Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo-Carnota, Carnota (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol e integrado no exército republicano. Ao remate da guerra pasa a Franza e ingresa no campo de refuxiados de Agde-Herault cunha ferida nunha perna. Semella que a resultas desta acabou morrendo de gangrena, xa que o contacto coa familia cesou bruscamente.

Home de 36 anos, Electricista
Veciñanza: Padrón, Padrón
Xefe da Compañía de Luz

Paseado, sen atoparse o seu corpo.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Huelva
Morto o 22 de agosto de 1936

Detido pola Falange en Huelva o 21 ou 22 de agosto de 1936, desaparecendo posteriormente.

Home
Veciñanza: Serantes, Ferrol
IR, Alcalde de Serantes
Morto o 03 de febreiro de 1938

Estivo fuxido dende o inicio do Golpe de Estado. Detido e paseado nos arredores da praia de Valdoviño

Home, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña (Ourense)
CNT, Directivo do sindicato único de traballadores da Gudiña
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense co reusltado de declaración en rebeldía. Morte ao ser queimado xunto a 3 persoas máis en Pentes-A Gudiña.

Home
Veciñanza: A Pobra do Brollón

Fuxido, supostamente morto en enfrontamento coa Garda civil.

Home, Zapateiro
Veciñanza: A Coruña
CNT, Secretario do Sindicato de Zapateiros Manuais

Semella que foi paseado

Home de 35 anos, Metalúrxico
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: R/Bernardo Mateo Sagasta, 10, Pontevedra
Morto o 06 de outubro de 1937

Xulgado en Pontevedra acusado dun delicto cometido na prisión onde xa cumpre condea por rebelión militar, declarado en rebeldía ao fuxir no traslado. En realidade acaba sendo paseado na estrada de Pontevedra a Caldas.

Home
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT

Home, Obreiro/a
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
CNT, Natural de Portugal. Obreiro do Ferrocarril
Morto o 21 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía ao atoparse fuxido. Tras ser tiroteado morreu. A súa morte non foi rexistrada documentalmente.

Home, Ebanista
Veciñanza: Ordes
PSOE
Morto o 05 de outubro de 1936

Posto en busca e captura a finais outubro de 1936, pero segundo a memoria familiar xa morto antes nas inmediacións do cemiterio de Boisaca

Home de 57 anos, Labrego
Veciñanza: San Xurxo da Mariña-Ferrol, Ferrol
Morto o 04 de febreiro de 1938

Declarado en rebeldía, foi detido e paseado nas proximidades da praia de Valdoviño.

Home
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña, Moaña (Pontevedra)
Afiliado a "Solidaridad Marinera"

Fuxido, sen coñecerse máis do seu destino.

Home, Carpinteiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)

Fuxido nos montes de Meira-Moaña.

Home
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)
CNT, Directivo da "Solidaridad Marinera"
Morto o 15 de agosto de 1936

Fuxido dende os primeiros días da sublevación. Morto en agosto, sen constancia en rexistro algún.

Home
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Domaio, Moaña (Pontevedra)
Morto o 10 de setembro de 1936

Dado por morto.

Home de 80 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Morto o 11 de setembro de 1936

Sacado da súa casa, torturado e morte no cemiterio de Pereiró-Vigo

Home de 20 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: A Lagoa-Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 24 de xullo de 1936

Morto nunha batida do exérctio en Solobeira-Vilagarcía de Arousa.

Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
UGT, Miliciano do BON 219
Morto o 30 de novembro de 1937

Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.

Home, Mariñeiro
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
CNT, Directivo da "Alianza Marinera"

Paseado en Cangas.

Home de 51 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas, Cangas (Pontevedra)
CNT, Afiliado á "Alianza Marinera"

Preso no Instituto de Cangas, maltratado e logo paseado

Home de 41 anos, Mestre/a
Natural de Bande (Ourense)
Veciñanza: Padriñán, Sanxenxo
PSOE, Fundador e secretario da agrupación local do PSOE
Morto o 05 de setembro de 1936

Declarado en rebeldía en dúas causas militares, informándose na segunda da súa fuxida nun traslado o 5 de setembro de 1936. Semella que foi paseado pero non se explicita a súa morte na causa militar nin fica rexistrada. O seu corpo nunca foi atopado.

Home
Veciñanza: Becerreá, Becerreá
Comunista

Infórmase nunha causa da aparición do seu cadáver en Guitiriz ou Rábade. Previamente declarado en rebeldía.

Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido no monte e morte, no ano 1937, ao ser tiroteado pola forza pública no lugar de Colo da Arca, Camiño Ancho (antiga estrada de Pobra a Porto do Son).

