Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 42 anos, Chofer
Natural de Pantón (Lugo)
Veciñanza: Valdoviño, Valdoviño
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos e 1 día. Morto na cadea na Fuga de San Cristóbal

Home de 26 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mozo do Comercio
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morto na cadea na Fuga de San Cristóbal

Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
O seu pai ten negocios en Teis
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado enVigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 22 anos, Ferreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña, A Gudiña (Ourense)
Morto o 22 de maio de 1938

Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal. Previamente xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 28 anos, Reloxeiro/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Castro de Beiro-Pazos, Ourense (Ourense)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 200 ptas. Morte na fuga do penal de San Cristobal-Pamplona

Home de 21 anos, Labrego/a
Natural de Amoeiro (Ourense)
Veciñanza: Trasalba, Amoeiro (Ourense)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: Ribadavia, Ribadavia (Ourense)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar en proceso de 1936 co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 25 anos, Limpabotas
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Atocha Baixa, A Coruña
CNT
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada no Penal de San Cristóbal ao participar na fuga.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado, en 1936, en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga dos Forte de S Cristobal (Pamplona).

Home de 19 anos, Follalateiro/a
Natural de Coristanco (A Coruña)
Veciñanza: A Silva, A Coruña
JJ.LL.
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado na Coruña co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal

Home de 41 anos, Xornaleiro
Natural de A Pobra do Brollón (Lugo)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 40 anos, Xornaleiro
Natural de Cospeito (Lugo)
Veciñanza: San Mamés de la Vega
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en León por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 36 anos, Zapateiro
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.Morte no Penal de San Cristóbal no intento de fuga.

Home de 24 anos, Chocolateiro/a
Natural de A Cañiza (Pontevedra)
Veciñanza: A Cañiza, A Cañiza (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 31 anos, Xornaleiro
Natural de Crecente (Pontevedra)
Veciñanza: Crecente, Crecente (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Segovia por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu, Bueu (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu, Bueu (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home
Natural de Gondomar (Pontevedra)
Veciñanza: Gondomar, Gondomar (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938

Morte na fuga do Penal de San Cristóbal.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
CNT e FAI, Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Sada. Organizador nesta localidade dos grupos faístas "Luz" e "Nueva Vida"
Morto o 19 de xuño de 1938

Agochado 2 anos en Miño e nos illotes de Cabrón e Carboeira fronte a Perbes e Pontedeume. Morte rexistrada en Sada a causa de hemorraxia interna cerebral por disparo de arma de fogo. Aparición do cadáver na estrada de Fontán-Sada. Rexistrado inicialmente como descoñecido. Pode que se suicidase véndose acosado.

Home de 21 anos
Natural de Guitiriz (Lugo)
Soldado destinado en Monforte.
Morto o 18 de xullo de 1938

Soldado desertor. Morte rexistrada en Monforte de Lemos a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Eivedo-San Xulián de Tor-Monforte de Lemos

Home de 50 anos, Labrego/a
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Sober
IR, Concelleiro
Morto o 03 de agosto de 1938

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte rexistrada a causa de lesións orixinadas por disparos. O suceso ten lugar ás 11 e o cadáver aparece en Toldaos-O Incio.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
Morto o 05 de outubro de 1938

Detido en Ortigueira en marzo do 1938. Castigo nun Batallón de Traballadores en Castellón onde morre.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Cerceda (A Coruña)
Veciñanza: Boimil, Cerceda (A Coruña)
Morto o 10 de outubro de 1938

Morte, ás 6, nunha vivenda da R/s Xosé da Coruña a consecuencia de ferida sufrida por disparo de arma de fogo.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: O Pindo, Carnota (A Coruña)
Morto o 17 de outubro de 1938

Fuxido. Tiroteado polas forzas destacadas no Pindo nas proximidades da súa casa, nas estribacións do Monte Pindo

Home de 23 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa
Morto o 11 de novembro de 1938

Morte, ás 20, rexistrada en Vilanova de Arousa a causa de hemorraxia en acción de guerra. Aparición do cadáver en Caleiro.

Home de 21 anos
Veciñanza: Salceda de Caselas
Natural de Portugal.
Morto o 17 de decembro de 1938

Morte rexistrada no Monte Silveira-Salceda de Caselas a causa de encontro coa forza armada. Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, sendo identificado o 25-10-1940.

Home
Natural de A Fonsagrada (Lugo)
Veciñanza: Rodrellán, A Fonsagrada (Lugo)
Morto o 18 de xaneiro de 1939

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte por fractura da base do craneo en Río de Toxos-A Fonsagrada.

