Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 25 anos, Militar
Veciñanza: Pontedeume
Mariñeiro Fogoneiro da Armada
Morto o 22 de setembro de 1936

Preso gobernativo a disposición do Comandante Militar da Praza, que fai entrega ao Delegado de Orde Pública o mesmo día da súa morte. Morte rexistrada en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Maniños, Fene (A Coruña)
Do "Udondo"
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Rego, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Do "Udondo"
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 57 anos, Carpinteiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)
IR, Concelleiro
Morto o 27 de xaneiro de 1938

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Do "Udondo"
Morto o 27 de setembro de 1936

Executado en Ferrol en cumprimento do Bando de Guerra.

Home de 39 anos, Veterinario
Veciñanza: R/ Galiano 18, Cedeira (A Coruña)
PSOE, Natural de Badaxoz. Presidente do Círculo Socialista do Centro de Ferrol
Morto o 18 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
Morto o 18 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.

Home de 58 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Tui
Morto o 13 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de "enfrentamiento con las tropas del ejército"

Home de 35 anos, Carabineiro
Veciñanza: Tui
Natural de Sevilla
Morto o 16 de setembro de 1936

Xulgado por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Morte rexistrada en Tui

Home de 40 anos, Serrador
Natural de Asturias
Morto o 20 de xullo de 1938

Prisioneiro de guerra e executado tras Consello de Guerra en Camposancos-Tui.

Home de 44 anos, Mineiro
Veciñanza: Páramo del Sil
Morto o 02 de xullo de 1938

Xulgado en Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 22 anos, Mineiro
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Veiga de Cascallá, Rubiá
UGT, Dirixente da UGT
Morto o 02 de xullo de 1938

Fuxido a Asturias. Fai a guerra no exército republicano. Xulgado no campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Tui.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Cerceda (A Coruña)
Veciñanza: Boimil, Cerceda (A Coruña)
Morto o 10 de outubro de 1938

Morte, ás 6, nunha vivenda da R/s Xosé da Coruña a consecuencia de ferida sufrida por disparo de arma de fogo.

Home de 31 anos, Labrego/a
Natural de Vedra (A Coruña)
Veciñanza: Herbón, Padrón
Morto o 07 de marzo de 1938

Xulgado en Compostela por adhesión á rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en compostela.

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Atocha Alta 105, A Coruña (A Coruña)
CNT, Vicesecretario do Sindicato de empregados municipais.
Morto o 26 de novembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Rega-Suevos-Arteixo.

Home de 18 anos, Labrego
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Enfesta-Requián, Betanzos (A Coruña)
Morto o 27 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Betanzos - no seu domicilio - a causa de hemorraxia interna.

Home de 53 anos, Labrego
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
PSOE, Membro da agrupación socialista e fundador de sociedades agrarias
Morto o 28 de outubro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Ponte Sampaio-Betanzos.

Home de 20 anos, Empregado/a
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Natural de Segovia.
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de disparos de pistola. Aparición do cadáver en Veira-Carral.

Home de 34 anos, Barbeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Pedra Furada 347-Monelos, A Coruña (A Coruña)
Morto o 10 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Veira-Carral.

Home de 56 anos, Labrego
Natural de Abegondo (A Coruña)
Veciñanza: Lubre, Bergondo
Morto o 19 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia meninxea. Aparición do cadáver na estrada de Alvedro ao Burgo, en Culleredo.

Home de 45 anos, Cesteiro/a
Natural de León
Morto o 30 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia meninxea. Aparición do cadáver en Montrove-Liáns-Oleiros xunto co seus parentes Antonio montoya Camacho e Manuel Jimenez Montoya.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa da Torre 136, A Coruña (A Coruña)
Irmán do deputado republicano Emilio González López
Morto o 17 de decembro de 1936

Morte rexistrada a causa de shock traumático. Aparición do cadáver en Auga Río-Dorneda-Oleiros.

Home de 22 anos
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Morto o 31 de marzo de 1938

Morte a causa da represión na cidade de Cáceres

Home de 26 anos, Albanel
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Patiño-Meirás, Sada (A Coruña)
CNT e PCE, Tesoureiro do Sindicato de oficios varios de Meirás. Directivo do Ateneo de cultura política e social e do Radio comunista de Sada.
Morto o 12 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna por lesións de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Monte Abeleira-Veigue-Sada.

