carpinteiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Doniños-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
UGT, Obreiro militarizado da Constructora Naval, Ferrol

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (contra un obreiro militarizado da constructora naval por facer declaracións contrarias ao "Movemento Nacional") co resultado sentencia prisión 20 anos (1938). Conmutada por oito anos e condicional en 08/40

Home de 24 anos, Dependente
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Avda. de Rubine nº 22, A Coruña (A Coruña)
Mariño de remprazo no "Jaime I"

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 41 anos, Labrego
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Ribadumia, Ribadumia (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 11-9-1940.

Home de 29 anos, Ebanista
Natural de Cambados (Pontevedra)
Veciñanza: Cambados, Cambados (Pontevedra)
IR, Tenente alcalde de Cambados

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 09-05-1940.

Home de 47 anos, Labrego/a
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Ribadumia, Ribadumia (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 11-9-1940.

Home de 36 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Doniños-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de Mariñeiría no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home, Industrial
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Propietario dunha tenda en Neda
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte no cemiterio de s Xiao-Naón.

Home de 30 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
Fogoneiro do "Baleares"
Morto o 17 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no Arsenal.

Home de 27 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilaxoan, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Fixo a guerra no exército republicano. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo

Home de 40 anos, Obreiro naval
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Socialista, Modelista da Construtora Naval

Fuxido. Retorna de Alemaña en 1945. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 31 anos, Militar
Veciñanza: Oficialmente de San Sebastián, Ferrol (A Coruña)
Natural de Cádiz. Tenente de Navío. Afiliado á Loxia Masónica "Igualdad" nº53 de San Fernando-Cádiz

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos

Home de 21 anos
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Asturias. Mariño de reemprazo

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido

Home de 71 anos, Labrego/a
Veciñanza: Zaragoza
Morto o 24 de agosto de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de síncope cardíaco

Home de 67 anos, Xornaleiro
Natural de Cidade Real
Morto o 06 de abril de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Industria Pesquera "El Despertar Marítimo"

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Industria Pesquera "El Despertar Marítimo"

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia absolución

Home de 68 anos, Xornaleiro
Morto o 15 de maio de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/ Vera, 7-baixo, A Coruña (A Coruña)

Inculpado en causa militar na Coruña por rebelión.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Xulgado por rebelión militar (subtracción da motora "María del Carmen") co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 22 anos, Mariño
Veciñanza: Camargo
Mariño de Primeira do gardapescas "Maquinista Macías"
Morto o 26 de novembro de 1936

Xulgado na Base Naval de Ríos en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executada na Base Naval de Ríos-Vigo

Home de 35 anos, Xornaleiro
Natural de Zamora
Morto o 23 de xullo de 1936

Morte rexistrada nas proximidades de Chantada a causa de conxestión cerebral

Home de 19 anos
Natural de Valdoviño (A Coruña)
Veciñanza: Vilaboa-Valdoviño, Valdoviño (A Coruña)

Preso en Estrasburgo. Deportado a Mauthausen en decembro de 1940. Trasladado a Gusen en outubro do 1941e a Sachsenhausen en outubro do 1942. Liberado. Sobrevivinte

Home de 40 anos, Labrego
Veciñanza: Alcora
Morto o 18 de decembro de 1942

Expedientado en Castellón por responsabilidades políticas. Morte en prisión en Compostela.

Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Carballeda de Avia (Ourense)
Veciñanza: Beiro, Carballeda de Avia (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de absolución. Causa militar de 1937.

Home de 55 anos, Mariñeiro
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Murcia. De "El Despertar Marítimo" da Coruña

Fuxido. Dettención e ingreso no campo de concentración de Mallorca. Xulgado en Ferrol co resultado de absolución

Home de 65 anos, Labrego
Natural de Castellón
Morto o 17 de agosto de 1940

Morte na Illa do Lazareto ou s Simón

A Navalla Suíza