Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
CNT, Sindicato da Industria Pesqueira de Vigo-Bouzas
Morto o 07 de novembro de 1936
Morte rexistrada en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. O cadáver aparece o 07/11/1936 en Trasmañó, estrada de Vigo a Redondela
Home
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Home de 42 anos, Canteiro/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
FAI
Morto o 04 de decembro de 1936
Executado tras consello de guerra na Caeira-Pontevedra.
Home de 33 anos
Morto o 28 de novembro de 1941
Preso en Fallingbostel. Deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941. Trasladado a Gusen en abril do 1941, onde morre
Home de 22 anos
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por rebelión, declarado en rebeldía e pídeselle multa de 30.000 ptas. Fuxira no vapor "Malenchu" cara Francia. Liberado do Complexo concentracionario de Mauthausen en maio de 1945. Sobrevivinte
Home de 46 anos, Labrego
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Caraña de Abaixo, 23, Betanzos (A Coruña)
CNT
Morto o 16 de xaneiro de 1942
Fuxido durante a guerra. Xulgado na Coruña por rebelión, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Morte na cadea da Coruña. A súa muller, Carmen Romay Cortés, tamén condenada a prisión
Home de 59 anos
Natural de Paderne de Allariz (Ourense)
Preso en Compiègne en xuño do 1944. Deportado a Dachau. Liberado. Sobrevivinte
Home de 27 anos
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Morto o 15 de xaneiro de 1942
Preso en Estrasburgo. Deportado a Mauthausen en decembro do 1940. Trasladado a Gusen en outubro do 1941, onde morre
Home de 30 anos
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Morto o 29 de marzo de 1941
Preso en Estrasburgo. Deportado a Mauthausen en decembro do 1940. Trasladado a Gusen en marzo do 1941. Morre en Hartheim
Home de 35 anos
Natural de Vilasantar (A Coruña)
Morto o 21 de decembro de 1941
Preso en Altengrabow. Deportado a Mauthausen en abril do 1941 e a Gusen en outubro do mesmo ano. Morre en Gusen en decembro do 1941
Detención e a disposición do Xulgado Militar de Instrucción de Pontevedra
Home de 37 anos, Cobrador/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes
diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.
José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.
Home de 19 anos, Albanel
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: San Xurxo da Mariña, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo coa República
Morto o 26 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentenza a pena de morte. Execución an Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.
Home de 21 anos, Militar
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Coiro-Cangas, Cangas (Pontevedra)
Mariño
Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. En maio de 1942 sae da Prisión Provincial de Huelva en liberdade condicional
Home de 20 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Cantoarea-Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño da Base de Tiro Naval "Janer" de Marín
Xulgado en Ferrol por deserción (ten outra causa por desacato á autoridade, por non respostar ao saúdo de "Arriba España") co resultado de sentencia prisión 6 anos. En liberdade tras o indulto de outubro de 1939
Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño fogoneiro
Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión (causa do "Cervera") co resultado de sobresemento provisional. Causa en 1938 contra oficiais da academia de maquinistas do arsenal por rebelión, prisión 4 anos e 1 día. Indultado en 10/38.