Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 17 anos, Labrego/a
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Igrexa-Abanqueiro, Boiro (A Coruña)
Morto o 01 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Cimadevila- Boiro a causa de hemorraxia interna e conmoción visceral.

Home de 28 anos
Morto o 01 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tállara-Lousame a causa de feridas por disparos de arma de fogo.

Home, Garda civil
Veciñanza: Amoeiro, Ourense (Ourense)
Cabo da Garda Civil
Morto o 01 de agosto de 1936

Morte na Gudiña

Home de 42 anos, Churreiro/a
Natural de Quiroga (Lugo)
Veciñanza: Trav. de García Abad 13, Lugo
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte no Hospital de Lugo a consecuencia de feridas por arma de fogo.

Home de 19 anos, Albanel
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Eríns, Cabanas (A Coruña)
UR
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de feridas recibidas por disparos con motivo de soster un tiroteo coa "Fuerza Pública". Aparición do cadáver en Cabanas.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Tomiño (Pontevedra)
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de enfrontamento coas forzas de ocupación da praza de Tui.

Home de 30 anos, Tranviario
Natural de Crecente (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 02 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de asfixia mecánica por inmersión na auga. Lugar de aparición do cadáver: Praia de San Sebastián-Vigo

Home de 51 anos, Labrego/a
Natural de O Irixo (Ourense)
Veciñanza: Reádigos-Loureiro, O Irixo (Ourense)
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada no km. 12 do Carballiño-Irixo a causa de hemorraxia.

Home de 20 anos, Colchoneiro/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada na Ponte Pequena de Paradela-Viveiro-Celanova a causa de conmoción cerebral traumática.

Home de 37 anos, Funcionario municipal
Natural de O Carballiño (Ourense)
Veciñanza: O Carballiño, O Carballiño (Ourense)
Oficial do Concelllo
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Trives.

Home de 52 anos, Mestre/a
Natural de Xinzo de Limia (Ourense)
Veciñanza: Mosteiro, Xinzo de Limia (Ourense)
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Xinzo da Limia a causa de lesión cerebral por arma de fogo en acción de guerra.

Home de 20 anos, Albanel
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Eríns, Cabanas (A Coruña)
UR, Concelleiro
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Cabanas a causa de feridas recibidas por disparos da forza pública.

Home de 34 anos, Carabineiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Carabineiro do Mar
Morto o 03 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia intracraneal por fractura da base do cráneo por proxectil de arma de fogo curta. Lugar de aparición do cadáver: Hospital militar-Vigo

Home de 38 anos, Comerciante
Veciñanza: Ribadavia (Ourense)
Natural de Entrena-Ortigosa de Cameros
Morto o 03 de agosto de 1936

Detido en ribadavia e trasladado a Celanova. Morte rexistrada na Ponte Pequena de Paradela-Viveiro-Celanova a causa de hemorraxia pulmonar e cardíaca. O seu irmán Ciriaco, residente na localidade natal dos dous, foi paseado en Logroño (10 ou 16-08-19369)

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: San Cristovo, Ribadavia (Ourense)
Morto o 03 de agosto de 1936

Morte rexistrada en San Cristovo-Ribadavia a causa de ferida de arma. Data da inscrición: 3-8-1936.

Home de 55 anos
Morto o 03 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Rigaduxa-Vilaboa a causa de traumatismo.

Home de 24 anos, Carpinteiro
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Pazo de Reis, Tui (Pontevedra)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de "encuentro con las tropas del ejército"

Home de 24 anos, Xornaleiro
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Pazos de Reis, Tui (Pontevedra)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte "tras combate con las fuerzas del ejército"

Home de 61 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Navarra. Contralmirante da Armada e comandante xeral do Arsenal de Ferrol
Morto o 04 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 6, no cuartel de infantería de marina. O reo debería vestir de uniforme e o acto estaría escenificado por un desfile acompañado de banda militar.

Muller de 63 anos, Traballo na casa
Natural de Aranga (A Coruña)
Veciñanza: Aranga, Aranga (A Coruña)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Aranga a causa de ferida de arma de fogo nun tiroteo realizado pola Garda Civil.

Home de 24 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Calexón do Chinto-Areal-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 04 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia e destrución cefálica intracraneal. Lugar de aparición do cadáver: Non consta

Home
Morto o 04 de agosto de 1936

Infórmase da súa morte nunha causa militar aberta en Ourense. Aparición do cadáver en Taboadela.

Home
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en A Gudiña. Aparición do cadáver As Santas-Pentes.

Home de 27 anos, Matachín
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Vilavalencia-As Burgas, Ourense (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada no km. 57'9 da estrada Ourense-Portugal, no lugar chamado Pozo das Conchas-Grou-Lobeira a causa de fractura da base do cráneo.

