Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 44 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Zaragoza
IR, Catedrático de Anatomía Descritiva na Universidade de Zaragoza. Concelleiro en Zaragoza

Agochado e fuxido nos primeiros intres do Golpe. Separación definitiva do servizo e exilio en Arxentina

Home de 60 anos, Mestre/a
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada, A Estrada (Pontevedra)
IR, Escritor e Xornalista

Sacado da casa onda o seu fillo David en 1936, obrigado a inxerir aceite de ricino e a cantar o "Cara al sol". Multado con 20000 pesetas e depurado en 1940

Home, Avogado
Natural de Meira (Lugo)
Veciñanza: Lugo, Lugo
IR, Presidente da Federación Provincial Agraria de Lugo

Detido. Bastantes meses despois de quedar en liberdade prodúcese a súa morte

Home de 37 anos, Cobrador/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.

José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.

Home de 44 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
IR, Deputado nas últimas cortes antes da Guerra

Xulgado en Ferrol por traizón (causa pola fuxida do "Conchita") co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido

Home de 36 anos, Practicante
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol-R/Campón,8, Ferrol (A Coruña)
IR, Director de "Renovación"

Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída contra o persoal do semanario "Renovación") co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Preséntase en novembro do 1945 e condeado a prisión 20 anos por rebelión militar. Indultado 10/46

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica de Bergantiños (A Coruña)
IR, Comité Local de IR de Malpica. Sindicato de Obreros y Profesiones Varias

Foxe a Francia na lancha de motor do "Ciudad de Montevideo" en xuño do 1937. Pasa a Barcelona, ao remate da guerra en Argeles-Francia. Marcha a Chile no Winnipeg e logo a Perú. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 41 anos, Motorista
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
IR, Comité Local de IR de Malpica.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 33 anos, Maquinista naval
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
IR

Xulgado en Ferrol por adhesión a rebelión co resultado sobresemento provisional e queda a disposición da autoridade gobernativa

Home, Funcionario/a
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
IR, Inspector de Buques

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo sobresidas as actuacións

Home de 28 anos, Empregado/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
IR

Estivo agochado até 1947. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Xulgado e sentenciado a prisión 3 anos, aplicado indulto do 1939

Home de 37 anos, Mecánico
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Cee, Cee
IR, Comité Local de IR de Malpica. Encargado dos obradoiros da Empresa Guillén de Cee

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio.

Home de 71 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
IR, Comité Local de IR de Malpica

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián") co resultado de sobresemento provisional

Home de 31 anos, Funcionario municipal
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica de Bergantiños (A Coruña)
IR, Auxiliar do secretario do xulgado. Contador do Pósito. Presidente de IR de Malpica.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido en 1938 a Francia. Ingresado no Campo de Argeles. Marcha a Chile no Winnipeg, onde vive como exiliado. Morte no 2010 en Tamuco-Chile aos 102 anos.

Home de 40 anos, Mestre/a
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
IR, Alcalde de Malpica de xaneiro-abril 1936

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián") declarado fuxido e en rebeldía. Sobresemento definiitivo en novembro do 1944

Home de 30 anos, Mestre/a
Veciñanza: Arzúa, Arzúa
IR, Mestre de Santa María-Lugar de Fonxe-Arzúa. Concelleiro de Arzúa en 1936

Fuxido dende os primeiros días da sublevación. Depurado como mestre. En 1940 vive na Coruña e será restituido, destinado en León. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida a Francia do bou "Tiburón") declarado fuxido e en rebeldía

Home de 48 anos, Industrial
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
IR, Deputado a Cortes

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e multado con 10 millóns de pesetas. Exilio en Arxentina.

Home de 30 anos
Natural de Vimianzo (A Coruña)
Veciñanza: Vimianzo, Vimianzo (A Coruña)
IR, Alcalde de Vimianzo

Agochado preto da súa casa até que se entrega en 1950. Reábrese o proceso, xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a 15 anos de prisión, sendo inmediatamente indultado.

Home de 36 anos, Médico/a
Natural de Ponte Caldelas (Pontevedra)
Veciñanza: Hío, Cangas
IR, Fundador e presidente de IR en Cangas

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. En 1941, ábreselle expediente por responsabilidades políticas con sanción de 250 ptas.

