Home de 39 anos, Garda municipal
Natural de Monterroso (Lugo)
Veciñanza: Xixón
Xulgado en Asturias co resultado de absolución.
Home, Industrial
Natural de Verín (Ourense)
Veciñanza: Verín (Ourense)
Familia rexenta o Hotel Aurora
Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Portugal
Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fai a guerra no bando republicano, preso no campo de concentración de Rota, destinado ao batallón de traballadores 131 e sobresemento na causa aberta en Ferrol.
Home de 37 anos, Canteiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sabarís, Baiona
Membro da Soc. Agraria "La Reconquista" da Ramallosa e vocal do comité local Pro Autonomía
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Home de 27 anos, Xastre
Veciñanza: Arcos, Ponteareas
PSOE e UGT, Natural de Portugal. Alcalde. Afiliado á Sociedade de Oficios Varios
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa. O seu irmán Ricardo foi executado.
Home de 20 anos, Ferreiro/a
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro, Boiro (A Coruña)
JJ.SS., Secretario das Xuventudes Socialistas de Boiro.
Fuxido na motora "San Jose nº2", xunto con outros 18 republicanos da ría de Arousa, o 26 de xullo do 36. Arribaron a Leixões e a Tarragona co obxecto de incorporarse á zona roxa. Foi procesado en causa xudicial aberta en Ferrol (4267/1938). Declarado fuxido e en rebeldía.
Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: Vilariño, O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Xulgado en Ourense en causa aberta por averiguación de conduta co resultado de sobresemento e posta a disposición gobernativa.
Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) declarado fuxido e en rebeldía.
Home de 27 anos, Canteiro/a
Natural de Lousame (A Coruña)
Veciñanza: Soutorredondo, Lousame (A Coruña)
Tamén picapedreiro
Xulgado en A Coruña por tenencia ilícita de armas (tenencia de explosivos) co resultado sobresemento
Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Bilbao
Leva residindo en Bilbao dende 1932 (antes veciño de Hío-Cangas).
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Preso, campo de concentración en Lleida e Batallón de traballadores 178.
Muller de 25 anos, Labrego/a
Natural de Paderne de Allariz (Ourense)
Veciñanza: Cantoña-Paderne de Allariz, Paderne de Allariz (Ourense)
Xulgada en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia absolución. Causa de 1936
Home de 29 anos, Peixeiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bembribe, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución.
Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Combarro-Poio, Poio (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Mariñeiros de Combarro
Fuxido á zona republicana. Ao rematar a guerra, preso en diversos campos. Liberado sen proceso e cun salvoconducto. Causa instruída en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas do distrito de Sanxenxo). Declarado fuxido e en rebeldía
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilaxoan, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 11 de novembro de 1938
Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Desaparecido do seu domicilio dende os primeiros días, será atopado e abatido en enfrontamento. Rexistrado morto en Vilanova de Arousa a causa de "Acción de guerra". Lugar de aparición do cadáver: Caleiro-Vilanova de Arousa.
Home de 39 anos, Barrenador
Natural de Ponte Caldelas (Pontevedra)
Veciñanza: Mieres
Xulgado en Asturias co resultado de sobresemento provisional
Home de 33 anos, Xornaleiro
Natural de Ribas de Sil (Lugo)
Veciñanza: s Clodio, Ribas de Sil (Lugo)
Xulgado por rebelión co resultado de absolución.
Home de 36 anos, Maquinista
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Canedo, Ourense (Ourense)
Maquinista do ferrocarril
Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sobresemento.
Home de 27 anos, Patrón de costa
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia
Xulgado en Ferrol por deserción. Fixo a guerra no exército republicano. Prisioneiro e castigo nun Batallón de Traballadores en Teruel.
Home de 37 anos, Mecánico
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Fene, Fene
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia absolución
Home de 28 anos, Ferreiro/a
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Buriz, Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.
Home, Labrego/a
Natural de Vilardevós (Ourense)
Veciñanza: Osoño-A Veiga das Meás, Vilardevós (Ourense)
CNT
Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Portugal e logo, en barco, a Tarragona ou Francia.