Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 20 anos, Militar
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño destacado no Arsenal

Causa aberta en Ferrol por deserción (contra varios mariños destacados no Arsenal) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 33 anos, Militar
Veciñanza: Cartaxena
Fogoneiro preferente da Armada
Morto o 24 de xullo de 1939

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Punta do Martelo no Arsenal.

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Pazos-Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo Telemetrista

Fixo a guerra na armada republicano. Xulgado en Cartaxena despois da guerra co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutada por cadea perpetua.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo de mariñaría do acoirazado "España"
Morto o 25 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Padrón (A Coruña)
Veciñanza: Padrón (A Coruña)
Mariño. Mariñeiro voluntario dende 1935. Tripulante do "José Luís Díez"

Incorpórase ao exército republicano en Asturias. Capturado en setembro do 39. Xulgado en Xixón por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua (1939)

Home de 19 anos, Militar
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo
Mariño. Mariñeiro de Primeira da tripulación do Torpedeiro nº 2

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída contra a tripulación do Torpedeiro nº 2 polo delicto de rebelión militar) co resultado de sentencia absolución

Home de 23 anos, Militar
Natural de Carral (A Coruña)
Veciñanza: Oleiros, Oleiros
Soldado de reemprazo. Albanel de profesión

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia cadea perpetua. Sae en liberdade condicional en xuño do 1941

Home de 24 anos, Militar
Natural de Sevilla. Mariño
Morto o 14 de marzo de 1939

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mariño Fogoneiro do "Baleares"
Morto o 17 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no Arsenal.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Cabo electricista do cruceiro "Libertad"

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de absolución. Imposición dun correctivo de 30 días de arresto militar.

Home, Militar
Mariño. Fogoneiro Preferente

Xulgado en Ferrol por rebelión co restulado de sobresemetno provisorio en abril do 1937

Home de 24 anos, Militar
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
Cabo de Artillaría
Morto o 05 de outubro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 6, no Arsenal.

Home de 28 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillería

Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia cadea perpetua

Home de 45 anos, Militar
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Comandante do Estado Maior

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Home, Militar
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui
Mariño. Cabo da dotación do "Cabo Fradera"

Xulgado por traizón (causa instruída contra forzas de carabineiros e da armada de Tui) co resultado de sentencia absolución e en liberdade

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño do "Cervera"

Fixo a guerra na zona republicana. No 1939 en Orán. Sentenciado a prisión 20 anos (causa 2539/39 Cartagena) por auxilio á rebelión. En liberdade no 1944. Ten tres causas abertas en Ferrol por deserción e rebelión, sobresemento

Home de 39 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Sol, 140-1º, Ferrol (A Coruña)
Auxiliar 2º de Máquinas do Torpedeiro T-2
Morto o 05 de outubro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 6, no Arsenal.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo de mariñeiría

Inicialmente procesado en causa militar en Ferrol, pero o auto é revogado

Home de 21 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: O Seixo-Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Mariño

Fixo a guerra na armada republicana. Estivo en Bizerta, campo de concentración en Túnez, Arxelia, Palestina. Regresou en 1951. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo e en liberdade

Home de 23 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Cartaxena. Mariño Enfermeiro do "Contramaestre Casado"
Morto o 27 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home, Militar
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: Pintán-Salcidos-A Guarda, A Guarda (Pontevedra)
Mariño de reemprazo. Louseiro de profesión

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída por levar as insignias de "Auxilio de Inverno" de Falange na petrina e ensinarllas a 6 señoritas da sección feminina) co resultado de sentencia prisión 17 anos e conmutación por 6 anos en 02/40

Home de 19 anos, Militar
Natural de A Fonsagrada (Lugo)
Veciñanza: Cartaxena
Mariño da Armada

Guerra no exército republicano. En 1939 marcha a Francia, onde ingresa nun campo de internamento en Perpignan. Retorno a España e internamento en diferentes campos de concentración.

Home de 32 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría do "Miguel de Cervantes"

Combateu na armada republicana. Xulgado en Cartaxena por adhesión á rebelión (causa 460/40) co resultado de prisión 10 anos e 1 día. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción na que fora declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 27 anos, Militar
Veciñanza: Ourense, Ourense
Sarxento de Infantaría

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 6 meses e un día de prisión.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ribeira de Piquín (Lugo)
Cabo de Aviación
Morto o 29 de outubro de 1936

Detido o 02-08-1936 e fusilado nas Palmas

Home de 36 anos, Militar
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra
Fogoneiro preferente da Armada
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas.

