Home de 24 anos, Militar
Natural de Quiroga (Lugo)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra
Morto o 24 de xaneiro de 1938
Rexistrado morto en Pontevedra a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Pontevedra
Home de 37 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Primeiro de Artillaría
Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída contra un mariño que xa fora detido en outubro do 1934 por conspiración para a sedición) co resultado de sentencia prisión 6 meses e 1 día
Home de 19 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo no acoirazado "España". Dependente de profesión
Morto o 26 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón
Home de 31 anos, Militar
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
Mariño da Armada
Marcha coa flota republicana a Túnez, onde é destinado a compañías de traballo en varios campos até abril de 1943. Tras ser detido pola súa colaboración coa resistencia francesa, é deportado a Sachsenhausen. Liberado en Schwerin en maio de 1945
Home de 22 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás-Ares, Ares (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñaría do "Cervera"
Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutación por 6 anos e 1 día en febreiro do 40 e indulto en xuño do 1947
Home de 28 anos, Militar
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
Cabo 1ª da Mariña
Tras estar en diversos campos franceses, ingresa nun batallón de traballadores. En 1940, é pasaportado a Cangas, coa clasificación de indiferente ao réxime. Ábreselle expediente de depuración por deserción militar en tempos de guerra.
Home de 22 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Mariño. Mecánico naval
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de absolución (1940)
Home de 20 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Graña, Ferrol (A Coruña)
Mariño no Destructor "Churruca"
Fixo a guerra na armada republicana, estivo en Bizerta, en Rota, no Parque Automovilístico e quedou libre en xuño 1940. Sobresemento provisional na causa por deserción que tiña aberta en Ferrol
Home de 21 anos, Militar
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Noia, Noia (A Coruña)
Mariño da Armada
Xulgado en Ferrol por inutilización (causa instruída contra a tripulación do Contramestre Casado) co resultado de prisión 12 anos e 1 día. Indulto en Outubro do 1939. Liberación definitiva en Xuño do 1940
Home de 22 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Roupeiro 20 2º-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Mariño de reeprazo. Oficinista de profesión
Xulgado en Ferrol polo delito de deserción co resultado de ser sentenciado a prisión 8 anos. Tamén xulgado noutra causa sobre os sucesos ocurridos nas escolas de mariñeiría do arsenal de Ferrol.
Home de 30 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Alcabre-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Mariño do "Libertad"
Fixo a guerra na armada republicana. Capturado e levado ao campo de concentración de Rota. Queda libre. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sobresemento
Home de 25 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Nogueirosa, Pontedeume (A Coruña)
Mariño de reemprazo embarcado no Méndez Nuñez
Fixo a guerra na armada republicana, estivo en Bizerta, en Madrid nun campo de concentración e nun batallón de traballadores disciplinario en Córdoba. Sobresemento provisional na causa por deserción aberta en Ferrol
Home de 32 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariñeiro de segunda na Armada
Xulgado en Ferrol por deserción (dobre deserción do Cuartel de Brigadas) sentenciado a prisión 6 anos e logo 6 meses pola segunda deserción. Denegado o indulto
Home de 24 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Na Armada dende 1929
Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido, combate no exército republicano. Ao rematar a guerra ingresa nun campo de internamento en Túnez e, finalmente, exíliase en Casablanca.
Home de 19 anos, Militar
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño no Arsenal de Ferrol
Fuxiu a Francia cando triunfou o Golpe e fixo a guerra no bando republicano. Perseguido en varias causas, declarado rebelde e fuxido. Finalmente xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 17 anos.
Home de 34 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
Cabo de cornetas, asimilado a sarxento
Intégrase no exército republicano. Segundo se di na súa causa militar, fora condeado a 30 anos por un tribunal militar republicano por un delicto de indisciplina. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.