Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Mañón (A Coruña)
Morto o 22 de setembro de 1936

Detido en Ferrol nos primeiros días despois do golpe de Estado, de onde é sacado para ser asasinado. Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Mañón (A Coruña)
Veciñanza: O Barqueiro, Mañón (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Tras a guerra, en campos de concentración e batallón de traballadores 135-Sagunto. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado en rebeldía

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Laxe (A Coruña)
Veciñanza: Laxe (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 18 anos, Xornaleiro/a
Natural de Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Sinde-Cabana de Bergantiños, Cabana de Bergantiños (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por inxurias ao Caudillo co resultado sentencia prisión 1 ano e 1 día

Home de 39 anos, Labrego
Veciñanza: Huejes-Parres
UGT
Morto o 02 de xullo de 1938

Xulgado no campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 29 anos
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Prado, Ponteareas (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de absolución e a disposición do delegado de Orde Pública.

Home

Ingresado no Batallón disciplinario de traballadores nº 121 en Reus.

Home de 60 anos, Labrego/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Seixalbo, Ourense (Ourense)
Morto o 13 de decembro de 1937

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home, Obreiro do Ferrocarril
Natural de Laza (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración de rebeldía.

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 31 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de fractura de cráneo por arma de fogo. Morre no Hospital Militar-Vigo

Home de 46 anos, Carteiro
Natural de As Neves (Pontevedra)
Veciñanza: As Neves (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 36 anos, Dependente
Natural de Barcelona
Morto o 31 de marzo de 1939

Morte no campo de concentración de Oia a causa de enterocolite aguda

Home de 22 anos, Xornaleiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Afiliado a "El Avance Marítimo"

O Instrutor cre que por boa conduta e ideas de dereitas debe ser sobreseído. Confirmado polo auditor

Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal

Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 53 anos, Reloxeiro/a
Veciñanza: O Couto, Taboada
Natural de Asturias.

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal

Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Silleda (Pontevedra)
Concelleiro de Silleda

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 25-02-1941.

Home de 56 anos, Zapateiro
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 41 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Ombre, Pontedeume (A Coruña)
Cabo de fogoneiros da Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol. Exculpado e posto en liberdade

Home de 33 anos, Canteiro/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Frións-Carreira, Ribeira

Inculpado en causa militar en Compostela sendo posto en liberdade sen cargos

Home de 43 anos, Camareiro marítimo
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída pola deserción de varios individuos de buques mercantes) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía

Home de 27 anos
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT e PCE, Sindicato da Construción
Morto o 09 de outubro de 1937

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 65 anos, Labrego/a
Veciñanza: Vilaboa

Xulgado en Pontevedra por tenencia ilícita de armas co resultado de sobresemento provisional.

Home de 26 anos
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Vilariño-San Xoán de Poio-Poio, Poio (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (contra os que non se presentaron a filas do reemprazo do 1930 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Callao nº 6 -2º, Ferrol (A Coruña)
Electricista. Cumprindo servizo no "Miguel de Cervantes".

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional e en liberdade provisional

Home, Peón
Natural de Arbo (Pontevedra)
Veciñanza: Arbo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 30 anos, Peón
Natural de A Baña (A Coruña)
Veciñanza: Vilachán, Negreira

Inculpado en causa militar en Compostela, sendo posto en liberdade

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)

Fuxiu á zona republicana. Estivo na prisión provincial de Tarragona até 02/40. Causa aberta en Ferrol por deserción co resutlado de sentenz a prisión 6 anos

Home de 27 anos
Natural de Paderne de Allariz (Ourense)
Morto o 05 de decembro de 1941

Preso nos campos de exterminio de Trier XII-D,Mauthausen e morte en Gusen .

Home de 26 anos, Serrador
Natural de Lousame (A Coruña)

Detención na Illa do Lazareto.

Home de 41 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sobresemento definitivo e indultado. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Semella que fuxiu a Cuba

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Miñarzo-Carnota, Carnota (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado sentencia 6 anos de prisión menor. Indulto en outubro do 1939

Home
Natural de Barbadás (Ourense)
Veciñanza: A Valenzá, Barbadás (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 39 anos, Empregado/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Cedeira
Empregado de Banca
Morto o 18 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.

Home

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sobresemento provisional en abril do 1937

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Agochado na súa casa nun túnel, despois foxe a Portugal e de alí a Brasil con documentación falsificada.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Agochado na súa casa nun túnel, despois foxe por Portugal até Brasil cunha documentación falsificada.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Detido no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 40 anos
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
FAI, Director de "Brazo y Cerebro". Fundador das Juventudes Libertarias na Coruña. Natural de Bos Aires-Arxentina
Morto o 10 de xullo de 1937

Morte ás 21, rexistrada na Coruña a causa de disparos de arma de fogo.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Castelo, Lugo (Lugo)
Soldado de remprazo no exército sublevado en Asturias

Detido e mobilizado polo exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 40 anos, Labrego/a
Natural de Lalín (Pontevedra)
Veciñanza: Donsión, Lalín (Pontevedra)
PSOE e UGT, Concelleiro. Directivo da sociedade obreira de Ponte-Nova e "La Fraternidad" de Donsión.
Morto o 08 de novembro de 1936

Morte por disparos nun traslado. Previamente fora extorsionado, debendo pagar 5.100 ptas para evitar ser detido. Semella que foi morto e soterrado en Tenorio-Cotobade.

Home de 22 anos, Estudante
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Hórreo nº 55 -1º, Santiago de Compostela (A Coruña)
Partido Federal
Morto o 03 de decembro de 1936

Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en compostela.

Muller de 49 anos, Traballo na casa
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgada na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa.

Home
Veciñanza: Quireza, Cerdedo (Pontevedra)
Directivo da Sociedade Agraria e Obreira "La Alianza". Ex-concelleiro

Fuxido, foi extorsionado por falanxistas.

Home de 31 anos, Labrego
Veciñanza: Filgueira-Serantes, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 27 anos
Natural de Arteixo (A Coruña)
Veciñanza: Arteixo (A Coruña)
CNT, Directivo do Sindicato de Agricultores e Oficios Varios de Monteagudo-Arteixo
Morto o 01 de outubro de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home, Funcionario/a
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Inspector de arbitrios

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 47 anos, Labrego/a
Natural de Cotobade (Pontevedra)
Veciñanza: San Xurxo de Sacos, Cotobade (Pontevedra)
Tesoureiro da Sociedade de Labregos e afiliado da Sociedade de OOVV.
Morto o 11 de agosto de 1936

Agochado uns días no Seixo-Marín. Detido en San Xurxo de Sacos-Cotobade e paseado na Ponte da Rocha-Tenorio-Cotobade.

A Navalla Suíza