Home de 32 anos, Camareiro marítimo
Veciñanza: Sevilla
UGT, Tripulante do Mar Cantábrico
Morto o 08 de xullo de 1937
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado ao mencer, na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol
Home de 67 anos, Muiñeiro/a
Natural de Málaga.
Morto o 08 de xuño de 1941
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.
Home de 20 anos, Mineiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Roxos-Villestro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 29 de xullo de 1936
Fuxido nos primeiros días do Golpe e morte rexistrada no Hospital de Compostela a causa de peritonite por perforación provocada por ferida de arma de fogo.ábrese causa militar para esclarecer o ocurrido, sen resultado
Home, Funcionario/a
Veciñanza: Lugo
PSOE, Oficial Primeiro de estatística e directivo do PSOE
Expedientado e sancionado por responsabilidades sociais e políticas.
Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Merille, Ourol
Xulgado por rebelión militar co resultado de absolución.
Home de 21 anos, Empregado/a
Natural de Castrelo de Miño (Ourense)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Tras estar fuxido, alistouse no exército golpista onde chega ao cargo de sarxento e, como tal, é Xulgado en Pontevedra en esclarecemento dos seus antecedentes político-sociais co resultado de sobresemento provisional.
Home de 56 anos, Mestre/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Mestre do Plano Profesional da Escola Graduada. Obreiro do ferrocarril
Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Previamente xulgado por auxilio á rebelión co resultado de absolución. Sancionado coa suspensión de emprego e soldo o 1-9-1936.
Home de 35 anos, Comerciante
Natural de Castrelo de Miño (Ourense)
Veciñanza: Barral, Castrelo de Miño (Ourense)
Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 12 anos e 1 día de prisión. Causa militar de 1939.
Home de 48 anos, Carabineiro
Veciñanza: Tui
Natural de Málaga.
Morto o 16 de setembro de 1936
Xulgado por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Morte rexistrada en Tui a causa de execución de sentenza.
Home de 38 anos, Garda xurado
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
Axente de Vixianza
Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 12 anos e 1 día de prisión.
Home de 24 anos
Veciñanza: Gueñes
Morto o 02 de xullo de 1938
Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda.
Home de 29 anos, Panadeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santa Susana, Santiago de Compostela (A Coruña)
Do Sindicato de panadeiros
Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento, pasando a disposición gobernativa
Home de 33 anos, Industrial
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Perillo-Oleiros, Oleiros
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento
Home de 24 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: A Seca-Mourente, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Tras serlle conmutada a pena e sair de prisión, acaba integrándose na guerrilla antifranquista. Desaparición no Valle de Arán ao resultar posiblemente morto nunha emboscada.
Detención e a disposición do Xulgado Militar de Instrucción de Pontevedra
Home de 39 anos, Panadeiro/a
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Tarela-Nigrán, Nigrán (Pontevedra)
Morto o 06 de abril de 1937
Morte rexistrada en Vilasobroso-Mondariz a causa de feridas producidas por arma de fogo. Fora detido o 14-8-1936.
Home de 25 anos, Estudante
Natural de A Fonsagrada (Lugo)
Veciñanza: A Fonsagrada (Lugo)
Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home
Veciñanza: San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín
Morto o 12 de febreiro de 1938
Xulgado en Oviedo co resultado de sentenza a pena de morte.
Muller de 29 anos, Mestre/a
Natural de Castroverde (Lugo)
Veciñanza: Madrid
Durante a Guerra Civil dirixe varios centros hospitalarios e culturais en Madrid. Ao remate desta é confinada na cadea madrileña de Ventas. Fuxida e declarada en rebeldía. Chega a Lugo e logo a Becerrea onde inicia unha etapa de sete anos na guerrilla. en 1946, é detida, xulgada no "Tribunal de la VIII Región militar" e condeada a pena de morte, conmutada a 30 anos.
Home de 46 anos, Comerciante
Natural de Muras (Lugo)
Veciñanza: A Maciñeira Pequena-O Burgo, Vilalba
IR, Directivo de IR
Detención sen procesamento xudicial. Viviu a maior parte da súa vida en Vilalba, pero naceu en Maciñeira Pequena, O Burgo (Muras, Lugo) o 9/02/1890. Ademáis de comerciante, foi xornalista ( El Diario Español, La Antorcha Gallega, Galicia Sueva, La Alborada, Vivero en Cuba, Pro Galicia, Faro Villalbés. Corresponsal de El Heraldo de Vivero, El Eco Murense e El Progreso Murés). Tamén se adicou a escribir poesía e publicacións histórico-culturais da rexión. Foi Secretario da Unión Comercial Villalbesa. Formou parte da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en 1930 ao consitutirse. Militou no partido Republicano Galego. En 1934 foi elixido secretario do comité local de Esquerda Republicana de Vilalba. Foi detido o 3 de agosto de 1936, e posto en liberdade o 8 de decembro.. Durante o franquismo, foi corresponsal en La Voz de Galicia en Vilalba. Finou o 4/12/1972
Home, Canteiro/a
Veciñanza: A Estrada, A Estrada
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 09-08-1939.
Home de 31 anos, Ferroviario
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 24 de decembro de 1936
Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral. Lugar de aparición do cadáver: Praia de Canido
Home de 31 anos, Zoqueiro/a
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Becerreá (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado de Orde Pública.
Home de 48 anos, Profesor universitario
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Madrid
PSOE, Estudou en Compostela. Catedrático de Obstetricia e Xinecoloxía na Universidade de Granada. Reitor nesa Universidade. Deputado por Pontevedra e subsecretario de defensa durante a Guerra Civil.
Tras a Guerra marcha de España. Separación definitiva do servizo e exilio en México.
Home
Natural de O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Veciñanza: A Lamela-Cachamuíña, O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Xulgado en Ourense por xuntanza clandestina e berros co resultado de declaración en rebeldía.
Home de 37 anos, Carniceiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: O Grove, O Grove (Pontevedra)
Morto o 16 de setembro de 1936
Morte rexistrada na rúa Concepción Arenal do Grove a causa de feridas causadas por disparos de arma de fogo.