Home, Carpinteiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 04 de novembro de 1937
Integrante do Bon Galicia. Aparentemente, ferido e detido no Porto do Acevo-A Fonsagrada e cinco días despois executado sen formación de causa.
Home de 30 anos, Estudante
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/Juana de Vega, A Coruña (A Coruña)
PSOE e UGT
Desaparecido na Coruña en xullo de 1936, segundo se informa nunha causa militar.
Home de 52 anos, Funcionario/a
Veciñanza: Santiago de Compostela
Natural de Alacante. Xefe da prisión do partido Xudicial de Santiago
Morto o 12 de setembro de 1936
Rexistrado en 1938 no libro de defuncións do xulgado de Santiago de Compostela como desaparecido dende os primeiros días de setembro de 1936
Home, Obreiro do Ferrocarril
Veciñanza: A Gudiña
CNT e PCE
Morto o 29 de agosto de 1936
Inicialmente fuxido, pero morte ao voltar a Galicia a mans dos falanxistas, na Gudiña
Home
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
Natural de Portugal
Morto o 21 de agosto de 1936
Paseado no monte Ladeira-Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.
Home de 44 anos, Empregado/a
Veciñanza: Louredo, Mos
Natural de Zamora. Empregado de telégrafos
Fuxido e morte na súa propia casa. Os falanxistas que o buscan préndenlle lume, ao parecer, sen saber que el está no interior agochado nun zulo.
Home, Serrador
Veciñanza: Mourente-Cons, Pontevedra (Pontevedra)
PSOE
Fuxido no monte, é prendido polos Gardas Cívicos e paseado en Monte Porreiro-Pontevedra.
Home de 36 anos, Camareiro/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Infórmase nunha causa militar da súa desaparición e posíbel morte por causas violentas, mais sen poderse confirmar.
Home de 31 anos, Dependente
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Curro-Beira, Carral
Socio do Casino Republicano. Representante do SRI
Morto o 16 de agosto de 1936
Morte rexistrada en Hervés-Beira-Carral a causa de feridas de arma de fogo
Home de 20 anos, Chofer
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT e JJLL, Sindicato da Industria Pesqueira-Sección de Camionetas de Peixe
Asasinado xunto ao seu pai Manuel Montes Don no domicilio familiar a inicios de 1938
Home de 35 anos, Panadeiro/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Sinforiano López 51-1º, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Panadeiros. Secretario da Federación Local Obreira da CNT da Coruña
Fuxiu á zona republicana e loitou co Exército Republicano en Asturias. Despois semella, sen existir documentación, que escapou cara Galicia e caeu abatido no porto do Acevo na Fonsagrada. Non consta rexistro documental deste feito.
Home de 39 anos, Tranviario
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Orzán, 20-2º, A Coruña (A Coruña)
CNT, Presidente do Sindicato de Tranviarios
Detido e inculpado en causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e a disposición do delegado de Orde Pública. Semella que foi paseado
Home, Tranviario
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
PSOE e UGT
Morto o 01 de setembro de 1936
Detido e paseado pola Garda Civil en Coirós. Soterrado nunha fosa común, sen atoparse o seu corpo.
Home de 34 anos
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Igrexario-Devesos, Ortigueira (A Coruña)
CNT, Do Sindicato xeral de proletarios de S.Clodio
Integrante dunha partida de fuxidos. Tras ser xulgado e declarado en rebeldía, desaparece en 1944 sen saberse o seu paradoiro.
Home, Cociñeiro/a
Veciñanza: Oleiros (A Coruña)
CNT, Da "Unión Campesina" de Nós
Fuxe á Asturias e combate co exército republicano no BON Galicia, onde acada o grao de capitán. Supostamente morre no Alto do Acevo cando regresaba a Galicia despois da caída da fronte asturiana
Home de 24 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: A Seca-Mourente, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Tras serlle conmutada a pena e sair de prisión, acaba integrándose na guerrilla antifranquista. Desaparición no Valle de Arán ao resultar posiblemente morto nunha emboscada.
Home, Transportista de peixe
Veciñanza: Carral
PCE
Detido en Noia e conducido á cadea de Carral. Paseado na Costa do Sal-Coirós.
Home de 42 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Libertad 18 1º El Grao-Valencia
Responsable da misión do buque Mar Cantábrico xunto co capitán. Delegado do goberno no barco
Ao ser capturado o "Mar Cantábrico", e tras queimar documentación, aparentemente pégase un tiro antes de que entren os captores no camarote. Semella que o cadáver foi tirado ao mar