Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
Afiliado á Alianza Mariñeira de Cangas

Fuxido nas cies e despois agochado nunha casa en Cangas da que escapa refuxiándose na súa propia casa até o chamamento a entregarse do gobernador Gómez Cantos. O seu irmán Manuel estaba procesado en rebeldía.

Home de 38 anos, Ferroviario
Veciñanza: R/Paraguai Nº2 baixo, Vigo
Secretario do "Consejo Obrero Ferroviario del Oeste". Natural de Bos Aires-Arxentina

Por ser cidadán arxentino consegue a liberdade e embarcarse cara América en agosto de 1936, 4 meses antes de iniciarse o seu procesamento.

Home, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: O Piñeiro-Darbo, Cangas (Pontevedra)
Membro da Sociedade de Mariñeiros de Cangas

Detido e torturado en Cangas.

Home
Veciñanza: Porto do Son

Aldraxado publicamente ao ser obrigado a ir pola rúa con letreiros que puñan "muera Rusia" e "arriba España".

Home de 43 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son

Aldraxado publicamente ao ser obrigado a levar pola rúa un letreiro que puña "muera Rusia" e "Arriba España". Detido no cuartel das Garda civil, onde recibe malleiras.

Home
Veciñanza: Porto do Son

Aldraxado publicamente ao obrigalo a levar pola rúa un letreiro que puña "muera Rusia" e "arriba España".

Home de 22 anos
Natural de Ourense (Ourense)

Fuxido.Detido en Portugal, volve fuxir e está agochado 13 meses.Chega a Venezuela con identidade falsa.

Home
Natural de O Incio (Lugo)
PCE

Fai a guerra no exército repubilcano. Internado nun campo de concentración francés. Exiliado en Venezuela.

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Rodeiro (Pontevedra)
Veciñanza: Madrid
Director do Instituto Hispano-Mexicano Ruíz de Alarcón

Pasa a guerra en Madrid; logo Campo de Refuxiados en Francia, exiliase en México

Home de 36 anos, Militar
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Mariño. Oficial 3º Radiotelegrafista. Subsecretario de Mariña e Aire no Goberno Republicano

A primeiros de febreiro do 39 exiliouse por Port Bou. Varios meses ingresado no campo de Argeles-sur-mer e logo en Marsella. En 1941 exilio americano: México.

Home
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Madrid

Trala caída de Barcelona, nun campo de refuxiados en Franza. Pasa por diferentes cidades europeas e remata vivindo en Bos Aires.

Home de 26 anos, Artista
Natural de Cartelle (Ourense)
Veciñanza: Madrid

Atopábase en Segovia ao comezo da Guerra Civil. Tenta voltar a Cartelle, pero alí sábese en perigo. Pasa ao territorio controlado polo exército republicano. En febreiro de 1939 sae para Francia, internado nun campo de refuxiados. Exilio en México

Muller, Mestre/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Esteiro, Muros (A Coruña)

Será sancionada polas autoridades franquistas pero sen estar ela presente, xa que desapareceu do seu lugar de residencia. Fuxida e finalmente exilio en México.

Home de 60 anos, Mestre/a
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada, A Estrada (Pontevedra)
IR, Escritor e Xornalista

Sacado da casa onda o seu fillo David en 1936, obrigado a inxerir aceite de ricino e a cantar o "Cara al sol". Multado con 20000 pesetas e depurado en 1940

Home, Estudante
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada, A Estrada (Pontevedra)
PG, Mocedades Galeguistas

Sacado da casa onda o seu pai, obrigado a inxerir aceite de ricino e a cantar o "Cara al sol" e borrar as pintadas "pro-estatuto" onda o seu mestre, Antón Fraguas

Muller, Empacador/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Delegada de empacadoras do Porto da Coruña

Agochada durante a guerra civil

Muller
Veciñanza: Betanzos, Betanzos
CNT

Fuxida para evitar ser paseada

Home
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Comité da CRG e Comité Nacional da CNT

Fuxiu á zona republicana. Morre de tise en EEUU nunha xira de propaganda

Home, Obreiro/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Directivo do Sindicato do Ramo da Construción

Fuxido.

Home, Mineiro
Veciñanza: Lousame, Lousame
CNT, Dirixente do Sindicato de Mineiros

Fuxido.

