Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 25 anos, Limpabotas
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Atocha Baixa, A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada no Penal de San Cristóbal ao participar na fuga.

Home de 20 anos, Pintor
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 31 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de fractura de cráneo por arma de fogo. Morte no Hospital Militar-Vigo

Home de 50 anos, Labrego/a
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Sober (Lugo)
IR, Concelleiro
Morto o 03 de agosto de 1938

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte rexistrada a causa de lesións orixinadas por disparos. O suceso ten lugar ás 11 e o cadáver aparece en Toldaos-O Incio.

Home de 36 anos
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Muller
Veciñanza: Calvario-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Morta na vía pública en Vigo rexistrada a causa de hemorraxia interna por disparo de fusil

Home
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 21 de xullo de 1936

Morte rexistrada a causa de perda de substancia cerebral. Feito vencellado coa escenificación do Golpe militar na Coruña. Autopsia o 22-07-1936.

Home de 27 anos, Chofer
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia internal por proxectil de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita
CNT
Morto o 30 de xullo de 1936

Morte en enfrontamentos.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Cerceda (A Coruña)
Veciñanza: Boimil, Cerceda (A Coruña)
Morto o 10 de outubro de 1938

Morte, ás 6, nunha vivenda da R/s Xosé da Coruña a consecuencia de ferida sufrida por disparo de arma de fogo.

Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
O seu pai ten negocios en Teis
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado enVigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 43 anos, Garda xurado
Natural de Abegondo (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Morto o 22 de xullo de 1936

Rexistrado na Coruña morto a causa de ferida de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Hospital Militar

Home de 35 anos, Ferreiro/a
Natural de Teo (A Coruña)
Veciñanza: Bugallido, Ames
Morto o 22 de xullo de 1936

Morte rexistrada na Estación de Osebe-Calo-Teo a causa de lesións por arma de fogo na tentativa de asalto ao tren

Home de 22 anos, Panadeiro/a
Natural de Cotobade (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.

Home de 32 anos, Axente comercial
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui (Pontevedra)
Morto o 22 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo por hemorraxia interna de ventre por proxectil de arma de fogo.

Home de 19 anos, Limador de Serra
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo (A Coruña)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Preso en San Cristóbal, morto na cadea, na fuga.

Home de 36 anos, Zapateiro
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.Morte no Penal de San Cristóbal no intento de fuga.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela, Redondela
CNT, Da Sociedade mariñeira de Chapela
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.

Home de 21 anos, Labrego/a
Natural de Amoeiro (Ourense)
Veciñanza: Trasalba, Amoeiro (Ourense)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal

Home
Natural de Sober (Lugo)
Veciñanza: Proendos, Sober (Lugo)
Do Centro Obreiro.
Morto o 26 de xullo de 1936

Xulgado por rebelión, suspéndense as actuacións ao coñecerse a súa morte no asalto ao centro obreiro por militares e falanxistas.

Home de 34 anos, Funcionario/a
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Rioboo, Sada (A Coruña)
PG, Auxiliar do Secretario do Xulgado
Morto o 05 de setembro de 1936

Tras recoñecer os cadáveres de X.A. Suárez Picallo e outros compañeiros quítase a vida na súa casa, en Sada. A súa morte é rexistrada a causa de hemorraxia interna cerebral por arma de fogo

Home de 42 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Peralto, O Grove (Pontevedra)
Morto o 25 de xullo de 1936

Morte rexistrada no seu enderezo de Peralto-O Grove a causa de shock traumático. Morto nos primeiros días despois do golpe de Estado de xeito fortuíto ao ser impactado por unha bala nun disparo intimidatorio.

Home de 33 anos, Obreiro do Ferrocarril
Natural de Maceda (Ourense)
Veciñanza: Vixueses-Foncuberta, Maceda (Ourense)
Morto o 25 de xullo de 1936

Morte rexistrada en Vixueses-Foncuberta-Maceda a causa de fractura de ósos por disparo.

Home de 40 anos
Morto o 18 de febreiro de 1939

Morte rexistrada en Xestoso de Lor-Quiroga a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 22 anos, Chofer
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Ponteareas, Ponteareas (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Muller de 40 anos
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 21 de xullo de 1936

Morte rexistrada por disparos de arma de fogo en Ferrol.

