Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Piadela-Betanzos, Betanzos (A Coruña)

Combate no exército republicano. Nos Pirineos, capturado e campo de concentración. Causa aberta por deserción en Ferrol (non se ter presentado a filas) sobresemento provisorio

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana, campo de concentración e batallón de traballadores 2. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado sobresemento definitivo (1940) e queda en liberdade

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Avilés
Morto o 05 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución na Punta do Martelo do Arsenal-Ferrol.

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Detido en Santander e en Ferrol coma prisioneiro de guerra.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 6 anos.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Engraxador

Inculpado en Causa militar instruída en Donostia. Finalmente é sobreseído e posto en liberdade.

Home de 44 anos, Mariñeiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Noia, Noia (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión (contra tripulantes e propietarios vapor Rita García "rescatado en Inglaterra del dominio rojo y procedente de Hamburgo") co resultado sentencia prisión 12 anos

Home de 26 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Forte-Coiro, Cangas (Pontevedra)

Tras a guerra é integrado no Batallón disciplinario de traballadores nº 56 en Alxeciras.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo (traballando en Pasaxes), Ribeira (A Coruña)
Especialista redeiro

Servizo como mariñeiro para o goberno republicano. Inculpado en Ferrol co resultado de sobresemento provisional

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Foi condeado a prisión 10 anos e 1 día por adhesión a rebelión, aos 3 anos indultado.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 62 anos, Mariñeiro
Natural de Cantabria
Morto o 30 de abril de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Bilbao
Fogoneiro do "Udondo".
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: O Outeiro-Dorrón, Sanxenxo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Preso na fronte de Teruel, campo de concentración de Miranda del Ebro e batallón de traballadores 2 de Carabanchel.

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Corrubedo, Ribeira (A Coruña)
CNT, Do "Sindicato de la Industria Pesquera"
Morto o 05 de decembro de 1936

Xulgado por rebelión, suspéndense as actuacións ao producirse a súa morte por afogamento ao fuxir da Illa do Lazarteo, onde estaba confinado. O seu cadáver aparece o 17-12-1936 na praia de Cesantes-Redondela.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Muxía ()
Veciñanza: Muxía, Muxía

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 24 anos, Mariñeiro
Veciñanza: R/ Barceló nº 49
UGT, Engraxador do Mar Cantábrico
Morto o 08 de xullo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ao mencer, na "Punta do Martelo" do Arsenal.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)
Tripulación do vapor de carga "Itxas-Alde"

Xulgado por adhesión á rebelión co resultado de absolución

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido no Monte do Pindo durante 10 anos.

Home de 43 anos, Mariñeiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Miñortos, Porto do Son (A Coruña)
Contramaestre do "Udondo"
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Fisterra

Inculpado en causa militar en Ferrol por adhesión á rebelión sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Doniños, Ferrol (A Coruña)
Engraxador

Fixo a guerra na zona republicana.Preso en Granada, Logroño e Campo de concentración en San Pedro de Cardeñas e Batallón de traballadores 141 en Zaragaoza até 1939. Causa aberta en Ferrol por deserción.

Home de 44 anos, Mariñeiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)

Fuxido a Dijon-Franza. Detido no campo de concentración Miguel de Unamuno (Madrid), preséntase na Coruña. Xulgado por rebelión militar en Ferrol co resultado de sobresemento.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Foxe a Francia e logo exilio en Chile. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Indulto en abril do 1962

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Industria Pesquera "El Despertar Marítimo"

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Industria Pesquera "El Despertar Marítimo"

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia absolución

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/ Vera, 7-baixo, A Coruña (A Coruña)

Inculpado en causa militar na Coruña por rebelión.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Xulgado por rebelión militar (subtracción da motora "María del Carmen") co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 55 anos, Mariñeiro
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Murcia. De "El Despertar Marítimo" da Coruña

Fuxido. Dettención e ingreso no campo de concentración de Mallorca. Xulgado en Ferrol co resultado de absolución

Home, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Serres, Muros (A Coruña)
Cumprindo servizo militar na Mariña. Tripulante do "Miguel de Cervantes"

Combateu no exército republicano. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua (1940)

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sentenza a prisión 12 anos

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)
CNT, Afiliado ao Sindicato Xeral de Traballadores de Ribeira
Morto o 29 de xaneiro de 1937

Sacado da casa en procesión de escarnio, torturado no Cuartel da G.C. de Porto do Son. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentencia pena de morte. Executado en Compostela.

Home de 42 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída pola fuxida dos vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" ) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro (A Coruña)
CNT

Fuxido de Ribadeo. Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Avilés
Contramestre do "Nuevo Soledad"

Xulgado por adhesión á rebelión co resultado de sentenza prisión 10 anos.

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Prisioneiro de guerra e confinado nun campo de concentración 9 meses. Retómase a súa causa decretándose o sobresemento provisional

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Oleiros, Oleiros (A Coruña)

Fuxido á zona republicana. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron). Presentouse en agosto do 39 co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 02/41 por 6 anos e 1 día

Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Mosteirón-Sada, Sada (A Coruña)

Xulgado en San Sebastián por rebelión (causa instruída contra a tripulación do vapor "Fernando L. de Ybarra") co resultado de sentencia absolución e queda en liberdade vixiada

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas, Cangas (Pontevedra)
CNT e PCE, Directivo da "Alianza Marinera"
Morto o 24 de maio de 1937

Paseado na Regaduxa-Vilaboa. Previamente agochado, é delatado por unha falanxista.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fai a guerra no bando republicano, preso no campo de concentración de Rota, destinado ao batallón de traballadores 131 e sobresemento na causa aberta en Ferrol.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: R/Cervantes, Cangas (Pontevedra)
CNT, Afiliado á "Alianza Marinera"
Morto o 20 de outubro de 1936

Morte por disparos nas Illas Cíes, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna do torax e como lugar de aparción do cadáver na Illa Sur. Soterrado nas Cies.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
CNT

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. O seu irmán Manuel Soliño Soliño é paseado.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Darbo, Cangas (Pontevedra)

Xulgado en Salamanca por excitación á rebelión co reultado de sentenza a prisión 9 anos. Multa de 100 pesetas por responsabilidades políticas en 1941.

Home de 13 anos, Mariñeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: A Carreira, Miño (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol

Home de 47 anos, Mariñeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Tras ser declarado en rebeldía, é xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Escarabote, Boiro (A Coruña)
Morto o 08 de outubro de 1936

Morte rexistrada en Rianxo a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Taragoña.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Escarabote, Boiro (A Coruña)
Morto o 08 de outubro de 1936

Morte rexistrada en Rianxo a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Taragoña.

A Navalla Suíza