Home de 43 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas, Cangas (Pontevedra)
CNT, Sindicato "Alianza Marinera", fora presidente en 1932

Estivo fuxido e agochado

Home, Obreiro naval
Veciñanza: Ferrol
Dirixente sindical na Constructora Naval

Infórmase nunha causa militar de que está fuxido e en paradoiro descoñecido

Home, Oleiro
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: Loñoa das Olas, O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Concelleiro

Fuxido a Vilagarcía.

Muller
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Rutis, Culleredo (A Coruña)

Detida. Rapada ao cero

Home, Canteiro/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: Casal-Sésamo, Culleredo (A Coruña)
CNT, Fora concelleiro da ORGA

Tentativa de paseo. Agochado, despois capturado e salvado por un crego cando o levaban a matar.

Home
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Sueiro, Culleredo (A Coruña)
UGT

Agochado.

Home
Veciñanza: Rutis, Culleredo (A Coruña)
PCE, Fundador do Clube Obreiro da Corveira

Fuxido a Franza nunha lancha.

Home
Natural de Culleredo (A Coruña)

Ao final da guerra internado nun campo de refuxiados en Argeles-Sur-Mer (Franza).

Home
Veciñanza: O Porriño

Exiliado a Bos Aires. Previamente detido en Vigo e Madrid.

Home, Mestre/a
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Guarda, A Guarda
PG, Secretario do PG da Guarda

Fuxido e agochado na casa de Manuel García Barros "Ken Keirades". Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.

Home de 38 anos, Mestre/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: San Xiao, Marín
UR, Con familia directa e política en postos de responsabilidade en Unión Republicana, entre eles o seu cuñado Celestino Poza Pastrana

Advertido dunha tentativa de asasinato, fuxe e agóchase. Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo dende 1936 ate 1958, sendo rehabilitado coa sanción de 3 anos fora da provincia e inhabilitación para cargos directivos de confianza

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa

Detida e golpeada. Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936. Separación do servizo e baixa no escalafón o 11-5-1940

Home
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)

Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros

Home de 30 anos, Peón
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Ferido de bala nos sucesos posteriores ao 18 de xullo na Coruña. Investigado, sen chegar a ser detido, nunha causa militar na Coruña

Home de 27 anos, Canteiro/a
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Alvariña-Barro, Noia (A Coruña)

Ferido tras ser tiroteado pola forza pública.

Home de 24 anos, Peón
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Meixonfrío, Santiago de Compostela (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela. O 18 de xullo estaba no servizo militar en Cádiz. Infórmase de súa deserción do exército sublevado en novembro de 1936 e non seguen as dilixencias

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
IR, Mestre no Pósito de mariñeiros de Cangas

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Preso na Illa de San Simón e nun campo de refuxiados en Franza. Exíliase en México.

Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Figueroa, Cerdedo (Pontevedra)
CNT, Sociedade de Labregos e Obreiros "El Trabajo"

Fuxido no monte, marcha ao Mar del Plata a través de Vilagarcía.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Figueroa, Cerdedo (Pontevedra)
CNT, Directivo da Sociedade "El Trabajo"

Prisión en Cerdedo e desterro a Burgos.

Home, Comerciante
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Castro, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Presidente de IR .Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro

Fuxido no monte, marcha a Cuba e logo Bos Aires a través de Vilagarcía. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Loitou no exército republicano. Ferido e prisioneiro ao remate da guerra, sálvase de ser asasinado pola intercesión dun falanxista de Cerdedo.

Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)
CNT

Loitou no exército repulicano. Ao remate da guerra volta a Cerdedo, onde é perseguido e torturado.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Figueiroa-Vilar, Cerdedo (Pontevedra)

Fuxido a Portugal, de onde marcha para Brasil.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Quireza-Os Castros, Cerdedo (Pontevedra)

Agochado na súa casa durante a Guerra Civil.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Torturado polos falanxistas en Quireza-Cerdedo e obrigado a abandonar o seu domicilio.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Botica-Quireza, Cerdedo (Pontevedra)

Torturado en Sabucedo-A Estrada, estivo a piques de ser paseado.

Muller, Mestre/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Vilalén-Tomonde, Cerdedo (Pontevedra)
Mestra retirada

Tivo que entregar 500 ptas. a un falanxista de Quireza (Cerdedo) para evitar ser perseguida

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Sufriu un intento de paseo.

Home, Funcionario municipal
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)
Ex-Secretario do Concello e director dunha das bandas de música de Cerdedo

Fuxido e agochado na Cañiza, onde finalmente establece a súa residencia.

A Navalla Suíza