Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Muller de 28 anos, Traballo na casa
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 19 de decembro de 1936

Xulgada en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 32 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
PCE, Axudante de clases prácticas na Cátedra de Patoloxía Xeral
Morto o 31 de decembro de 1936

Detido en Curtis, terra da súa muller, e xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela. A súa dona Isabel Ríos en prisión

Muller de 43 anos, Traballo na casa
Veciñanza: Louredo, Mos
Morto o 01 de xaneiro de 1937

Presa por non delatar ao seu home. Morte rexistrada a causa de "combate sostido coas forzas do exército". Lugar de aparición do cadáver: Budiño-Salceda de Caselas

Muller de 41 anos, Obreiro/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Trabanca, Badiña-Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Do sindicato de metalúrxicos
Morto o 16 de febreiro de 1937

Xulgada por rebelión pero se suspenden as actuacións. Morte nun monte de Vilagarcía ao incendiar a garda cívica a casa na que se agochaba en compaña doutras persoas fuxidas Rexistrado o suceso como "acción de guerra".

Muller de 54 anos, Labrego/a
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cabeiro-Redondela, Redondela (Pontevedra)
Morto o 16 de febreiro de 1937

Morte resistrada a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Alto da Encarnación na Estrada de Redondela a Vigo (Chapela-Redondela)

Muller de 48 anos, Traballo na casa
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouciña-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Morte no Cemiterio de Lavadores-Vigo rexistrada a causa de feridas por disparos de arma de fogo

Muller de 35 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 17 de marzo de 1937

Morte no Cemiterio de Lavadores-Vigo rexistrada a causa de feridas por disparos de arma de fogo

Muller de 26 anos, Labrego/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Trabanca Badiña-Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Morto o 19 de marzo de 1937

Torturada e fusilada en marzo do 1937 por agochar na súa casa a Urbano Tarrío. Rexistrada como executada por estar incursa nos bandos de guerra

Muller de 26 anos, Traballo na casa
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: Toural-Teis, Vigo (Pontevedra)
De confesionalidade evanxélica. Daba refuxio aos fuxidos
Morto o 11 de abril de 1937

Morte na Capela da Guía-Teis-Vigo rexistrada a causa de lesións por disparos de arma de fogo

Muller de 24 anos, Traballo na casa
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 23 de abril de 1937

Suicidio por disparo na tempa nunha situación de acoso e acurralamento no bou "Eva" rexistrando a morte coma consecuencia de ferida de bala

Muller de 26 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Tui
Morto o 24 de abril de 1937

Execución en Tui en cumprimento de sentenza

Muller de 53 anos, Traballo na casa
Morto o 28 de abril de 1937

Morte rexistrada no cárcere de Lugo a causa de colapso cardíaco

Muller de 21 anos, Traballo na casa
Natural de Nogueira de Ramuín (Ourense)
Veciñanza: A Carballeira-Nogueira de Ramuín, Nogueira de Ramuín (Ourense)
Morto o 21 de xuño de 1937

Morte rexistrada a causa de hemorraxia por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: hospital de Ourense

Muller de 24 anos
Natural de Amoeiro (Ourense)
Veciñanza: Bóveda, Amoeiro (Ourense)
Morto o 28 de xuño de 1937

Morte rexistrada a causa de 2 disparos na testa. Lugar de aparición do cadáver: estrada de Tamallanco a Amoeiro, en Vilamarín

Muller de 25 anos
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
Morto o 10 de xullo de 1937

Morte por disparos de arma de fogo ao asaltar os falanxistas o seu domicilio ao considerala enlace entre militantes anarquistas fuxidos

Muller de 45 anos, Traballo na casa
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
Morto o 10 de xullo de 1937

Morta na Coruña rexistrada a causa de feridas por arma de fogo

Muller de 22 anos, Traballo na casa
Natural de Vilamarín (Ourense)
Veciñanza: Reádegos-Vilamartín, Vilamarín (Ourense)
Morto o 07 de agosto de 1937

