Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 24 de setembro de 1941

Fixo a guerra na zona republicana. Preso en Trier, deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941, trasladado a Gusen en febreiro dese ano e morto en Hartheim.

Home de 35 anos, Labrego
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Mera, Ortigueira (A Coruña)
Labrego e músico

Inculpado en Causa militar instruída en Ferrol co resultado de posta en liberdade

Home de 39 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ponteceso (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 35 anos, Xornaleiro
Natural de Salceda de Caselas (Pontevedra)

Xulgado en León por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión militar, sendo revogado o procesamento e posto en liberdade.

Home
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento

Home, Chofer
Veciñanza: Santiago de Compostela
Chofer do banqueiro Olimpio Pérez

Ao ser sogro de Marcial Villamor, ao que están buscando, é detido e sacado de casa en roupa interior. Sen embargo será inmediatamente posto en liberdade pola mediación do seu xefe Olimpio Pérez.

Home de 23 anos, Albanel
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui (Pontevedra)
Morto o 26 de abril de 1941

Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Escapa estando "en capilla" e finalmente será executado.

Home de 29 anos
Natural de Ortigueira (A Coruña)

Preso en Salzburgo (Wehrkreis). Deportado a Mauthausen en setembro do 1941. Liberado en maio do 1945. Sobrevivinte

Home de 25 anos, Electricista
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos e extinción da pena o 29-01-1940.

Home, Fogoneiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Burgo-Culleredo, Culleredo (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Culleredo (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro, Viveiro (Lugo)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 41 anos, Mineiro
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Fontán-Negreira, Negreira (A Coruña)
CNT, Traballa nas minas de Lousame. Contador do Sindicato de Oficios Varios de Lousame.
Morto o 21 de maio de 1937

Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executada no Cemiterio de Boisaca-Santiago de Compostela

Home de 24 anos, Peón
Veciñanza: Trubia
Natural de Chile
Morto o 07 de marzo de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña, ás 6.

Home de 47 anos, Ferroviario
Veciñanza: Trubia
Compañía do Norte
Morto o 08 de novembro de 1937

Rexistrado en Monfero como morto a causa de disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Alto do Xestoso-Monfero

Home de 37 anos, Labrego
Natural de Aranga (A Coruña)
Veciñanza: Fervenzas-Aranga, Aranga (A Coruña)

Xulgado en A Coruña co resultado sobresemento

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñaría do "Cañonero Laya"

Fixo a guerra na armada republicana. Xulgado en Cartaxena por adhesión á rebelión despois da guerra e prisión 6 anos.

Home de 52 anos, Industrial
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Becerreá
PSOE, Propietario dun bodegón. Fundador e presidente da agrupación socialista.

Declarado en rebeldía e fuxido. en 1940 retómase o proceso, sendo xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home
Veciñanza: Ézaro, Dumbría

Fuxido no Monte do Pindo-Carnota, onde desaparece sen volverse saber máis del.

Home, Médico/a
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Detido o 27-8-1936 por gardas civís e falanxistas. Preso en Vigo, sofre ameazas de ser paseado e a extorsión do Inspector de Prisións.

Home de 60 anos, Camareiro/a
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Rúa Príncipe, 26-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de decembro de 1936

Preso e morto en San Simón. Rexistrado morto en Vigo a causa de uremia por cardiopatía

Home de 18 anos, Pintor
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Cervo (Lugo)
Veciñanza: s Cibrao, Cervo (Lugo)

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Pantón (Lugo)
Veciñanza: Vilamelle, Pantón (Lugo)
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte, tras ser apresado pola Falange, nun monte en Piñeiras-Monforte.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Monfero (A Coruña)
Veciñanza: Piñeiro-Vilachá-Monfero, Monfero (A Coruña)
Morto o 20 de novembro de 1937

Rexistrado en Monfero morto a causa de ferida de bala. Lugar de aparición do cadáver: o seu domicilio (Piñeiro-Vilachá-Monfero)

Home de 30 anos
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Fuxido a Francia, campo de refuxiados de Beziers en agosto do 1939. Embarca no Winnipeg ao exilio en Chile. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián") declarado fuxido e en rebeldía

Home de 25 anos
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

A Causa indica que pertencía á brigada "Flechas Negras" e desertó en Lucena del Cid. Fuxe a Francia e logo exilio en Perú. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián") declarado fuxido e en rebeldía

Home de 46 anos, Labrego
Natural de Triacastela (Lugo)
Veciñanza: Arxileiro-Alfoz, Triacastela (Lugo)
Morto o 16 de agosto de 1938

Morte rexistrada en Arxileiro de Arriba-Alfoz-Triacastela a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 52 anos
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: Sabadelle, O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Morto o 29 de xaneiro de 1937

Morte rexistrada na estrada do Rodicio-Maceda a causa de contusión cerebral por disparo.

Home
Veciñanza: Pedercanai, Barro (Pontevedra)

Fuxido e integrado no exército republicano. Tras a guerra vai a Francia e e ingresado nun campo. Finalmente exilio en Arxentina. A súa fuxida provoca adetención do seu pai e da súa irmá

Home de 53 anos, Empregado/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Inferniño 98-2º, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento. Alégase que é un demente. Psicosis amnésica de natureza alcohólica. Ingresa en Conxo.

Home de 24 anos, Xornaleiro/a
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: O Couto, Noia (A Coruña)
CNT

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 33 anos, Labrego/a
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)
Veciñanza: Caldas de Reis (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.

Home de 37 anos, Follalateiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Vocal do Sindicato de follalateiros

Xulgado en Vigo por tenencia de armas co resultado de sobresemento provisional.

Home de 50 anos, Labrego/a
Natural de Barro (Pontevedra)
Veciñanza: Barro (Pontevedra)
Alcalde de Barro

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home, Mestre/a
Natural de Xermade (Lugo)
Veciñanza: Xermade, Xermade (Lugo)

Preso gobernativo en varios campos de concentración de todo o Estado dende agosto de 1938 até o 15-6-1940.

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás-Ares, Ares (A Coruña)

Causa instruída en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" fuxidos a Francia) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Home, Industrial
Veciñanza: O Corgo
PSOE, Agrarista e concelleiro

Detención sen procesamento xudicial.

Home de 53 anos, Labrego
Natural de Coirós (A Coruña)
Veciñanza: Ois-Coirós, Coirós (A Coruña)

Xulgado en A Coruña co resultado sobresemento

Home de 19 anos, Canteiro/a
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Xinzo, Ponteareas (Pontevedra)
Morto o 05 de setembro de 1936

Morte rexistrada nunha canteira no Atallo-Reboreda-Redondela a causa de feridas producidas por arma de fogo.

Home

Inculpado en Causa militar instruída en Ferrol

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Paradela (Lugo)
Morto o 07 de abril de 1941

Xulgado en Lugo por sedición co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na cadea a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 30 anos, Empregado/a
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Carballo, Carballo (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia pena de morte. Conmutación por prisión 15 anos

Home, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
CNT e PCE, Obreiro do Ferrocarril. Directivo da CNT de Vilavella

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido, finalmente vai resultar morto.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei
Loita no BON "Galicia"

Procesado trala caida da fronte de Asturias.

Home
Veciñanza: Asilo Municipal, A Coruña (A Coruña)
Morto o 22 de xullo de 1936

Neno do Asilo Municipal. Morte rexistrada a causa shock traumático, producida en enfrontamentos a raíz do Golpe militar na Coruña.

Home, Funcionario/a
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Escribinte no Hospital da Base Naval de Ferrol

Inculpado en causa militar en Ferrol. Sobresemento da causa e separación do servizo.

A Navalla Suíza