Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Muller de 33 anos, Traballo na casa
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Castrelos, Vigo (Pontevedra)

Xulgada en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Dúas igrexas, Forcarei

Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936. Separación do servizo e baixa no escalafón o 11-5-1940

Muller de 24 anos, Criado/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
UGT

Xulgada na Coruña por rebelión con resultado de sentencia pena de morte conmutación a cadea perpetua

Muller de 50 anos, Carboeira/o
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa de Baterías 1, Ferrol (A Coruña)

Xulgada en Ferrol por inxurias ao "Generalísimo" co resultado de sentenza a 12 anos de prisión

Home de 30 anos, Patrón de pesca
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Praza Pescadores 8, baixo, Vigo (Pontevedra)
Propietario dunha lancha motora da que é patrón e armador.

Detido en relación con causa militar en Ferrol. En liberdade tendo que presentarse diariamente ás autoridades. A súa muller, Alcira Martínez Seijo, detida e o seu cuñado fuxido e procesado

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Campolameiro, Campo Lameiro

Aberto expediente de depuración

Muller

Detención e a disposición do Xulgado Militar de Instrucción de Pontevedra.

Muller de 60 anos
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgada en Vigo por axuda a un fuxido co resultado de absolución.

Home de 46 anos, Labrego
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Caraña de Abaixo, 23, Betanzos (A Coruña)
CNT
Morto o 16 de xaneiro de 1942

Fuxido durante a guerra. Xulgado na Coruña por rebelión, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Morte na cadea da Coruña. A súa muller, Carmen Romay Cortés, tamén condenada a prisión

Home de 37 anos, Cobrador/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.

José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.

Home de 31 anos, Mecánico
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 02 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Chousa da Fonte-Vilar-Artes-Carballo, xunto coa súa muller, Consuelo Otero Rial

Home de 46 anos, Labrego
Natural de Lalín (Pontevedra)
Veciñanza: Donsión, Lalín (Pontevedra)
Directivo da Soc.Obreira de Ponte-Nova
Morto o 09 de novembro de 1936

Preso en San Simón. Infórmase nunha causa militar da súa morte nun traslado. A súa muller ten que inscribilo como desaparecido en 1943.

Home de 58 anos, Ebanista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Lider histórico do movemento obreiro compostelán

No momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, ate que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. a súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.

Home, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)
CNT, Patrón e propietario da súa propia embarcación.

Sacado da casa en procesión de escarnio polas ruas de Porto do Son. Sufre malleiras no Cuartel da Garda civil. A súa muller, Carmen Allegue fuxe ao monte e os seus fillos Francisco e José son condeados a cada perpetua.

Home de 40 anos, Avogado
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Logrosa, Negreira (A Coruña)
IR, Avogado e procurador. Presidente de IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Agochado no Pazo de Cotón-Negreira. Despois marcha a México e Venezuela. A súa muller, Agustina Elena Suárez Suárez, tamén procesada

Muller de 39 anos, Labrego/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada, A Estrada

Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Muller de 20 anos
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño, O Porriño (Pontevedra)

Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión. Conmutación a 3 anos de prisión menor o 15-12-1942.

Muller de 29 anos, Conserveiro/a
Veciñanza: Ponteareas, Ponteareas
Natural de Bos Aires-Arxentina

Xulgada en Vigo por rebelión militar co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos. Extinción da pena o 07091939.

Muller, Traballo na casa
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgada en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión correccional 4 anos. Conmutación a 2 anos de prisión menor.

Muller de 63 anos
Natural de Láncara (Lugo)
Veciñanza: Vilaesteva de Herdeiros, Láncara (Lugo)

Xulgada en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Muller de 36 anos, Mestre/a
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Forcadela, Tomiño

Xulgada en Vigo por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua

Muller de 54 anos, Xornaleiro/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ S. Sebastian 45-2º, Ferrol (A Coruña)
UGT, Socialista. Directiva da Sociedade de Descargadoras e do Grupo Feminino de Ferrol.
Morto o 22 de setembro de 1936

Ingreso en Prisión o 22-8-1936 e rexistrada a súa morte en Ferrol a causa de ser pasada polas armas.