Home, Xornaleiro
Natural de A Rúa (Ourense)
Veciñanza: A Rúa, A Rúa (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. Morte sen ser rexistrado.

Home, Fogoneiro
Veciñanza: A Folgosa, Moeche
Aprendiz de fogoneiro

Paseado en Ferrol.

Home de 36 anos
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: Arcos, Cuntis (Pontevedra)
Alcalde

Detido, fuxiu do cárcere. Paseado, sen quedar constancia documental da súa morte.

Home
Morto o 11 de novembro de 1936

Detido na Illa do Lazareto e paseado e soterrado en Pontevedra.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Trasparga, Guitiriz

Fuxido e en paradoiro descoñecido. Infórmase dunha posíbel morte por suicidio.

Home de 38 anos, Canteiro/a
Veciñanza: San Pedro, Cangas (Pontevedra)
PSOE
Morto o 28 de agosto de 1936

Morte rexistrada no Anguieiro-Cangas.

Home
Veciñanza: Moaña, Moaña (Pontevedra)
CNT, "Solidaridad Marinera". Concelleiro da FP

Fuxira canda 17 veciños máis, detido en Marín, pero escapa da cadea. Non se sabe máis del, paseado en agosto de 1936.

Home, Labrego/a
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Andabao, Boimorto (A Coruña)
Concelleiro
Morto o 17 de agosto de 1936

Tras ser detido e torturado, morte na Agra da Vila-Amenal-O Pino, onde é soterrado nunha fosa común sen rexistro documental

Home de 26 anos, Panadeiro/a
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Cruz do Incio, O Incio (Lugo)
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte en Oural-Sarria a finais de agosto de 1936.

Home
Natural de Camariñas (A Coruña)
Veciñanza: Ponte do Porto, Camariñas (A Coruña)

Desaparecido

Home de 34 anos, Carabineiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)

Xulgado na Coruña co resultado de declaración en rebeldía. Semella que foi capturado, asasiñado e soterrado nun lugar oculto

Home de 40 anos
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)
Fundador da sociedade "El Progreso"
Morto o 07 de decembro de 1936

Morte no Matadoiro de Marín

Home, Obreiro do Ferrocarril
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
Natural de Portugal.
Morto o 21 de agosto de 1936

Paseado no monte Ladeira-Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas, Cangas (Pontevedra)
CNT e PCE, Directivo da "Alianza Marinera"
Morto o 24 de maio de 1937

Paseado na Regaduxa-Vilaboa. Previamente agochado, é delatado por unha falanxista.

Home, Comerciante
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Vilapouca-Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra)
PSOE, Concelleiro
Morto o 11 de agosto de 1936

Morte en Alba-Pontevedra, na estrada Pontevedra-Compostela.

Home

Fuxido e en paradoiro descoñecido.

Home de 19 anos, Obreiro/a
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Travesía de Vera nº 16 -1º, A Coruña
CNT, Afiliado a "El despertar marítimo"

Detido nun intento de fuxida colectiva no Porto de Labañou (A Coruña), tiroteado. Nunca apareceu o corpo

Home, Mestre/a
Veciñanza: Xil, Meaño
PSOE e UGT, Secretario do Centro Socialista

Paseado. Incoado expediente de depuración co resultado de separación do servizo e baixa no escalafón en 1940

Home de 27 anos, Canteiro/a
Natural de Lalín (Pontevedra)
Veciñanza: Botos, Lalín (Pontevedra)
Presidente da sociedad obreira "La Equidad" de Botos
Morto o 09 de novembro de 1936

Morte por disparos nun traslado. Semella que foi paseado e soterrado en Tenorio-Cotobade.

Home de 25 anos
Natural de Esgos (Ourense)
Veciñanza: R/ Placer 3, Vigo (Pontevedra)
Morto o 10 de novembro de 1936

Fuxido e declarado en rebeldía, detido na Illa do Lazareto e paseado.

Home
Veciñanza: A Cheda-Cardeiro, Boimorto (A Coruña)
Concelleiro
Morto o 17 de agosto de 1936

Morte na Agra da Vila-Amenal-O Pino.

Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)
CNT, Sindicato de Profesións Varias
Morto o 22 de setembro de 1936

Paseado en Osedo-Sada.

Home de 19 anos, Labrego/a
Natural de Oza dos Ríos (A Coruña)
Veciñanza: Oza dos Ríos, Oza dos Ríos (A Coruña)

Sae da casa en agosto do 1936, dirección a Betanzos e non se volve a saber del. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home
Veciñanza: Meira, Moaña (Pontevedra)
Morto o 16 de outubro de 1936

Paseado en outrubro de 1936

A Navalla Suíza