Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Vilar-Noia, Noia

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Dumbría ()
Veciñanza: Ézaro, Dumbría

Fuxido polos montes do Pindo onde o capturou a Guardia Civil. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 3 anos.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Cee ()
Veciñanza: Gures-Ameixenda-Cee, Cee

Causa aberta en Ferrol por deserción, declarado en rebeldía. Capturado, xulgado e sentenciado a prisión 6 anos.

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción. Fuxido. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, pasa por diversos campos de concentración e batallóns de traballadores. Licenciado en 1940. Retómase o seu procesamento co resultado de sobresemento

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo, Carnota (A Coruña)

Xulgado en Ferrol en varias causas militares por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol. Retorna a España e combate no exército republicano. Entrégase en Valencia e retómase o seu procesamento en Ferrol, co resultado de sentenza a 6 anos de prisión menor. A súa familia non volveu saber del, trasladándose a vaga idea da súa posible morte en Torrevieja-Alacante.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento. Fixo a guerra no exército republicano, pasou por diversos campos de concentración e batallón de traballadores.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Maianca-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
CNT

Fuxido a Francia nun vapor, sendo declarado en rebeldía. Servizo no exército republicano. Prisioneiro no Campo de concentración do mosteiro da Santa Espina-Valladolid. Retómase o seu procesamento militar, sendo xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Celeiro-Viveiro, Viveiro (Lugo)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove, O Grove (Pontevedra)

Guerra no bando republicano. Campo en Reus. Causa aberta en Ferrol por rebelión (fuxida da embarcación "Nuevo Emden" en agosto do 37). Sentencia prisión 12 anos e 1 día (12/40) conmutada por 8 en 02/41

Home, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove, O Grove (Pontevedra)

Fuxe á zona republicana. Causa aberta en Ferrol por rebelión (fuxida da embarcación "Nuevo Emden" en agosto do 37). Declarado fuxido e en rebeldía

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Foz (Lugo)
Veciñanza: Santa Icía-Foz, Foz (Lugo)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Declarado fuxido e en rebeldía

Home, Mariñeiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño (A Coruña)
CNT, Do Sindicato de mariñeiros de Cariño

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxe a Francia e logo a Chile no Whinnipeg. Posteriormente retómase o proceso co resultado de sobresemento definitivo en 1961

Home, Mariñeiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
CNT, Sindicato de Mariñeiros de Cariño

Causa aberta en Ferrol por rebelión (fuxida do "Arkale" dende o porto de Cariño) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 22 anos, Vidrieiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Afiliado ao Sindicato de Vidreiros

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campo de concentración e batallón de traballadores 131. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido. Sentencia prisión 17 anos, conmutada 12 anos 02/42

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Prisioneiro de guerra e confinado nun campo de concentración 9 meses. Retómase a súa causa decretándose o sobresemento provisional

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 24 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Lourizán-Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Xulgado tamén en Ferrol por deserción en proceso incoado o 26-6-1937 co mesmo resultado.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Pasaxes
UGT

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Veríns-Irixoa, Irixoa (A Coruña)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado sentenza a cadea perpetua. Morto na cadea de San Cristóbal no intento de fuga

Home de 48 anos, Capataz
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Capataz da Sociedade Española de Construción Naval

Xulgado en Ferrol por asasinato (enfrontarse contra uns que berraron "Arriba España" ao caer a fronte de Asturias) co resultado sentencia prisión maior 4 meses

Home, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Tal, Muros (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Prisioneiro de guerra e castigado nun batallón de traballadores. Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sobresemento.

Home de 28 anos, Labrego
Natural de Carral (A Coruña)
Veciñanza: As Encrobas, Cerceda
Servizo na Mariña. Con destino no "Miguel de Cervantes"

Combateu no exército republicano. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 28 anos
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Santo Adrao de Veiga-Ortigueira, Ortigueira (A Coruña)

Voluntario na fronte de Asturias, pasa á zona republicana. Capturado, xulgado en Ferrol por deserción ao inimigo co resultado sentencia absolución

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño (A Coruña)

Tras estar fuxido é capturado e xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 26 anos, Camareiro/a
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cesantes-Redondela, Redondela (Pontevedra)
Morto o 12 de outubro de 1936

Morte rexistrada en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: estrada Redondela-Pontevedra, km. 136. Lugar de Souto Xusto do Viso.

Home de 26 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, pasa por diversos campos e batallón de traballadores 122 en Caspe. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 27 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Tralo golpe foxe a Portugal e posteriormente exiliado en México. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Rubiáns-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Combateu no exército republicano. Procesado na 1422/39 por inducción e intento de asasinato no "Andutz Mendi". Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home
Natural de Culleredo (A Coruña)

Ao final da guerra internado nun campo de refuxiados en Argeles-Sur-Mer (Franza).

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de libre absolución

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Fuxiu a Francia e logo pasou a Barcelona. Servizo no exército republicano. Capturado e batallón de traballadores en Orán. Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a prisión 12 anos (1942)

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sobresemento definitivo e indultado. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Semella que fuxiu a Cuba

Home de 29 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campo de Miranda e 2 anos nun batallón de traballadores.

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Moruxo-Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Agochado de 1937 a 1940 no que se presentou. Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano. Aplicado indulto en outubro do 1939

Home de 25 anos, Albanel
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Mondego-Sada, Sada (A Coruña)

Agochado na súa casa até xuño do 1940. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Finalmente, recargo de 4 anos no servizo.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Serres-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol en deserción co resultado de sobresemento definitivo. Prisioneiro e Campo de Miranda e batallón de traballadores 130 até 1940. Aplicado indulto en 1945.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de As Pontes de García Rodriguez (A Coruña)
Veciñanza: As Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodriguez (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (instruída contra a tripulación do transporte de guerra "Almirante Lobo") co resultado absolución

Home de 21 anos, Empregado/a
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Campo de Concentración en Rota seis meses e queda en liberdade. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sobresemento definitivo

Home de 30 anos
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Fuxido a Francia, campo de refuxiados de Beziers en agosto do 1939. Embarca no Winnipeg ao exilio en Chile. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián") declarado fuxido e en rebeldía

Home de 29 anos, Industrial
Natural de Vedra (A Coruña)
Veciñanza: Merín, Vedra (A Coruña)
Propietario dun serradoiro

Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento, sendo posto en liberdade. Idéntica situación que o seu irmán Mariano

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento definitivo.

Home de 57 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a tres anos de prisión menor.

Home de 20 anos, Militar
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)
Mariño. Servizo no "Jaime I"

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. En 1957 volta da URSS alegando que fora retido. No 1969 sobresemento

Home de 32 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño da Armada

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a 4 anos de prisión.

Home de 40 anos, Mestre/a
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
IR, Alcalde de Malpica de xaneiro-abril 1936

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuga da lancha a motor "San Adrián") declarado fuxido e en rebeldía. Sobresemento definiitivo en novembro do 1944

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo, Rianxo (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Mogor, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento.

A Navalla Suíza