Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 22 anos, Dependente
Veciñanza: r/ Fuenterrabía nº 49-Irún
Natural de Francia
Morto o 21 de decembro de 1940

Combate na Armada republicana. Confinado en Francia decide regresar a España. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Punta do Martelo do Arsenal

Home de 28 anos
Natural de As Nogais (Lugo)
Morto o 13 de setembro de 1944

Preso nos campos de exterminio de Hohenstein I-B, Mauthausen e Gusen. Morte rexistrada en Mauthausen.

Home de 22 anos, Obreiro/a
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Cabanas (A Coruña)

Forma parte dunha partida de fuxidos durante o período da Guerra. Posteriormente entrégase e ingresado en prisión.

Home de 25 anos, Carpinteiro
Natural de Pontecesures (Pontevedra)
Veciñanza: Pontecesures (Pontevedra)
Servizo na Armada e fai a guerra no exército republicano

Detención en Cartaxena. Inculpado en Causa militar instruída en Ferrol e sobresida temporalmente

Home de 37 anos, Carpinteiro
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Boimorto (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento

Home, Albanel
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
CNT e PCE, Tenente do BON 219
Morto o 30 de novembro de 1937

Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Barbadás (Ourense)
Veciñanza: Sobrado do Bispo, Barbadás (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua.

Home de 70 anos, Labrego/a
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Boimorto (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento

Home de 29 anos, Dependente
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Torreiro, 24 3º-A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 6 anos e 1 día. Ingresa na Prisión da Coruña en maio do 1937 e sae en xuño do 1940

Home de 23 anos, Electricista
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Oviedo

Xulgado en Asturias co resultado de sobresemento provisorio.

Home
Natural de Leiro (Ourense)

Xulgado en Ourense por excitación á rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición gobernativa. Preso gobernativo no Campo de Concentración de Rianxo.

Home de 39 anos, Militar
Veciñanza: Verín, Verín

Xulgado en Ourense co resultado de separación do servizo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Cabanán-Cariño, Cariño
UGT, Mestre de Cabanán-Ortigueira (hoxe Cariño)

Acusado de practicar espiritismo. Separado do servizo definitivamente e baixa no escalafón en 1940

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño. Contramestre de Radio

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de declaración en rebeldía e fuxido. Revogado o auto de procesamento e queda a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 32 anos
Natural de Monterrei (Ourense)
PCE

Preso nos campos de exterminio de Trier XII-D,Mauthausen e Sankt Lambrecht. Liberado de Mauthausen o 5-5-1945.

Home de 31 anos
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Bandeira, Silleda (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción de pena o 21-06-1940.

Home de 36 anos, Militar
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Mariño. Oficial 3º Radiotelegrafista. Subsecretario de Mariña e Aire no Goberno Republicano

A primeiros de febreiro do 39 exiliouse por Port Bou. Varios meses ingresado no campo de Argeles-sur-mer e logo en Marsella. En 1941 exilio americano: México.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Samieira-Poio, Poio (Pontevedra)

Xulgado en Cartagena e sentenciado a prisión 3 anos. Previamente causa aberta en Ferrol por deserción na que fora declarado fuxido e en rebeldía

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Teinogueira-Samieira, Poio (Pontevedra)

Fuxido. Loitou no exército republicano. Prisioneiro de guerra e integrado no batallon de traballadores 129. En 1938 entra en prisión en Pontevedra. Retómase o seu proceso. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento

Home de 54 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Castellón
Morto o 19 de febreiro de 1941

Consello de Guerra en Castellón e condena a 20 anos Ingreso en Camposancos e morte por causas ntaurais.

Home
Morto o 18 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia cerebral. Aparición do cadáver no distrito coruñés.

Home de 27 anos, Zapateiro
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: O Portazgo, Culleredo (A Coruña)
Morto o 09 de outubro de 1937

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte.

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño enfermeiro

Inculpado en causa militar en Ferrol. Sobresemento da causa e separación do servizo.

Home de 27 anos, Xornaleiro
Natural de Folgoso do Courel (Lugo)
Veciñanza: Folgoso do Courel (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión. Descoñecemos a sentenza.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: Arca, A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por inxurias co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 36 anos, Zapateiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento

Home de 38 anos, Chofer
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Arzúa

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión.

Home
Veciñanza: A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 40 anos, Practicante
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Cereixo, A Estrada (Pontevedra)
Practicante en barcos mercantes

Sorpréndelle o Gólpe embarcado e intégrase como voluntario no exército republicano. Ao final da guerra pasa a Francia, sendo confinado en diferentes campos de refuxiados e algun campo de traballo. Entra na Guerrilla e pasa a España o 19-02-1944. Detido e xulgado por rebelión militar en Zaragoza o 19-05-1945, co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 63 anos, Labrego
Morto o 03 de decembro de 1943

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 3-12-1943 por causas naturais.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Perlío, Fene (A Coruña)
Cabo de Mariñaría

Inculpado en causa militar en Ferrol e posto en liberdade sen cargos

Home de 25 anos, Mariñeiro
Veciñanza: En 1937, embarcado en vapor con base en Vigo (veciño de Vilaxoiosa), Vigo (Pontevedra)
Natural de Alacante.Do vapor "Segundo Weyler"

Fuxido á zona republicana, será xulgado en Albacete por adhesión a rebelión co resultado sentencia absolución. Tiña causa aberta en Vigo pola fuxida da tripulación do pesqueiro Segundo Weyler, na que fora declarado rebelde

Home, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 16 anos, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de absolución.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Oliveira-Teis, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 24 anos, Panadeiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Travesía Ceboleira-O Calvario-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 02 de abril de 1938

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e Morte "por disparos en colisión con la fuerza pública" nun monte en Becerreira-Cabral-Vigo.

Home de 34 anos, Albanel
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela, Redondela (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 07 de novembro de 1936

Morte rexistrada en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en A Concheira-Trasmañó, na estrada Redondela-Vigo.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela, Redondela (Pontevedra)

Inculpado en causa militar na Coruña, sendo posto en liberdade

Home de 63 anos, Xornaleiro
Morto o 03 de maio de 1941

Morte rexistrada na Illa de S. Simón.

Home de 26 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo de 1930 zona de Vigo), co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 31 anos, Obreiro do Ferrocarril
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Morto o 30 de xullo de 1936

Morte rexistrada en Vilavella-A Mezquita a causa de disparo de proxectil.

Home de 16 anos, Carpinteiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ San Carlos nº 34 -2º, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gobernativa

Home de 37 anos, Peón
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Socio de Germinal. Sindicato de Redeiros e antes do de peóns.
Morto o 09 de agosto de 1936

Rexistrado morto en A Coruña a causa de execución. Lugar de aparición do cadáver: A Coruña

Home de 48 anos, Electricista
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Santo Domingo-A Lonia, Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 18 anos, Carpinteiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: R/ Castrón Douro nº 44 -1º, Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Xixón
Fogoneiro do "Udondo"
Morto o 26 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home, Industrial
Veciñanza: Cospeito
UR, Directivo de UR

Detido sen procesamento xudicial.

Home, Garda de asalto
Veciñanza: Vilalba
PSOE, Concelleiro do PSOE

Morto violentamente en Asturias.

Home
Natural de Camariñas (A Coruña)
Veciñanza: Ponte do Porto, Camariñas (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Portugal, será entregado pola PIDE á Garda Civil. Morte rexistrada nas inmediacións do cemiterio da Guarda

A Navalla Suíza