Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 60 anos, Mariñeiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 39 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Cabo de fogoneiros do "Jaime I"

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento.

Home de 36 anos, Obreiro/a
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
CNT, Delegado do sindicato da sección de follalateiros

Xulgado por tenencia ou roubo de armas co resultado de declaración en rebeldía.

Home, Labrego/a
Natural de A Veiga (Ourense)
Veciñanza: Corzos, A Veiga (Ourense)
Morto o 11 de decembro de 1941

Prisioneiro nos campos de concentración de Sandbostel X-B, Mauthausen e Gusen, onde é rexistrada a súa morte o 11-12-1941. Previamente xulgado en Ourense por rebelión militar en causa incoada o 25-11-1936 co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Seixalbo, Ourense (Ourense)

Fuxido, declarado en rebeldía e despois mobilizado polo exército sublevado. Pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Seixalbo, Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Causa militar de 1937.

Home de 45 anos, Electricista
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Vilamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de absolución.

Home
Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 29 anos, Xornaleiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Piñeiro, Mugardos (A Coruña)
Morto o 27 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Ares a causa de varios balazos.

Home de 30 anos, Mecánico
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Lousame
CNT, Do Sindicato de mineiros de Lousame

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Concedido o sobresemento definitivo en 1967.

Home, Practicante
Veciñanza: Lugo, Lugo
UR, Directivo de UR-Lugo

Expediente de responsabilidades civil ou política con sanción

Home, Médico/a
Veciñanza: Lugo
Directivo UR-Lugo

Expediente de responsabilidade civil ou política con sanción.

Home
Natural de Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home
Natural de Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 36 anos, Labrego
Natural de Mos (Pontevedra)
Veciñanza: Mos (Pontevedra)
Morto o 07 de febreiro de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza de 12 anos. Morte rexistrada no hospital do Dr Troncoso en Vigo causa de peritonite traumática. Instrúese sumario.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Celeiro, Viveiro (Lugo)

Xulgado por incautación de armas e fabricación de explosivos co resultado de sobresemento provisional.

Home de 24 anos
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: A Guarda (Pontevedra)

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Seixo-Darbo, Cangas (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 65 anos, Funcionario municipal
Veciñanza: Rúa Real 30-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Natural de León
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas de bala. Lugar de aparición do cadáver: Sanatorio do Dr. Amoedo-Vigo-Lavadores

Home de 20 anos, Vendedor/a ambulante
Veciñanza: Rúa Ronda, Vigo (Pontevedra)
Natural de Zamora
Morto o 30 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de septicemia por ferida de arma de fogo longa na rexión glútea esquerda. Lugar de aparición do cadáver: Hospital Militar-Vigo. Vítima da escenificación do golpe militar na cidade

Home
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: Ventosela, Ribadavia (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sobresemento. Causa militar de 1936.

Home de 76 anos, Carpinteiro
Natural de Guadalaxara
Morto o 19 de xuño de 1941

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 27 anos, Peón
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Jove-Xixón
CNT
Morto o 30 de marzo de 1938

Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 38 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 28 anos, Torneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
CNT

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gobernativa

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos 6 meses en 1941.

Home de 21 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 14 de setembro de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia interna de cráneo por proxectil de arma de fogo curta. Lugar de aparición do cadáver: Cabral-Lavadores-Vigo

Home, Mestre/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)

Fuxido, agochado en Castro Caldelas e entre 1942 e 1947 en Castro Leboreiro-Portugal cunha identidade falsa, despois pasa a Valencia e reincorpórase á docencia en 1963.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove (Pontevedra)

Mobilizado forzoso polo bando franquista, tenta fuxir a zona republicana. Xulgado en Zaragoza co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua. Traballos forzados en Silleda. Marcha a Nantes-Francia

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) Presentouse en abril do 39 co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 02/41 por 6 anos e 1 día

Home de 27 anos, Comerciante
Natural de A Pontenova (Lugo)
Veciñanza: A Pontenova (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de As Nogais (Lugo)
Veciñanza: As Nogais (Lugo)

Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de Navia de Suarna (Lugo)
Veciñanza: Navia de Suarna (Lugo)

Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de absolución e a disposición do delegado de Orde Pública.

Home de 27 anos, Xornaleiro
Natural de Navia de Suarna (Lugo)
Veciñanza: Navia de Suarna (Lugo)
CNT, Do Sindicato mineiro de Fabero

Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de absolución e a disposición do delegado de Orde Pública.

Home de 27 anos, Mineiro
Veciñanza: Ortiguera-Coaña
JSU, Socorro Roxo Internacional
Morto o 02 de xullo de 1938

Fai a guerra no exército republicano. Xulgado no campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Tui.

Home de 59 anos, Carteiro
Natural de Sober (Lugo)
Veciñanza: Canabal, Sober (Lugo)

Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 27 anos
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Noalla-Sanxenxo, Sanxenxo (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (contra os que non se presentaron a filas do reemprazo do 1930 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Luarca

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Foxe a Francia.

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Veciñanza: Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 47 anos, Zapateiro
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
Do Centro Cultural do Porriño.

Tras estar fuxido dende 1936, entrégase en 1939. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Os seus irmáns Eduardo, Rogelio e José Fernández Miniño, así como o irmán da súa muller, Victor Valverde Mayo, todos mortos pola represión.

Home de 39 anos, Mecánico
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
Morto o 09 de agosto de 1937

Declarado en Rebeldía en causa militar. Agochado durante un ano na casa da nai. Detido por falanxistas en Salceda de Caselas cando tentaba pasar a Portugal, en compaña do seu irmán Rogelio. Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna traumática, ás 11, en As Insuas-Atios-O Porriño.

Home de 43 anos, Industrial
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
PCE, Comerciante
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Tui o 16-08-1936, a causa de "encuentro con las tropas del ejército". En realidade, esa sometido a un proceso militar e detido na cadea de Tui. Antes de dictarse a sentenza foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura

Home de 33 anos, Mecánico
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño, O Porriño (Pontevedra)
Morto o 09 de agosto de 1937

Agochado un ano na casa da nai. Tenta fuxir co seu irmán Eduardo a Portugal. É delatado por un pastor e detido polos falanxistas de Salceda de Caselas. Rexistrado morto en O Porriño a causa de hemorraxia interna traumática. Lugar de aparición do cadáver: Insua-Atios-O Porriño

Muller
Veciñanza: O Porriño, O Porriño (Pontevedra)

Detida no cárcere de Porriño.

Muller
Veciñanza: O Porriño, O Porriño (Pontevedra)

Detida no cárcere do Porriño.

Home de 45 anos, Militar
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Seara-Moaña, Moaña (Pontevedra)
Mariño de reemprazo no "Libertad" e patrón de cabotaxe de profesión

Combateu co exército republicano. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar co resultado sobresemento. En liberdade provisional en marzo do 1940

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de A Pontenova (Lugo)
Veciñanza: Conforto-Vilaoudriz, A Pontenova (Lugo)
Tenente Alcalde da Pontenova
Morto o 27 de xaneiro de 1938

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo, ás 7:30, nas tapias do cuartel da Garda Civil.

Home de 56 anos, Secretario Xudicial
Natural de Petín (Ourense)
Veciñanza: Petín, Petín (Ourense)
Morto o 12 de setembro de 1936

Morte rexistrada na Devesa, km. 38 da estrada Ourense-Ponferrada, Carballeda de Valdeorras a causa de hemorraxia cerebral.

Home, Médico/a
Veciñanza: Cortegada
Republicano de esquerdas

Pasa varios anos na cadea.

A Navalla Suíza