Home de 27 anos, Xornaleiro
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
CNT, Sindicato de Pescadores de Cariño.
Declarado en rebeldía en varias causas abertas en Galicia. Fuxido e intégrase no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte
Home de 37 anos, Fogoneiro
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño, Cariño (A Coruña)
CNT, Sindicato de Pescadores de Cariño
Foxe no vapor Arkale. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 18 anos de prisión. Morte rexistrada na Prisión da Escolleira do Arsenal de Ferrol por tuberculose en marzo do 1942
Home, Obreiro naval
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Dirixente sindical na Constructora Naval
Infórmase nunha causa militar de que está fuxido e en paradoiro descoñecido
Home de 29 anos
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Preso en Salzburgo (Wehrkreis). Deportado a Mauthausen en setembro do 1941. Liberado en maio do 1945. Sobrevivinte
Home de 36 anos
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Preso en Neubranderburg. Deportado a Mauthausen en maio do 1941. Liberado en maio do 1945. Sobrevivinte
Home de 59 anos
Natural de Paderne de Allariz (Ourense)
Preso en Compiègne en xuño do 1944. Deportado a Dachau. Liberado. Sobrevivinte
Home de 29 anos
Preso en Fallingbostel. Deportado a Mauthausen en maio do 1941 e trasladado a Gusen en outubro. A Mauthausen en marzo do 1942 e inmediatamente a Stalag XVII-B Krems e logo de novo a Gusen
Home de 26 anos
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Preso en Estrasburgo. Deportado a Mauthausen en decembro do 1940. Liberado. Sobrevivinte
Home de 27 anos
Natural de Mesía (A Coruña)
Veciñanza: Xanceda, Mesía (A Coruña)
CNT e PCE, Do Sindicato labrego e de oficios varios de Xanceda e simpatizante do Radio comunista de Curtis.
Xulgado na coruña por rebelión en duas causas militares co resultado de declaración en rebeldía. Incorpórase á guerrilla. Será executado na Coruña en 1952
Detención e a disposición do Xulgado Militar de Instrucción de Pontevedra
Home de 19 anos, Militar
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Lugo, Lugo (Lugo)
Mariño de reemprazo. Zapateiro de profesión
Fugouse do hospital da base de Ferrol e foi detido. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisional. Queda a disposición do consello de disciplina pola falta que cometeu.
Home de 22 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: San Martiño de Porto-Cabanas, Cabanas
Mariño de reemprazo do Acoirazado España. Albanel de profesión
Xulgado en Ferrol por facer maniestacións contra da disciplina (acusado de dicir que prefería que se afundise o barco antes de loitar contra os seus irmáns). Resultado: sobresemento provisorio
Home de 21 anos, Dependente
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Oficialmente veciño de Madrid.
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 22 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do reemprazo no Cervera. Panadeiro de profesión
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa seguida polos sucesos ocorridos nas brigadas e escolas de mariñeiría da armada) co resultado de sentencia cadea perpetua. A partir de 1940 sucesivas conmutacións (preso en Cádiz)
Home de 37 anos, Cobrador/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes
diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.
José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.
Home, Camareiro/a
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de camareiros terrestres e SRI
Semella que foi paseado
Home de 21 anos, Serrador
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa San Luis, letra E- baixo, A Coruña (A Coruña)
JJ.LL., Sindicato de Caixonistas e Serradores da Coruña (CNT). Secretario do Ateneo Libertario "Nueva Era", centro social das JJ.LL.
Inculpado en causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e a disposición do delegado de Orde Pública. Morto.