Home de 38 anos, Avogado
Natural de Mondoñedo (Lugo)
Veciñanza: Mondoñedo (Lugo)
IR, Presidente da Deputación de Lugo 1932, Gobernador Civil da Coruña 1936

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua

Home de 40 anos, Avogado
Natural de Mondoñedo (Lugo)
Veciñanza: R/Holandillas, Mondoñedo (Lugo)
IR, Fora Compromisario para a elección do Presidente da República

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión (causa de 1937) co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Home de 27 anos
Natural de Mondoñedo (Lugo)
Veciñanza: Mondoñedo (Lugo)
IR

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. O seu irmán José tamén condeado

Home, Perito agrícola
Natural de Pol (Lugo)
Veciñanza: Mondoñedo, Mondoñedo (Lugo)
IR, Alcalde de Mondoñedo

Detido en agosto do 1936. Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión (causa de 1937) co resultado de sentenza a 6 anos e 1 día de prisión.

Home de 58 anos, Labrego/a
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: O Burgo, Culleredo
IR, Alcalde

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento. Exiliado á Arxentina.

Home de 46 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
IR, Capataz de monturas a flote. Concelleiro

Desterrado a Betanzos no outono do 36. Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional

Home de 29 anos, Carpinteiro
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)
IR, Secretario da Sociedad Obrera de Negreira

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 30 anos, Carpinteiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)
IR, Directivo de IR

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua

Home de 57 anos, Labrego
Natural de Zas (A Coruña)
Veciñanza: Zas, Zas (A Coruña)
IR, Concelleiro

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 36 anos, Albanel
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira (A Coruña)
IR

Estivo agochado un tempo. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Ingresa na cárcere de Santiago en xaneiro de 1941. En 1946 trasladado á Prisión de El Dueso

Home de 28 anos, Xastre
Natural de Lousame (A Coruña)
Veciñanza: Ons, Brión
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 40 anos, Mestre/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 31 anos, Zapateiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Negreira (A Coruña)
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Tras permanecer no territorio republicano, en 1939 entrégase en Torrebaja. É ingresado no campo de prisioneiros de Zaragoza. Retómase a súa causa een Compostela sendo condeado a 14 anos e 8 meses.

Home de 39 anos, Comerciante
Natural de Lousame (A Coruña)
Veciñanza: Noia (A Coruña)
IR, Alcalde

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Atópase en Bilbao.

Home de 35 anos, Canteiro/a
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Roo, Noia (A Coruña)
IR, Concelleiro

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 49 anos, Avogado
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de absolución.

Home de 32 anos, Carpinteiro
Natural de Zas (A Coruña)
Veciñanza: Baio, Zas (A Coruña)
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 47 anos, Industrial
Veciñanza: Zas, Zas (A Coruña)
IR, Natural de Madrid.

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 40 anos, Avogado
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Logrosa, Negreira (A Coruña)
IR, Avogado e procurador. Presidente de IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Agochado no Pazo de Cotón-Negreira. Despois marcha a México e Venezuela. A súa muller, Agustina Elena Suárez Suárez, tamén procesada

Home de 30 anos, Comerciante
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña (Ourense)
IR, Alcalde

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Loita no exército republicano. Ao remate da guerra exiliado en Chile.

Home de 52 anos, Médico/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
IR

Xulgado en Ourense por excitación á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas
IR, Mestre no Pósito de mariñeiros de Cangas

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Preso na Illa de San Simón e nun campo de refuxiados en Franza. Exíliase en México.

Home, Funcionario municipal
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Tesoureiro do Concello e Concelleiro

Prisión durante 4 anos a partir de 1941.Salvara de ser asasinado.Agochado e fuxido a Cuba e Estados Unidos de América, de onde volta coas Brigadas Internacionais.Ao remate da guerra no Campo de concentración de Argelès.Fuxido de novo e deportado.

Home, Comerciante
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Castro, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Presidente de IR .Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro

Fuxido no monte, marcha a Cuba e logo Bos Aires a través de Vilagarcía. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.

Home de 33 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)
IR

Detención durante 48 horas en Negreira. Recibe malleiras. Sancionado co pagamento dunha multa de 1.500 pesetas.

Home
Veciñanza: Negreira (A Coruña)
IR

Detido 24 horas e multa de 50 ptas.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Negreira (A Coruña)
IR

Agochado na casa dun veciño. Marcha a México.

Home de 50 anos, Comerciante
Veciñanza: Arzúa
IR, Alcalde

Xulgado en Compostela por rebelión en proceso incoado o 25-8-1936 co resultado de declaración en rebeldía. Paseado en Compostela a finais de agosto ou principios de setembro de 1936. A súa familia queda sen licenza para comercializar apeiros.

Home, Comerciante
Veciñanza: Arzúa, Arzúa
IR, Primeiro Tenente de Alcalde

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de absolución. Sancionado co embargo do seu comercio de tecidos.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Rendal, Arzúa
IR, Concelleiro

Suspensión de emprego e soldo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Brandeso, Arzúa
IR, Concelleiro

Suspensión de emprego e soldo.

A Navalla Suíza