Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Muller, Mestre/a
Veciñanza: A Devesa, Ribadeo

Aberto expediente de depuración

Home de 23 anos, Caldeireiro/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: s Nicolás 67 1º, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento. Sancionado a cumplir 4 anos de recargo no servizo militar. Ingreso no Batallón Cazadores de Melilla nº 3

Home de 56 anos, Caldeireiro/a
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE, Natural de Valladolid

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento por falla de cargos. Sae en liberdade en xaneiro do 38, sendo reclamado novamente polo Delegado de Orde Pública.

Home de 27 anos, Funcionario/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra po auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos o 19-09-1940.

Home de 27 anos, Xornaleiro
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Verdillo, Carballo (A Coruña)
Morto o 27 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Senra-Oseiro-Arteixo.

Home de 35 anos, Reloxeiro/a
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Carballo, Carballo (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 12 anos de prisión

Home de 26 anos
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo
Morto o 23 de xullo de 1936

Morto nos enfrontamentos da toma de Ribadeo polos militares golpistas. Rexistrado morto en Ribadeo a causa de loita armada.

Home de 39 anos, Mestre/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Verducido-Xeve, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 02 de decembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Km. 1 da estrada a Campañó, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.

Home de 50 anos, Reloxeiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por tenencia ou roubo de armas co resultado de sobresemento provisional.

Home de 39 anos, Tranviario
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Orzán, 20-2º, A Coruña (A Coruña)
CNT, Presidente do Sindicato de Tranviarios

Detido e inculpado en causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e a disposición do delegado de Orde Pública. Semella que foi paseado

Home de 25 anos, Propietario/a
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Rutis, Culleredo (A Coruña)
Chofer e propietario dunha pequena empresa de autobuses
Morto o 13 de setembro de 1936

Morte a causa dun shock cerebral a consecuencia dunha malleira. Aparece o cadáver en Roca-Guitiriz sobre as 10. Semella que amorte producíuse unhas 34 horas antes da aparición do corpo.

Home de 50 anos, Mestre/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Villacaíz, O Saviñao
Morto o 15 de outubro de 1937

Morte en Mosteirovello-Castro do Rei de Lemos-Paradela.

Home de 34 anos, Obreiro do Ferrocarril
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Silleda (Pontevedra)
Presidente da Sociedade Obreira de Ponte
Morto o 09 de outubro de 1936

Morte nun traslado na Ponte do Regueiro-A Estrada.

Home de 38 anos
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: O Castro, Silleda (Pontevedra)
Morto o 29 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de feridas de arma de fogo. Aparición do cadáver en Casas do Monte-O Castro-Silleda.

Home de 35 anos, Garda municipal
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ das Ánimas nº 74 baixo, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo posto a disposición gobernativa

Home, Mestre/a
Veciñanza: A Lama

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mestre de Atillaría
Morto o 27 de xaneiro de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home
Veciñanza: O Porriño
Morto o 26 de agosto de 1936

Home, Mestre/a
Veciñanza: Laxoso, Ponte Caldelas

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 26 anos
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Limodre, Fene

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de absolución.

Home de 30 anos, Panadeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: r/ Angustias 54, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Dirixente do Sindicato de panadeiros

Fuxido no monte. Posteriormente agochado no seu domicilio até que se entrega en xullo de 1937. Retómase a súa inculpación en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción.

Home de 40 anos, Labrego
Natural de Lleida
Morto o 09 de marzo de 1939

Morte no campo de concentración de Oia a causa de febre tifoidea.

Home de 35 anos, Militar
Veciñanza: Marín
Natural de Cádiz. Mariño. Auxiliar Primeiro de Radio da Escola de Tiro Naval "Janer"

Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión co resultado de absolución

Home de 54 anos, Labrego
Natural de Tarragona
Morto o 05 de setembro de 1939

Morte na Illa do Lazareto.

Home
Veciñanza: Tui
CNT
Morto o 11 de outubro de 1936

Levado dende Tui a Ferrol e posto a disposición da Falange. Morte en Ferrol a mans da "fuerza Pública".

Home de 23 anos, Chofer
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Rúa Policarpo Sanz-Vigo

Home, Tranviario
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
PSOE e UGT
Morto o 01 de setembro de 1936

Detido e paseado pola Garda Civil en Coirós. Soterrado nunha fosa común, sen atoparse o seu corpo.

Home
Veciñanza: Escarabote, Boiro (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento

Home, Industrial
Veciñanza: Negueira de Muñiz
IR, Directivo agrarista

Xulgado en Lugo co resultado de sentenza a prisión.

Home de 39 anos, Carpinteiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Ponte de Traba, Noia (A Coruña)

Fuxido, combate no exército republicano, sendo feito prisioneiro. É liberado e volta a Noia, onde é detido. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Home
Veciñanza: Noia (A Coruña)
Do Sindicato de Oficios Varios de Noia

Inculpado en Causa militar instruída en Compostela.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Coruxo, Vigo (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 22 anos, Artista
Veciñanza: Lugo
Natural de Asturias.

Xulgado en Lugo por coacción co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Asturias.
Morto o 17 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas.

Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Escarabote, Boiro (A Coruña)
CNT

Xulgado en San Sebastián por adhesión á rebelión co resultado de absolución

Home de 42 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Lampón-Escarabote., Boiro (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 42 anos, Carpinteiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 29 anos, Mineiro
Veciñanza: Langreo
UGT
Morto o 21 de marzo de 1939

Combate no exército republicano. Xulgado no Campo de Concentración de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 62 anos, Mariñeiro
Mariñeiro do vapor Alfonso Senra. Natural de Asturias.
Morto o 18 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas. Executado en Ferrol sen xuízo previo.

Home de 20 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 32 anos, Zapateiro
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 3-9-1940.

Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro (A Coruña)
Paleiro

Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto a disposición gobernativa

Home de 18 anos
Morto o 18 de novembro de 1937

Morte rexistrada no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda a causa de disparo de fusil máuser por un centinela.

Home de 48 anos, Carpinteiro
Natural de Cambados (Pontevedra)
Veciñanza: Castrelos, Cambados (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Prisión atenuada o 02-09-1940.

Home, Militar
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Da Armada.
Morto o 18 de setembro de 1936

Xulgado en Cádiz co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Arsenal da Carraca en Cádiz.

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación a 2 anos e extinción da pena o 24-03-1939.

Home de 45 anos, Ebanista
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

A Navalla Suíza