Home de 35 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
Natural de Xixón-Asturias. Mariño. Capitán de Infantería de Mariña

Xulgado en Ferrol por neglixencia co resultado de sentenza a prisión 3 anos

Home de 21 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño de reemprazo

Fixo a guerra na armada republicana, Bizerta, Francia e logo quedou en Túnez. Presentouse en 1963. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento nese mesmo ano

Home de 25 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño Cabo Radiotelegrafista do submariño B-6

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída contra a tripulación do sumariño "B-6") co resultado de sentencia pena de morte conmutada por cadea perpetua. Conmutada por 8 anos en decembro do 1940

Home de 40 anos, Militar
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Escribinte auxiliar da CASTA

Xulgado en Ferrol por desobediencia co resultado de absolución e queda en liberdade

Home de 17 anos, Militar
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Cabanas (A Coruña)
Artilleiro de 2ª. No Cuartel de Artillaría de Ferrol.

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 23 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Mecánico Auxiliar do CASTA (mecánico axustador)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e separación do servizo

Home de 21 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño da Armada do Contramestre Casado

Xulgado en Ferrol por inutilización (causa instruída contra a tripulación do Contramestre Casado) co resultado de prisión 20 anos

Home de 25 anos, Militar
Natural de Verín (Ourense)
Veciñanza: Madrid
Cabo

Capturado e incorporado voluntariamente ao exército republicano, ascendendo ao grao de Tenente. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Mariño de reemprazo.

Fixo a guerra na armada republicana. Estivo en Bizerta. Logo nun batallón de traballadores. Causa en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) co resultado de sobresemento definitivo e en liberdade

Home de 23 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Mariño
Morto o 11 de xullo de 1937

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 5, na Coruña.

Home de 19 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Cabo de Intendencia
Morto o 23 de novembro de 1936

Xulgado na Coruña por traizón co resultado de pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Mariño

Combateu no exército republicano. Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 3 anos. Cumpriu en batallón disciplinario

Home de 19 anos, Militar
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Lugo, Lugo (Lugo)
Mariño de reemprazo. Zapateiro de profesión

Fugouse do hospital da base de Ferrol e foi detido. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisional. Queda a disposición do consello de disciplina pola falta que cometeu.

Home de 24 anos, Militar
Mariño Cabo de Electricidade do submariño B-6

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 46 anos, Militar
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Comandante de Enxeñeiros

Xulgado na Coruña por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 26 anos, Militar
Veciñanza: Oficialmente de Murcia pero o seu barco base en Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Natural de Lleida. Mariño. Cabo Radiotelegrafista do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento provisional (1941)

Home de 61 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Navarra. Contralmirante da Armada e comandante xeral do Arsenal de Ferrol
Morto o 04 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 6, no cuartel de infantería de marina. O reo debería vestir de uniforme e o acto estaría escenificado por un desfile acompañado de banda militar.

Home de 26 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillería. Natural de Biscaia

Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia absolución

Home de 39 anos, Militar
Veciñanza: Verín, Verín (Ourense)

Xulgado en Ourense co resultado de separación do servizo.

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño. Contramestre de Radio

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de declaración en rebeldía e fuxido. Revogado o auto de procesamento e queda a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 36 anos, Militar
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Mariño. Oficial 3º Radiotelegrafista. Subsecretario de Mariña e Aire no Goberno Republicano

A primeiros de febreiro do 39 exiliouse por Port Bou. Varios meses ingresado no campo de Argeles-sur-mer e logo en Marsella. En 1941 exilio americano: México.

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño enfermeiro

Inculpado en causa militar en Ferrol. Sobresemento da causa e separación do servizo.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Perlío, Fene (A Coruña)
Cabo de Mariñaría

Inculpado en causa militar en Ferrol e posto en liberdade sen cargos

Home de 18 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Natural de Biscaia

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa seguida polos sucesos ocorridos nas brigadas e escolas de mariñeiría da armada) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía

A Navalla Suíza