Home de 53 anos, Ferreiro/a
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home de 28 anos, Reloxeiro/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Castro de Beiro-Pazos, Ourense (Ourense)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 200 ptas. Morte na fuga do penal de San Cristobal-Pamplona

Home de 30 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia intracraneal por fusil. Lugar de aparición do cadáver: Porta do Sol-Vigo

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Mourente-Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Pontevedra a causa de hemorraxia por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Pontevedra

Home de 15 anos
Veciñanza: Veredo, Sarreaus
Morto o 23 de xullo de 1936

Morte rexistrada no Hospital Provincial de Ourense a causa de feridas recibidas pola forza pública. Data da inscrición: 23-7-1936.

Home de 41 anos, Axente comercial
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Rúa 14 de Abril- Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home de 63 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo, Ribeira (A Coruña)
Morto o 22 de xullo de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia en hemitórax. Vencellada á escenificación do Golpe militar na Coruña. Practícaselle autopsia o 22-07-1936.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Bueu
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado, en 1936, en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga dos Forte de S Cristobal (Pamplona).

Home de 41 anos, Xornaleiro
Natural de A Pobra do Brollón (Lugo)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Morto o 22 de xullo de 1936

Morte rexistrada na Coruña a causa de hemorraxia interna. Suceso vencellado á escenificación do Golpe militar na Coruña. Practicáselle autopsia o 22-07-1936.

Home de 48 anos, Propietario/a
Natural de Riotorto (Lugo)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Morto o 22 de xullo de 1936

Morte rexistrada a causa de ferida con destrución do corazón. Vencellada á escenificación do Golpe militar na Coruña. Practícaselle autopsia o 22-07-1936.

Muller de 52 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 21 de xullo de 1936

Morte rexistrada por ferida de arma de fogo en Ferrol.

Home de 30 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 23 de xullo de 1936

Morte no Hospital da Mariña de Ferrol por ferida de arma de fogo.

Home de 19 anos, Albanel
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Couto de Abaixo-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia internal por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home de 25 anos, Ferroviario
Veciñanza: Urzáiz Nº 1, 4º, Vigo (Pontevedra)
Natural de Madrid
Morto o 15 de novembro de 1943

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte - en enfrontamento armado- rexistrada a causa de hemorraxia interna.

Home de 45 anos, Mestre/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo (A Coruña)
PG
Morto o 23 de abril de 1937

Suicidio por disparo na tempa caixa de cadeas do "Bou Eva", cando era acosado mentres intentaba fuxir xunto con outros

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
Morto o 05 de outubro de 1938

Detido en Ortigueira en marzo do 1938. Castigo nun Batallón de Traballadores en Castellón onde morre.

Muller de 72 anos, Traballo na casa
Natural de A Pobra do Brollón (Lugo)
Veciñanza: Eirexalba, O Incio (Lugo)
Morto o 12 de maio de 1939

Morte rexistrada en Eirexalba-O Incio a causa de hemorraxia sanguínea tras un tiroteo na súa casa na que se agochaban fuxidos. Un deles, Benigno Díaz González, resulta morto.

Muller
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Morto o 22 de xullo de 1936

Rexístrase a súa morte na Coruña a causa de hemorraxia interna polos sucesos da proclama do golpe militar

Home de 25 anos, Ferreiro/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Vilaboa, A Coruña (A Coruña)
Morto o 29 de xullo de 1936

Morte rexistrada a causa de disparo de arma de fogo. Aparición do cadáver no Hospital Municipal da Coruña.

Home de 44 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/s. Francisco 69, Vigo (Pontevedra)
Morto o 23 de abril de 1937

Suicidio por disparo na tempa no "Bou Eva" xunto cun grupo máis, acosados cando intentaban fuxir. Existía unha requisitoria de mariña acusándoo de coacción

Home de 20 anos, Xornaleiro/a
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: Atios, O Porriño (Pontevedra)
Morto o 21 de xullo de 1936

Rexistrado morto en O Porriño a causa de disparo de bala máuser. Lugar de aparición do cadáver: parroquia de Tameiga-Mos

Home de 28 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 21 de xullo de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ferida de arma de fogo.

Home de 22 anos, Canteiro/a
Natural de Brión (A Coruña)
Veciñanza: Mato-A Luaña, Brión (A Coruña)
Do Sindicato de Oficios varios de Teo.
Morto o 21 de decembro de 1937

Detido e levado á cadea sen chegar a ser procesado. Sofre constantes malleiras, pode voltar a casa e a resultas deste maltrato acaba morrendo no seu domicilio, rexistrándose a morte a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu, Bueu
Morto o 22 de maio de 1938

Tras ser xulgado e quedar en liberdade vixiada, volta a ser xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación. Morte na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.

A Navalla Suíza