Muller de 47 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasada polas armas

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
UGT, Directiva de FETE-UGT

Depuración

Muller
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Rutis, Culleredo

Detida. Rapada ao cero

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Cabral-Lavadores, Vigo (Pontevedra)

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Xunqueiras, Pazos de Borbén

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Lourizán, Pontevedra

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Muller de 35 anos, Traballo na casa
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Oleiros (A Coruña)

Xulgada na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a prisión 2 anos. O seu fillo é mobilizado polo exercito sublevado e morre na fronte

Muller de 40 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT

Xulgada en A Coruña por rebelión. Non coñecemos a sentencia

Muller de 57 anos, Traballo na casa
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgada en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sobreseímento

Muller de 47 anos, Traballo na casa
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
FAI, Enlace reorganización FAI-A Coruña

Xulgada en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia absolución (decembro do 37)

Muller de 44 anos, Lavandeira
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Inculpada en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento. Cuñada de José Silva Cobas

Muller de 39 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Sisalde-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Morto o 21 de marzo de 1938

Morte rexistrada a causa de feridas producidas por arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Valdoviño

Muller
Veciñanza: Cangas

Maltratada polos falanxistas

Muller

Arrancada a súa páxina, xunto con outras referidas a paseados/as, do Rexistro Civil de Mañón. Sen máis datos

Muller de 26 anos, Labrego/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Trabanca Badiña-Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Morto o 19 de marzo de 1937

Torturada e fusilada en marzo do 1937 por agochar na súa casa a Urbano Tarrío. Rexistrada como executada por estar incursa nos bandos de guerra

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Dormirón, Narón

Depurada por non ter fervor a España e non respectar as institucións. En 1942 foi desterrada por 5 anos de Galicia

Muller
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal
Casada con Emilio Rey Vidal e tía de Armando López Rey, fuxidos e procesados na causa 2.867/38 Ferrol.

Detida en relación con causa militar en Ferrol sendo posta en liberdade e a disposición do delegado de Orde Pública. O seu marido Emilio Rey Vidal, o seu sobriño Armando López Rey e outros parentes neses intres fuxidos e en rebeldía

Muller de 46 anos, Traballo na casa
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares (A Coruña)

Inculpada en causa militar en Ferrol sendo posta en liberdade sen cargos

Muller de 32 anos, Traballo na casa
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares (A Coruña)

En xullo de 1936 é detida e pasa pouco máis dun mes en prisión. en 1939, inculpada en causa militar en Ferrol sendo posta en liberdade.

Muller de 27 anos
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: San Sebastián

Xulgada en Asturias co resultado de sobresemento provisional

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Tremoedo, Vilanova de Arousa

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Valongo, Cotobade

Depuración. Suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936

Muller, Mestre/a
Veciñanza: Arcos, Mazaricos

Sancionada no seu cargo acusada de esquerdista, non relixiosa e estar mal vista entre o vecindario. O seu marido, José Manuel Moledo Rodríguez, foi asasiñado en agosto en Carral e inscrito como descoñecido.

Muller de 48 anos, Obreiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)

Xulgada en Vigo por actividades contra o "alzamiento nacional" co resultado de absolución.

Muller de 40 anos, Traballo na casa
Natural de Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Veciñanza: Rubiales-Zanfonga, Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

Xulgada en Lugo por rebelión co resultado de absolución.

Muller de 59 anos
Veciñanza: Barrosas, As Pontes de García Rodriguez
Morto o 05 de setembro de 1936

Morte rexistrada en As Pontes.

Muller de 43 anos, Xornaleiro/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Tamar-Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 23 de agosto de 1936

Morte no monte Soloveira-Cornazo-Vilagarcía de Arousa, rexistrada a causa de feridas producidas por arma de fogo.

A Navalla Suíza