Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pombal-Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Capturado, campo de concentración de San Marcos de León e castigado no batallón de traballadores 21. Sobresemento na causa aberta en Ferrol
Home, Mariñeiro
Natural de Corcubión ()
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Fuxido durante dous anos. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 1 ano.
Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove, O Grove (Pontevedra)
Fuxido dende os primeiros días da sublevación. Tiña causas abertas en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Capturado e sentenciado a 5 anos de prisión menor.
Home de 45 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: R/ do Castro nº 3 baixo, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade
Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Sanxenxo (Pontevedra)
Veciñanza: Magaláns-Sanxenxo, Sanxenxo (Pontevedra)
Tripulante do "Poeta Arolas".Paleiro
Fixo a guerra no exército republicano. Tras a guerra preso e en campo de concentración, liberado sen cargos. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) na que estaba declarado fuxido e en rebeldía
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
Xulgado en Zaragoza por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua conmutada a 20 anos. Multa de 100 ptas. por responsabilidades políticas a pesar de considerarse probado que carece de bens e ten ao seu cargo á súa nai que debe vivir da caridade pública.
Home de 16 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Fuxido. Destinado a un batallón de traballadores ao rematar a guerra civil. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 6 anos de prisión.
Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Segunda Polar"
Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío" do porto de Malpica o 31/08/1938) declarado fuxido e en rebeldía
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Basoñas-Porto do Son, Porto do Son (A Coruña)
Contramestre do bou "EVA"
Causa instruída polo asalto ao "Bou Eva". Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento provisional. Será posto en liberdade
Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Segunda Polar"
Fuxiu na motora "Rocío" e combateu no exército republicano. Preso en agosto do 1939 nun campo e batallón de traballadores até 1941. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío") prisión 12 anos 1 día (1942), condicional no 43
Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Coopartícipe e tripulante da "Rocío"
Tras estar fuxido, traballar no porto de Barcelona e refuxiarse en Francia, é xulgado en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío") co resultado de sentenza a prisión 12 anos. (1943)
Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía.
Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Campos de concentración de Bizerta e Rota e batallón de traballadores 6 en Algeciras.Sobresemento na causa aberta en Ferrol
Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.
Home de 41 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Posmarcos, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
UGT, Tripulante do buque "Mar Cantábrico".
Ao ser apresado o Mar Cantábrico, fuxe lanzándose ao mar, sendo recollido por un buque francés. Acaba sendo xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua (1941)