Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 26 anos, Carpinteiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Carmoedo-Sada, Sada (A Coruña)

Estivo agochado na casa até outubro do 1939 no que se presenta. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 6 anos. Indulto en abril do 1940

Home de 43 anos
Natural de San Cibrao das Viñas (Ourense)
Veciñanza: Noalla-Reboredo, San Cibrao das Viñas (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 63 anos, Labrego
Natural de Granada
Morto o 08 de xullo de 1942

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte

Home, Ferroviario
Veciñanza: Betanzos

Asesiñado e, posiblemente, rexistrado morto como descoñecido en Aranga. O seu fillo Jesús López Méndez sufriu parello destino

Home de 38 anos, Labrego/a
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Vilar de Ousón, Becerreá (Lugo)

Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de libre absolución e a disposición do delegado de Orde Pública.

Muller de 25 anos, Traballo na casa
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgada en A Coruña por rebelión co resultado de prisión 20 anos

Home de 22 anos, Carpinteiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia absolución

Home, Funcionario/a

Desterro en Torrecilla de Cameros. Traído a declarar en Causa militar instruída en Ferrol. Ao non resultar procesado é devolto ao seu lugar de desterro.

Home de 20 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Campo do Inferniño, Ferrol (A Coruña)
CNT, Mecánico electricista

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gobernativa.

Home de 54 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Camiño Ancho-Corraliño-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Acusado de ser parte do comité do barco Cristobal Colón. Combate no exército republicano. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia prisión 12 anos 1 día (1940). Conmutación por 3 anos ese mesmo ano. Indulto total no 1946

Muller de 41 anos, Traballo na casa
Natural de Bande (Ourense)
Veciñanza: Recarei-Bande, Bande (Ourense)

Xulgada en Ourense por actividades perigosas co resultado de sobresemento. Causa de 1936. Queda a disposición gobernativa

Home de 20 anos, Empregado/a
Natural de Bande (Ourense)
Veciñanza: Bande, Bande (Ourense)
Empregado de farmacia

Xulgado en Ourense por actividades perigosas co resultado de sobresemento e posta a disposición gobernativa.

Home, Industrial
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Pasada militancia como directivo da ORGA

Detención sen proceso xudicial.

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño enfermeiro de servizo en Ferrol en 1936.

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión co resultado de revocación do auto de procesamento.

Home
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Alcalde

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Estivo agochado no seu domicilio até 1942.

Home de 50 anos, Maquinista naval
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Camiño da Raposa-Bouzas, Vigo (Pontevedra)
CNT, Presidente do Sindicato de maquinistas e fogoneiros hablitados

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Francia e ingresado no Campo de Bran. Preséntase no Consulado en Perpignan para ser repatriado. Retomado o proceso, pero revogado o auto de procesamento e posto en liberdade provisional (1939). Tamén procesados o seu fillo Armando López Rey e o seu cuñado Emilio Rey Vidal

Home de 58 anos, Industrial
Natural de Lobios (Ourense)
Veciñanza: Grou-As Quintas, Lobios (Ourense)
Labrego

Xulgado en Ourense por uso dun nome suposto en prexuízo dun particular co resultado de sentencia a 6 meses de prisión e sancionado co pagamento dunha multa de 1000 ptas.

Home de 24 anos, Xornaleiro
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Monforte de Lemos (Lugo)
CNT, Do Sindicato de Oficios Varios de Monforte
Morto o 21 de setembro de 1936

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo.

Home de 21 anos, Ceramista
Veciñanza: Os Lagares, 27, Monforte de Lemos (Lugo)
UGT

Xulgado por rebelión co resultado de sobresemento provisorio e posta a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 43 anos, Ferroviario
Veciñanza: Monforte de Lemos (Lugo)
Natural de León.

