Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home, Labrego/a
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Almeiras, Culleredo (A Coruña)
CNT, Sindicato Campesiño de Almeiras

Semella que foi paseado

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Escarabote, Boiro (A Coruña)
CNT, Presidente do Sindicato único de traballadores de mar e terra de Escarabote

Xulgado en tres causas militares co resultado de declaración en rebeldía

Home de 39 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Do "Sindicato de Industrias Pesqueras" de Carril

Declarado en rebeldía en varias causas ao ter fuxido nun barco a Francia. Volta a barcelona. Loita no exército republicano. Detido en Alicante e retomado o seu procesamento en Galicia. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.

Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Lubre, Bergondo (A Coruña)
CNT, Tripulación do vapor de carga "Itxas-Alde". Labrego de profesión

Xulgado en San Sebastián por adhesión á rebelión co resultado de absolución

Home de 23 anos, Albanel
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)
CNT, Dirixente do Sindicato de oficios varios de Sada
Morto o 01 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Morto nunha cuneta en Crendes (Abegondo) segundo a testemuña da familia e dun veciño nunha causa militar aberta contra el

Home
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Almeiras-Culleredo, Culleredo (A Coruña)
CNT, Presidente do Ateneo Libertario "Campo Libre" de Almeiras

Causa aberta na Coruña por auxililo á rebelión co resultado de sentenza a prisión.

Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
CNT

Prisioneiro de guerra no campo de concentración de Teruel. Logo enviado á Compañía de Revisión a Lugo. Concedida a liberdade condicional.

Home de 42 anos, Fogoneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
CNT, Directivo da Sociedade de Maquinistas e Fogoneiros "La Naval"
Morto o 30 de marzo de 1938

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
CNT, Tesoureiro do Sindicato de industrias pesqueiras

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Escondeuse na casa duns familiares en Fisterra Descuberto, internado e maltratado en Corcubión; trasladado a Compostela, paseado no camiño a Vigo.

Home de 23 anos, Carpinteiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
CNT, Secretario da CNT e redactor de "Mundo Obrero"
Morto o 22 de setembro de 1936

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela, ás 6, nas inmediacións do cemiterio de Boisaca.

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)
CNT, Afiliado ao Sindicato Xeral de Traballadores de Ribeira
Morto o 29 de xaneiro de 1937

Sacado da casa en procesión de escarnio, torturado no Cuartel da G.C. de Porto do Son. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentencia pena de morte. Executado en Compostela.

Home de 29 anos, Albanel
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Ousoño, Noia (A Coruña)
CNT

Inculpado en causa militar en Santiago de Compostela co resultado de sobresemento.

Home de 39 anos, Canteiro/a
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Escarabote, Boiro (A Coruña)
CNT

Xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 22 anos
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 11 de xullo de 1937

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 5, na Coruña.

Muller de 40 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT

Xulgada en A Coruña por rebelión. Non coñecemos a sentencia

Muller de 26 anos, Labrego/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Trabanca Badiña-Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Morto o 19 de marzo de 1937

Torturada e fusilada en marzo do 1937 por agochar na súa casa a Urbano Tarrío. Rexistrada como executada por estar incursa nos bandos de guerra

Home de 31 anos, Labrego/a
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: Cervantes (Lugo)
CNT

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Acabará morrendo loitando no exército republicano.

Home de 31 anos, Obreiro/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
CNT

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 27 anos
Natural de Arteixo (A Coruña)
Veciñanza: Arteixo (A Coruña)
CNT, Directivo do Sindicato de Agricultores e Oficios Varios de Monteagudo-Arteixo
Morto o 01 de outubro de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 40 anos, Albanel
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
CNT, Do Sindicato único do ramo da edificación
Morto o 16 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 26 anos, Albanel
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Elviña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Dirixente de "La Aurora Social". Do Sindicato de albaneis e axudantes
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Barranqueiras-Pastoriza-Arteixo.