Home de 36 anos, Vendedor de Xornais
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: R/ San Pedro, 8, Ourense (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Esgos a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 35 anos, Labrego/a
Natural de Maside (Ourense)
Veciñanza: Mazós-Louredo, Maside (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Lavandeira-O Lago-Maside a causa de lesión e hemorraxia cerebral.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Rubiá (Ourense)
Veciñanza: Oulego, Rubiá (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Oulego-Rubiá a causa de disparo.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Maside (Ourense)
Veciñanza: Louredo, Maside (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Lavandeira-O Lago-Maside a causa de hemorraxia cardíaca pulmonar fulminante.

Home de 19 anos, Carniceiro/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: R/Cervantes, 2-1º, Ourense (Ourense)
CNT
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada no km.57'9 da estrada Ourense-Portugal, no lugar chamado Pozo das Conchas-Grou-Lobeira a causa de traumatismo por fractura da base do cráneo.

Home de 33 anos, Xornaleiro
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: R/ Lepanto, 4, Ourense (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada no km.57'9 da estrada Ourense-Portugal, no lugar do Pozo das Conchas-Grou-Lobeira a causa de traumatismo por fractura da base do cráneo.

Home de 21 anos, Carniceiro/a
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
Morto o 04 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Taboadela

Home de 28 anos, Funcionario municipal
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
PSOE
Morto o 05 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de disparo de arma de fogo. Aparición do cadáver na Volta da Moura.

Home de 30 anos, Braceiro
Natural de Trasmirás (Ourense)
Veciñanza: Escornabois, Trasmirás (Ourense)
Morto o 05 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Xinzo da Limia a causa de hemorraxia por perforación.

Home de 30 anos, Barbeiro
Natural de Tomiño (Pontevedra)
Veciñanza: Tabagón, Tomiño (Pontevedra)
Morto o 05 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tomiño a causa de disparo de arma de fogo. Aparición do cadáver no Posto de Goián.

Home, Gandeiro/a
Veciñanza: Poboanza-Parada de Amoeiro, Ourense (Ourense)
Morto o 05 de agosto de 1936

Morte rexistrada na costa das Estibadas-Atás-Cualedro

Home, Labrego/a
Veciñanza: Parada de Amoeiro, Ourense (Ourense)
Morto o 05 de agosto de 1936

Morte rexistrada na costa das Estibadas-Atás-Cualedro

Home de 36 anos, Tranviario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Subida ao Castelo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 06 de agosto de 1936

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo no Castelo de S. Sebastián

Home de 35 anos, Labrego/a
Natural de Ribas de Sil (Lugo)
Veciñanza: s Pedro, Ribas de Sil (Lugo)
Morto o 06 de agosto de 1936

Morte por disparos nun traslado. Aparición do cadáver en s. Pedro-Ribas de Sil.

Home de 36 anos, Labrego/a
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Eiraxalba, O Incio (Lugo)
Concelleiro. Fora proposto para alcalde.
Morto o 06 de agosto de 1936

Morte rexistrada a consecuencia de hemorraxia torácica a consecuencia de maltrato. Aparece o cadáver na Pobra do Brollón. Posteriormente expedientado e sancionado por responsabilidades políticas.

Home de 71 anos, Labrego
Morto o 06 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tui por disparo de arma de fogo.

Home
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
Morto o 06 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 30 anos
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Queimadelos-Mondariz, Mondariz (Pontevedra)
Morto o 06 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Monte Cabaleiro-Viso-Redondela

Home de 27 anos, Mineiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Vieiro, Viveiro (Lugo)
Morto o 06 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Vieiro-Viveiro a causa de disparo de arma de fogo.

Home
Veciñanza: Tui (Pontevedra)
CNT
Morto o 06 de agosto de 1936

Ao non atopar ao seu irmán Manuel, é asasinado en represalia por falanxistas.

Home de 30 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mestre de Mariñaría
Morto o 07 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 5, na "Punta del Martillo" no Arsenal.

Home
Morto o 07 de agosto de 1936

Infórmase da súa morte en causa militar aberta en Ourense.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de A Rúa (Ourense)
Veciñanza: Fontei-A Rúa, A Rúa (Ourense)
Morto o 07 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Fontei-A Rúa a causa de meningoencefalite traumática.

Home de 26 anos, Soldado
Natural de Lobios (Ourense)
Veciñanza: Devesa de Río Caldo, Lobios (Ourense)
Morto o 07 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Devesa de Río Caldo-Lobios a causa de disparos.

Home de 42 anos, Buzo
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Meá, Mugardos (A Coruña)
PCE
Morto o 08 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Mugardos a causa de disparos feitos pola forza ao tratar de fuxir. Ocurre o suceso ás 2 e aparece o cadáver en AIgrexa-Piñeiro-Mugardos.

Home de 38 anos, Buzo
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)
Morto o 08 de agosto de 1936

Morte rexistrada na Igrexa-Piñeiro-Mugardos a causa de disparos da "fuerza pública" ao tentar fuxir.

A Navalla Suíza