Home de 40 anos
Morto o 18 de febreiro de 1939

Morte rexistrada en Xestoso de Lor-Quiroga a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Horta-Regoela, Cabanas (A Coruña)
Morto o 02 de marzo de 1939

Estaba fuxido no monte. Rexistrado en A Capela como morto a causa de hemorraxia interna ocasionada por ferida de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Monte de Cabalar-Cabalar-A Capela.

Home de 47 anos, Propietario/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Praza Irmáns García Naveira, Betanzos (A Coruña)
Morto o 09 de marzo de 1939

Morte a mans dun garda civil na vía pública a carón do seu domicilio

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Panxón-Nigrán, Nigrán (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Mariñeiros de Panxón
Morto o 04 de abril de 1939

Morte no monte como fuxido. Rexistrado en Vigo morto a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Moledo-Sárdoma

Home, Labrego/a
Natural de Taboada (Lugo)
Veciñanza: Argozón, Chantada (Lugo)
Morto o 12 de abril de 1939

Xulgado en Lugo co resultado de declaración en rebeldía. Integrante dunha partida de fuxidos. Infórmase en causa militar da súa morte por disparo.

Home de 30 anos
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Samos
Morto o 11 de maio de 1939

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte rexistrada a causa de lesións tras ser tiroteado pola Garda Civil nunha casa en Eirexalba-O Incio.

Home
Morto o 11 de maio de 1939

Fuxido. Morte rexistrada en Eirexalba-O Incio a causa de desaparición total da masa encefálica a consecuencia dun tiroteo coa Garda Civil. Con el morren tamén Benigno Díaz González e a dona da casa na que agochaban, Carmen Maceda. Os fillos desta, Antonio e Anuncia, detidos. Aos poucos meses morre Anuncia na cadea.

Muller de 72 anos, Traballo na casa
Natural de A Pobra do Brollón (Lugo)
Veciñanza: Eirexalba, O Incio (Lugo)
Morto o 12 de maio de 1939

Morte rexistrada en Eirexalba-O Incio a causa de hemorraxia sanguínea tras un tiroteo na súa casa na que se agochaban fuxidos. Un deles, Benigno Díaz González, resulta morto.

Home de 26 anos, Músico
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Cuíña, Ortigueira (A Coruña)
Tamén era ferreiro.
Morto o 01 de xuño de 1939

Inculpado en causa militar por integrar unha partida de fuxidos. Morte rexistrada a causa de fractura do cráneo por disparos de arma de fogo nun monte do Lugar de Monte Meán-Ortigueira.

Home de 24 anos, Labrego
Natural de Chantada (Lugo)
Veciñanza: Arcos, Chantada (Lugo)
Morto o 17 de decembro de 1939

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Integrante dunha partida de fuxidos. Morte rexistrada a causa de hemorraxia cerebral por lesións por disparos de arma de fogo. O Suceso ten lugar ás 7. Aparición do cadáver en Vilelos-O Saviñao.

Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Chantada (Lugo)
Veciñanza: Arcos, Chantada (Lugo)
Morto o 20 de decembro de 1939

Membro dunha partida de fuxidos. Morte no cárcere de Chantada por disparos de arma de fogo, ás 8.

Home, Industrial
Veciñanza: Tui
IR, Propietario dunha imprenta. Alcalde
Morto o 10 de xaneiro de 1940

Xulgado dúas veces en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Morte no agocho por tuberculose

Home, Garda municipal
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
Morto o 08 de marzo de 1940

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte por disparos en Burgos.

Home de 25 anos, Ferroviario
Veciñanza: Urzáiz Nº 1, 4º, Vigo (Pontevedra)
Natural de Madrid
Morto o 15 de novembro de 1943

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte - en enfrontamento armado- rexistrada a causa de hemorraxia interna.

Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sello-Cabral, Vigo (Pontevedra)
PCE, Afiliado ao Ateneo comunista de Cabral.
Morto o 26 de maio de 1947

O seu irmán José foi paseado en 1936. Pásase ao exército republicano. Detido e prisión en Zaragoza. De volta a Galicia entra a formar parte das partidas de fuxidos/guerrilla, sendo procesado e declarado en rebeldía en 1945, finalmente, acurralado pola Garda Civil, xunto a un compañeiro, suicídase antes de ser detido

Home
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Cabral, Vigo (Pontevedra)
Morto o 26 de maio de 1947

Xulgado en Vigo, en 1945, por formar partidas armadas co resultado de declaración en rebeldía. Finalmente, acurralado pola Garda Civil, suicídase xunto a Avelino Otero Montes.

A Navalla Suíza