Home de 31 anos, Panadeiro/a
Natural de Arteixo (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT

Agóchase en Arteixo e dende A Coruña fuxe nun barco e ábreselle proceso, sendo declarado en rebeldía. Tras pasar anos en Francia volve en 1945. Detido e xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Tras pasar uns anos na cadea é indultado, pero é constantemente detido sen encausamento, especialmente cando visita a cidade algunha autoridade relevante do Réxime.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Meloxo, O Grove (Pontevedra)
CNT, Sociedad de Mariñeiros "La Fraternidad" de O Grove
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Pontevedra por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua. Morto na fuga de San Cristóbal.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Industria Pesquera "El Despertar Marítimo"

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación

Home de 35 anos, Albanel
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vista Alegre, Santiago de Compostela (A Coruña)
CNT, Do Sindicato de albaneis

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento

Home de 19 anos, Obreiro/a
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita
CNT, Natural de Cádiz. Obreiro do ferrocarril
Morto o 08 de marzo de 1937

Fuxido. Morte rexistrada na Mezquita, na estrada nacional, en aplicación da Lei de Fugas

Home de 29 anos, Albanel
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
CNT

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte en accións da guerrilla antifranquista

Home, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña (Ourense)
CNT, Directivo do sindicato único de traballadores da Gudiña
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense co reusltado de declaración en rebeldía. Morte ao ser queimado xunto a 3 persoas máis en Pentes-A Gudiña.

Home de 25 anos, Limpabotas
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Atocha Baixa, A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada no Penal de San Cristóbal ao participar na fuga.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Fene, Fene
CNT
Morto o 24 de xullo de 1936

Detido e inculpado en Ferrol por traizón co resultado de sobresemento.

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
CNT, Afiliado ao Sindicato de Transportes Marítimos
Morto o 09 de decembro de 1937

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 25 anos, Panadeiro/a
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)
CNT

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutada por cadea perpetua.

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de Carral (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
CNT
Morto o 29 de xullo de 1938

No exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte

Home de 28 anos, Mineiro
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
CNT, Do Sindicato mineiro de Silvarosa. No servizo militar
Morto o 21 de novembro de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: A Cabreira-Mera-Serantes-Oleiros, Oleiros (A Coruña)
CNT, Do Sindicato de mariñeiros de Mera

Fuxido a Francia nun vapor de pesca e declarado en rebeldía. Participa no exército republicano Detención na Coruña en 1939. Retómase o seu procesamento militar, sendo xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 29 anos, Limpabotas
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Atocha Alta, A Coruña (A Coruña)
CNT

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 12-7-1940.

Home de 44 anos, Serrador
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Pontecesures
CNT, Presidente da CNT local

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos e liquidación da pena en novembro de 1940.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Sismundi, Cariño (A Coruña)
CNT, Vocal na Sociedade de traballadores do mar

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento e posto a disposición do Delegado Militar de Orde Pública

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Avilés
CNT

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 43 anos, Barbeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Delegado da "Confederación Regional Galaica" e da "Federación Local Obrera". Sindicato de barbeiros
Morto o 11 de maio de 1938

Tras loitar na fronte de Asturias é detido e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 5:30, na Coruña.

Home de 38 anos, Estibador/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Estibadores de Carril
Morto o 22 de agosto de 1936

Estivo agochado, preséntase e é asasinado. Morte rexistrada na Capela de San Antoniño-Cea-Vilagarcía de Arousa a causa de disparo de arma de fogo.

Home de 27 anos, Albanel
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
CNT, Directivo do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos
Morto o 26 de xullo de 1936

Pasado polas armas no cemiterio de Canido-Ferrol.

Home de 31 anos
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Portugal. Colaborador de "Solidaridad Obrera"
Morto o 10 de xullo de 1937

Morte rexistrada na Coruña a causa de disparos de arma de fogo.

Home de 26 anos, Panadeiro/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Do Sindicato de oficios varios de Betanzos.
Morto o 15 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Veira-Carral.

Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/ Corralón de Pedreira, 5, A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morto na fuga de San Cristóbal

Home de 36 anos
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Industrias Pesqueras de Bouzas-Vigo
Morto o 20 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia internal por proxectil de fusil. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home de 22 anos, Curtidor/a
Natural de Lousame (A Coruña)
Veciñanza: Cruído, Lousame (A Coruña)
CNT

Inculpado en causa militar por tenencia e roubo de armas co resultado de sobresemento

Home de 46 anos, Funcionario/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Cruceiro do Galo 5, Santiago de Compostela (A Coruña)
CNT, Empregado de Arbitrios.

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 32 anos, Obreiro/a
Veciñanza: Rúa da Cañería, s/n, Lugo (Lugo)
CNT, Natural de Burgos. Secretario e Vogal do Sindicato xeral de traballadores

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de absolución.

Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)
CNT

Loitou no exército repulicano. Ao remate da guerra volta a Cerdedo, onde é perseguido e torturado.

A Navalla Suíza