Xulgado por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Home de 28 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Natural de Brión-Ferrol

Deportado a Mauthausen en decembro de 1940. Trasladado a Gusen. Liberado en Mauthausen en maio de 1945

Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 41 anos, Mecánico
Natural de Mesía (A Coruña)
Veciñanza: Mesía, Mesía (A Coruña)

Causa aberta en A Coruña por rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Preso en 1942

Home de 32 anos, Labrego
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira-Esteiro, Cedeira (A Coruña)
Concelleiro da FP de Cedeira
Morto o 11 de marzo de 1938

Rexistrado morto en Cerdido a causa de destrucción cerebral.

Home de 27 anos, Empregado/a
Veciñanza: Ourense
Morto o 27 de setembro de 1937

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Mañón (A Coruña)
Veciñanza: Eventualmente Madrid

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Trala derrota, fuxe a Francia, é ingresado nun campo de prisioneiros en Perpignan e retorna. Pasa por diversos campos de prisioneiros e sofre castigo no batallón de traballadores 210 en San Roque-Cadiz.

Home de 30 anos, Recauchutador
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia absolución

Home, Médico/a
Veciñanza: Ourense, Ourense
PG

Multado

Home de 31 anos, Industrial
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: A Ramallosa, Nigrán (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por tenencia de armas co resultado de sobresemento provisional.

Home de 23 anos, Músico
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Paradela (Lugo)
Membro de sociedade obreira

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 38 anos, Labrego/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Loio, Paradela (Lugo)

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 51 anos, Xornaleiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (sustración da motora Golondrina) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 33 anos, Mestre/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
PSOE, FETE-UGT

Detido sen procesamento xudicial en Cerdedo e Pontevedra. Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo e expulsión do Maxisterio.

Home, Labrego/a
Veciñanza: Chantada
UGT, Directivo dunha sociedade agraria

Detención sen procesamento xudicial.

Home de 26 anos, Carpinteiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Hombre, Pontedeume (A Coruña)
Cumprindo servizo no cruceiro "Miguel de Cervantes".

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional.

Home de 51 anos, Garda municipal
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: R/ María nº 87 baixo, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo finalmente posto en liberdade.

Home de 26 anos, Canteiro/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Toexe, Paradela (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de absolución.

Home, Xornaleiro
Natural de Sarria (Lugo)
Veciñanza: Sarria (Lugo)

Xulgado en Lugo por tenencia ou roubo de armas co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.

Home
Veciñanza: Paradela (Lugo)

Xulgado en Lugo por tenencia ilícita de armas co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.

Home de 31 anos, Albanel
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Córgomo, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Previamente fuxido en Asturias.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Aranga (A Coruña)
Veciñanza: Cambás-Aranga, Aranga (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado sentencia prisión 6 meses

Home de 40 anos, Muiñeiro/a
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Cernego, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentencia a cadea perpetua. Causa militar de 1936.

Home de 44 anos, Mestre/a
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Vilar de Parada-Carnota-A Coruña, Carnota (A Coruña)
Morto o 24 de marzo de 1937

Pedro López Vázquez exercía como mestre de escola en Vilar de Parada, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa de planta baixa que usaba para dar escola no paraxe do Campiño, na parroquia de San Mamede de Carnota. A súa tortura durou máis de un día, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os propios asasinos botáronlle por debaixo da porta unha carta aos seus país (actual casa de Virginia), para que fosen facerse cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debían facer. Aparece inscrito no libro de defuncións por “dilixencias practicadas”, (supónse que pola autoridades militar). O certificado de defunción indica que a causa da morte “no domicilio paterno” foi un “colapso", segundo a “autopsia practicada”.

Home de 59 anos
Veciñanza: Santa Icía de Trasancos, Ferrol (A Coruña)
Morto o 22 de outubro de 1936

Morte rexistrada nas Pontes sen especificar a causa

Home de 25 anos, Soldado
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)

Xulgado na Coruña por actividades políticas co resultado de sobresemento

Home de 19 anos, Albanel
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Couto de Abaixo-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia internal por disparo de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home de 21 anos, Militar
Veciñanza: Xixón
Tripulante do acoirazado "España"
Morto o 25 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de A Pontenova (Lugo)
Veciñanza: Vilaoudriz, A Pontenova (Lugo)

Xulgado por sedición co resultado de sobresemento provisional.

A Navalla Suíza