Morte rexistrada a causa de fractura da columna vertebral. Rexistrada en Ourense

Muller de 42 anos, Costureira
Natural de Castroverde (Lugo)
Veciñanza: Fato-Montecubeiro, Castroverde (Lugo)
Morto o 23 de agosto de 1937

Morte rexistrada a causa de "órdenes militares". Lugar de aparición do cadáver: Montecubeiro (Castroverde)

Muller de 24 anos, Traballo na casa
Natural de Castroverde (Lugo)
Veciñanza: Montecubeiro-Castroverde, Castroverde (Lugo)
Morto o 23 de agosto de 1937

Morte rexistrada a causa de "órdenes militares". Lugar de aparición do cadáver: Montecubeiro-Castroverde

Muller de 20 anos, Traballo na casa
Natural de Castroverde (Lugo)
Veciñanza: Maceda-Castroverde, Castroverde (Lugo)
Morto o 23 de agosto de 1937

Morte rexistrada a causa de "ordes militares". Lugar de aparición do cadáver: Montecubeiro-Castroverde

Muller
Morto o 15 de outubro de 1937

Morte rexistrada no Monte do Forriolo-Rairiz da Veiga a causa de hemorraxia cerebral e pulmonar.

Muller de 25 anos, Traballo na casa
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
Morto o 29 de outubro de 1937

Morte rexistrada a causa de destrozo cerebral por fusilamento. Lugar de aparición do cadáver: Lomba de Lamas (Xinzo de Limia)

Muller de 49 anos, Traballo na casa
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense-Ourense, Ourense (Ourense)
Morto o 29 de outubro de 1937

Morte rexistrada a causa de destrozo cerebral por fusilamento. Lugar de aparición do cadáver: Lomba de Lamas (Xinzo de Limia)

Muller de 27 anos
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
PCE
Morto o 27 de xaneiro de 1938

Xulgada en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executada no castelo de s Felipe-Ferrol.

Muller de 48 anos, Labrego/a
Natural de Lousame (A Coruña)
Veciñanza: Marselle-Vilacoba-Lousame, Lousame (A Coruña)
Morto o 24 de febreiro de 1938

Morte rexistrada a causa de feridas producidas por armas de fogo. Lugar de aparición do cadáver Monte coñecido como Cruz de Marselle (Lousame). Asasinada por agochar na casa ao mineiro Perfecto Vilas

Muller de 39 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Sisalde-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Morto o 21 de marzo de 1938

Morte rexistrada a causa de feridas producidas por arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Valdoviño

Muller de 40 anos, Vendedor de Xornais
Veciñanza: Rúa Abelardo Basanta 24, Monforte de Lemos
Natural de Asturias
Morto o 13 de maio de 1938

Xulgada en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución ás 6 horas nas tapias do cuartel de Lugo.

Muller de 21 anos
Natural de Ourense (Ourense)
Morto o 09 de agosto de 1938

Vítima da represión en León con resultado de morte

Muller de 72 anos, Traballo na casa
Natural de A Pobra do Brollón (Lugo)
Veciñanza: Eirexalba, O Incio
Morto o 12 de maio de 1939

Morte rexistrada en Eirexalba-O Incio a causa de hemorraxia sanguínea tras un tiroteo na súa casa na que se agochaban fuxidos. Un deles, Benigno Díaz González, resulta morto.

Muller de 55 anos, Traballo na casa
Veciñanza: Soulecín-Santigoso, O Barco de Valdeorras
Morto o 18 de outubro de 1939

Xulgada polas forzas da lexión e executada no Barco de Valdeorras

Muller de 26 anos
Morto o 21 de maio de 1941

Xulgada en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte no cárcere de Saturrarán por tuberculose

Home de 46 anos, Labrego
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Caraña de Abaixo, 23, Betanzos (A Coruña)
CNT
Morto o 16 de xaneiro de 1942

Fuxido durante a guerra. Xulgado na Coruña por rebelión, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Morte na cadea da Coruña. A súa muller, Carmen Romay Cortés, tamén condenada a prisión

A Navalla Suíza