Home de 27 anos
Veciñanza: Barcelona
Morto o 30 de novembro de 1936

Pasado polas armas sen sentenza en Consello de Guerra no Val-Narón

Home de 33 anos, Mariñeiro
Veciñanza: R/Belansat-Barcelona
Cociñeiro do vapor "Dómine"
Morto o 30 de novembro de 1936

Pasado polas armas sen sentenza en Consello de Guerra no Val-Narón

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Graña-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñeiría no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 35 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Avilés
Morto o 04 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.

Home de 31 anos
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares, Ares (A Coruña)
PSOE
Morto o 29 de setembro de 1938

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado ás 7 no castelo de s. Felipe-Ferrol

Home, Mestre/a
Veciñanza: Narón-Baltar, Narón
PSOE

Desterrado 5 anos como castigo en 1940. Polas súas ideas e non ser relixioso

Home, Mestre/a
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
UGT, Mestre en Serantes-Ferrol. De FETE-UGT

Expediente aberto até 1942. Deportado a Brimeda-León

Home de 38 anos, Mozo
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Da Fábrica de Tabacos de A Coruña

Despedido da Fábrica de Tabacos de A Coruña. Campo de Concentración en Inglaterra e Francia

Home, Albanel
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Axudante de albanel

Despedido en 09/06/1937. Readmitido en 1956, perdendo 19 anos de antigüidade. Morte en 1965

Home, futbolista
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Traballador da Fábrica de Tabacos de A Coruña

Despedido da Fábrica de Tabacos de A Coruña por dicir frases inxuriosas contra o Réxime

Home, Enfermeiro/a
Veciñanza: Ourense, Ourense

Despedido o 24/09/1936

Home, Médico/a
Veciñanza: Cortegada
Republicano de esquerdas

Pasa varios anos na cadea.

Home de 30 anos, Profesor universitario
Veciñanza: Santiago de Compostela
Profesor auxiliar de Histoloxía e Anatomía Patolóxica na Facultade de Medicina

Separación definitiva do servizo. Perseguido e exilio en Arxentina.

Home, Médico/a
Veciñanza: Redondela, Redondela
Socialista, Exercía en Redondela. Socorro Rojo Internacional

Detido en 1948 acusado de contribuír ao Socorro Rojo Internacional. Pasou un longo período na cadea

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Cotobade (Pontevedra)
Veciñanza: Loureiro-Cotobade, Cotobade (Pontevedra)
PG

Detido e obrigado a borrar coa man e sousa cáustica as pintadas pro-estatuto

Home de 29 anos, Albanel
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)
CNT

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
CNT

Fuxe a Francia onde é condeado a traballos forzados. Deportado a Mauthausen. Sobrevivinte

Home de 24 anos, Metalúrxico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo-CasaLavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
JJLL e CNT, Ferreiro Axustador. Sindicato Metalúrxico de Vigo
Morto o 03 de abril de 1939

Rexistrado en Vigo morto a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Toural-Teis-Vigo

Home de 32 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Morto o 19 de marzo de 1942

Preso en Trier, deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941, trasladado a Gusen en abril do mesmo ano, onde morre.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Santos, Cariño (A Coruña)
CNT

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento. Salvouse de ser paseadio, non así o seu irmán Adelino.

Home de 34 anos
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
CNT, Sindicato de Pescadores de Cariño

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de ser declarado en rebeldía. Morre loitando co exército republicano

Home de 32 anos, Estibador/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Traballador do porto de Carril. Sindicato de Transporte Marítimo de Vilagarcía de Arousa
Morto o 15 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Carril-Vilagarcía a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 35 anos
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Morto o 06 de maio de 1941

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. En agoso do 1939, está no campo de Argeles en Francia. Logo a Angouleme. Será deportado a Mauthausen en agosto do 1940 e logo Gusen onde morre.

Home de 19 anos
Natural de Valdoviño (A Coruña)
Veciñanza: Vilaboa-Valdoviño, Valdoviño (A Coruña)

Preso en Estrasburgo. Deportado a Mauthausen en decembro de 1940. Trasladado a Gusen en outubro do 1941e a Sachsenhausen en outubro do 1942. Liberado. Sobrevivinte

Home de 23 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 08 de agosto de 1937

Rexistrado en A Coruña morto a causa de hemorraxia por disparos de arma de fogo

Home de 18 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Santander. Mariño do "Canarias"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Previamente fora condeado a 6 meses de prisión

A Navalla Suíza