Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira-Cervo, Cedeira (A Coruña)
Morto o 28 de outubro de 1936
Reclamado para presentarse a filas, o seu pai testifica que fora detido pola Guarda Civil o paseado o 28-02-1936 sen voltar a saberse del. É procesado e declarado en rebeldía. Semella que foi paseado.
Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo, Cedeira (A Coruña)
Declarado en rebeldía en distintas Causas militares instruídas en Ferrol. Fuxido nos montes dende o 17/08/37 ata o 22 de Maio do 41, detido pola G.Civil en Cobelo. Retómase o proceso sendo Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento definitivo.
Home de 25 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
Soldado mobilizado
Morto o 28 de outubro de 1936
Barállase en causa militar a posibilidade da súa morte, pero ao non estar rexistrada no rexistro de defuncións é declarado en rebeldía. Sin embargo, semella que está rexistrado en Ribeiras do Sor-Mañón.
Home de 26 anos, Labrego
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
PCE
Morto o 25 de decembro de 1938
Fuxiu en barco nos primeiros días do Golpe de Estado e declarado en rebeldía en varias causas militares. Capturado posteriormente, será xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Castelo de s Felipe-Ferrol
Home de 21 anos, Militar
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Mariño do Cervera
Xulgado en Ferrol por rebelión (causa seguida polos sucesos no "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Aberta outra causa por deserción no 37. Conmutación a 12 anos e 1 día en febreiro do 1942. Licenciamento definitivo en marzo de 1952
Home de 39 anos, Veterinario
Veciñanza: R/ Galiano 18, Cedeira (A Coruña)
PSOE, Natural de Badaxoz. Presidente do Círculo Socialista do Centro de Ferrol
Morto o 18 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.
Home de 22 anos, Fogoneiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Porto de Cedeira-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Fogoneiro do vapor de pesca "María del Mar"
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentencia cadea perpetua e multa de 200 ptas. Conmutación a prisión 6 anos e 1 día en abril de 1940. Na Base Naval de San Fernando
Home de 32 anos, Xornaleiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo, Cedeira (A Coruña)
CNT, Do sindicato da industria pesqueira de Cariño
Morto o 06 de setembro de 1936
Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas provocadas por arma de fogo.
Home de 47 anos, Industrial
Natural de Maceda (Ourense)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos
Home de 60 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Praza do Peixe, Cedeira (A Coruña)
Militar Auxiliar de Intendencia retirado. Alcalde de Cedeira. Durante a súa estancia en Ferrol fora directivo da agrupación "Toxos e Frores".
Morto o 18 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de San Felipe.
Home de 31 anos, Funcionario/a
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
Natural de Madrid. Funcionario de Correos
Morto o 18 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Castelo de San Felipe-Ferrol
Home de 39 anos, Empregado/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
Empregado de Banca
Morto o 18 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.
Home de 29 anos, Carpinteiro
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: San Román, Cedeira (A Coruña)
Morto o 05 de xaneiro de 1942
Tras estar fuxido e detido, xulgado en Ferrol (1941) co resultado de sentenza a pena de morte. Executado
Home de 23 anos, Militar
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Mariño de reemprazo no gardacostas "Álava" dos sublevados. Labrego de profesión
Xulgado por rebelión e desobediencia (manifestar ter preferido entregar o buque ao inimigo) co resultado cadea perpetua por rebelión e 4 anos por desobediencia. Conmutación da cadea perpetua por 6 anos en 1940
Muller de 39 anos, Leiteiro/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo, Cedeira (A Coruña)
Inculpada en causa militar en Ferrol por complicidade con fuxidos, sendo posto en liberdade.
Home de 37 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Causa instruída en Ferrol por rebelión militar (desaparición da lancha a motor "Generosita" de Cedeira) co resultado sentencia prisión 20 anos. Condicional en novembro do 1941 e licenciamento definitivo e liberdade en xaneiro do 1944