Home de 30 anos, Estibador/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Membro do Sindicato de Estibadores de Carril
Paseado. Semella que puido ser fondeado no mar.
Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo-Carnota, Carnota (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol e integrado no exército republicano. Ao remate da guerra pasa a Franza e ingresa no campo de refuxiados de Agde-Herault cunha ferida nunha perna. Semella que a resultas desta acabou morrendo de gangrena, xa que o contacto coa familia cesou bruscamente.
Home de 36 anos, Electricista
Veciñanza: Padrón, Padrón
Xefe da Compañía de Luz
Paseado, sen atoparse o seu corpo.
Home
Veciñanza: A Pobra do Brollón
Fuxido, supostamente morto en enfrontamento coa Garda civil.
Home de 35 anos, Metalúrxico
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: R/Bernardo Mateo Sagasta, 10, Pontevedra
Morto o 06 de outubro de 1937
Xulgado en Pontevedra acusado dun delicto cometido na prisión onde xa cumpre condea por rebelión militar, declarado en rebeldía ao fuxir no traslado. En realidade acaba sendo paseado na estrada de Pontevedra a Caldas.
Home
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Home, Obreiro/a
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
CNT, Natural de Portugal. Obreiro do Ferrocarril
Morto o 21 de agosto de 1936
Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía ao atoparse fuxido. Tras ser tiroteado morreu. A súa morte non foi rexistrada documentalmente.
Home, Carpinteiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)
Fuxido nos montes de Meira-Moaña.
Home de 20 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: A Lagoa-Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 24 de xullo de 1936
Morto nunha batida do exérctio en Solobeira-Vilagarcía de Arousa.
Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
UGT, Miliciano do BON 219
Morto o 30 de novembro de 1937
Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.
Home de 41 anos, Mestre/a
Natural de Bande (Ourense)
Veciñanza: Padriñán, Sanxenxo
PSOE, Fundador e secretario da agrupación local do PSOE
Morto o 05 de setembro de 1936
Declarado en rebeldía en dúas causas militares, informándose na segunda da súa fuxida nun traslado o 5 de setembro de 1936. Semella que foi paseado pero non se explicita a súa morte na causa militar nin fica rexistrada. O seu corpo nunca foi atopado.
Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido no monte e morte, no ano 1937, ao ser tiroteado pola forza pública no lugar de Colo da Arca, Camiño Ancho (antiga estrada de Pobra a Porto do Son).
Home, Xornaleiro
Natural de A Rúa (Ourense)
Veciñanza: A Rúa, A Rúa (Ourense)
Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. Morte sen ser rexistrado.
Home
Morto o 11 de novembro de 1936
Detido na Illa do Lazareto e paseado e soterrado en Pontevedra.
Home de 38 anos, Canteiro/a
Veciñanza: San Pedro, Cangas (Pontevedra)
PSOE
Morto o 28 de agosto de 1936
Morte rexistrada no Anguieiro-Cangas.
Home de 26 anos, Panadeiro/a
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Cruz do Incio, O Incio (Lugo)
Morto o 30 de agosto de 1936
Morte en Oural-Sarria a finais de agosto de 1936.
Home de 34 anos, Carabineiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)
Xulgado na Coruña co resultado de declaración en rebeldía. Semella que foi capturado, asasiñado e soterrado nun lugar oculto
Home, Obreiro do Ferrocarril
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
Natural de Portugal.
Morto o 21 de agosto de 1936
Paseado no monte Ladeira-Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.
Home, Comerciante
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Vilapouca-Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra)
PSOE, Concelleiro
Morto o 11 de agosto de 1936
Morte en Alba-Pontevedra, na estrada Pontevedra-Compostela.
Home
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Home
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Fuxido e en paradoiro descoñecido.
Home, Mestre/a
Veciñanza: Xil, Meaño
PSOE e UGT, Secretario do Centro Socialista
Paseado. Incoado expediente de depuración co resultado de separación do servizo e baixa no escalafón en 1940
Home de 27 anos, Canteiro/a
Natural de Lalín (Pontevedra)
Veciñanza: Botos, Lalín (Pontevedra)
Presidente da sociedad obreira "La Equidad" de Botos
Morto o 09 de novembro de 1936
Morte por disparos nun traslado. Semella que foi paseado e soterrado en Tenorio-Cotobade.
Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)
CNT, Sindicato de Profesións Varias
Morto o 22 de setembro de 1936
Paseado en Osedo-Sada.
Home de 19 anos, Labrego/a
Natural de Oza dos Ríos (A Coruña)
Veciñanza: Oza dos Ríos, Oza dos Ríos (A Coruña)
Sae da casa en agosto do 1936, dirección a Betanzos e non se volve a saber del. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía